jueves, 4 de noviembre de 2010

LIDER DE EQUIPO DE ELECTROLISIS

Hoxe pola mañá tivo lugar unha reunión na que se tratou a implantación do Lider de Equipo en Electrólises. Esta é a segunda reunión que se leva feito para tratar este asunto, a primeira foi o 5 de Maio de este ano.

Ata agora non se concretou nada, falta por definir si vai haber só un Lider por Serie, ou máis de un. Non están definidas as tarefas que terá que realizar, nin tampouco o grao de responsabilidade que terá a súa función, vamos que aínda non se sabe cal será o seu cometido dentro do Departamento de Electrólises.

Con todo isto o Departamento leva aproveitando esta indefinición dende de Xaneiro, mangoneando a uns cuantos traballadores encomendándolle tarefas de maior responsabilidade e nivel, sen percibir os mesmos ningunha remuneración por elo.
Na reunión de hoxe aseguróuselle ós representantes da Empresa que xa non íamos a consentir máis esta situación, e tiñan que pagar con retroactividade o plus de Lidere ós traballadores que o estiveran facendo, si querían seguir avanzando en busca dun acordo para a súa implantación. Aseguráronnos que regularizarían a situación este mes, e que cobrarían con carácter retroactivo tódolos que estiveran de Lideres ata agora.

Finalmente quedouse en facer unha nova reunión en breve para concretar o número de Lideres por Serie, responsabilidade, rotación, e concretar as súas funcións.

Seguiremos informando.