jueves, 31 de enero de 2013

REDUCIÓN DE CUSTOS PLAN 2013


Despois de chegar a un acordo o pasado 18 de xaneiro para a retirada por parte da empresa do proceso de descolgue de Convenio, a día de hoxe lévanse realizadas 5 reunións deste novo proceso de negociacións que rematará o 15 de Febreiro, con ou sen acordo. Nestas reunións perdeuse moito tempo debido a que a Dirección non quere entregar documentación de todo o que afecta á masa salarial do colectivo non acollido ao Convenio Colectivo. Isto fai que a parte social vexase incapaz de facer propostas conxuntas para os dous colectivos de traballadores de Fábrica. Aínda así, a Representación dos Traballadores (RT) realizou varias propostas. Unha delas argumentando esta falta de transparencia, baséase en que o colectivo PIC se fai cargo do 50% do aforro previsto pola empresa. De de entregar a Dirección a información solicitada, a RT comprometese axustar máis a porcentaxe da proposta.

A RT mesmo contraofertou algunha proposta da empresa, pero cando se trata de fixar algún prazo de retorno de cantidades, a empresa rexéitaas. Isto vén a ser un exemplo máis da pouca seriedade e nivel de incumprimento desta Dirección. O pasado 18 de xaneiro asinou un acordo comprometéndose en este proceso a tratar o retorno de cantidades e agora remítense ao acordo que asinou
Avilés un día despois. No cal non se garante o retorno de ningunha cantidade, estando dispostos ,ao igual que eles, a devolver a prima de resultados dependendo dos beneficios.
A RT defende que o máis equitativo é que o aforro se realice tendo en conta a todos os traballadores (PIC e PFD), ven traballen na planta ou nas dependencias de Madrid, ou teñan só una porcentaxe de salario con cargo a nosa Fábrica. E as cantidades a ter en conta que sexan as que se perciben da empresa e están suxeitas a retención do IRPF. Para CCOO calquera redución de salario para buscar este aforro, tería que ser proporcional ao mesmo impacto que ten o salario de cada traballador na masa salarial total da Fábrica. Por exemplo; se o salario dun só traballador é o 50% do custo total da masa salarial, se houbese que facer un axuste de 100 € a ese traballador corresponderíalle recortar o seu salario en 50 €, e si outro traballador ten un salario con un custe do 10% tería que aportar 5€. Non pode haber ningún tipo de privilexio para ninguén, tal e como pasou co ERTE en vigor, que a empresa escusándose que era motivado por un problema de produción aplicouse desigualmente saíndo claramente prexudicado máis un colectivo co outro.

Outro
debate aberto nas negociacións, é a cantidade de aforro de custes que se lle imputa á Fábrica da Coruña (superior á de Avilés). A empresa argumenta que o custo da masa salarial da Coruña é superior ao ter máis plantilla e salario máis alto. A RT defende que ten que ser menor ou como moito igual, xa que realmente en Avilés existe unha parte de plantilla encuberta de empresas externas, da cal Alcoa non se pode desprender e tena que manter contratada según os pactos de Oviedo, computando o seu custe nun apartado distinto do da masa salarial. Por iso se reflexa que teñen menos custes  de plantilla, cando realmente non é así.

Na reunión de onte a RT realizou novas propostas e detallou a proposta do 50% nos conceptos a ter en conta de cara a buscar ese aforro. O próximo mércores retómanse as negociacións e espérase que contesten a estas novas propostas e á entrega da documentación solicitada.
   
Seguiremos informando...

viernes, 18 de enero de 2013

REUNIÓN DESCOLGUE DE CONVENIO


Antes de empezar con ningún comentario sobre a reunión de hoxe dende esta Sección Sindical queremos pedir desculpas, pola parte que nos toca, pola suspensión da Asemblea que estaba prevista para hoxe, pero polo transcendental do que se estaba a negociar nese momento e ante a posibilidade de poder non levalo a bo porto o Comité de Empresa decidiu por unanimidade suspendela.

A reunión comezou ás 10 da mañá e mantívose sen parar para comer ata as 17:30 horas. Despois de varias discrepancias e varios recesos pedidos polas dúas partes para facer consultas, se chego ao seguinte acordo ratificado por todo o Comité de Empresa:
Desconvócase a folga dos días 24 e 25 de xaneiro e acórdase retirar o proceso de inaplicación de Convenio e a modificación substancial presentado pola empresa, constituíndo no seu lugar unha mesa de negociación reducida ante a proposta da empresa:



- A mesa de negociación estará constituída por un máximo de sete membros coa posibilidade de que asista un asesor por Sección Sindical.


- A mesa de
negociación estará aberta ata o 15 de febreiro de 2013.

- Mantéñense o plan de competitividade e o plan estratéxico asinados, entendendo que o seu cumprimento é fundamental e de urxente aplicación.

- É intención da empresa que non se leve a cabo un novo ERTE durante o ano 2013. En caso de que fose necesario aplicar un novo ERTE en 2013 garantiranse as condicións contidas no ERTE en vigor e as persoas que puideran verse afectadas polo novo ERTE non poderán verse afectadas por ningunha medida de aforro que se puidese acordar na mesa de negociación para o 2013, realizándose o retorno que proceda acordándose na mesa de negociación o xeito de realizalo.

- Presentarase na Comisión todo o Plan de aforro da planta para o ano 2013.


- A empresa está aberta a tratar na mesa de negociación a recuperación de calquera cantidade que puidese verse afectada polo acordo que puidese adoptarse na mesa de negociación para o 2013.


- Na mesa de negociación poderanse tratar todas as partidas que afecten á consecución do obxectivo da empresa relacionado co aforro de custos.


- Na mesa de negociación entregarase a documentación que sexa necesaria.


A parte social valora moi positivamente este acordo, xa que de entrada a empresa retira o procedemento legal de descolgue de Convenio e a modificación substancial das condicións de traballo amparándose na última reforma laboral. Agora ábrese un novo período de negociacións, pero sen ningunha imposición por parte da empresa e coas garantías dos puntos anteriores.


Este novo proceso iníciase o martes 22 ás 10:00 da mañá.

sábado, 12 de enero de 2013

DESCOLGUE DE CONVENIO

A Empresa presentou formalmente honte o documento de solicitude de descolgue do Convenio Colectivo en vigor e a modificación substancial das condicións de traballo sobre a base do art 82.3 do Estatuto dos Traballadores:
 
·        Conxelación salarial do IPC previsto para o ano 2013.
·        Non incremento do plus de turnicidade nin o de xornada fraccionada no ano 2013.
·        Non incremento da prima fixa no ano 2013.
·        Non incremento da prima de vacacións no ano 2013.
·        Suspensión do compromiso recollido no art.º 34 Convenio Colectivo sobre aboamento da prima de resultados do ano 2013.
·        Suspensión durante o 2013 das achegas ao plan de pensións.
·        As pagas extra de xullo e decembro ao 50% no ano 2013.
 
O Comité de empresa quedou citado para o próximo mércores día 16 ás 11:30h. Para ese mesmo día e hora, mentres o Comité e a Empresa están reunidos convocouse a todos os traballadores que non teñan que traballar (quenda de tarde ou noite, vacacións, descanso ou ERTE) a unha CONCENTRACIÓN na porta da Fábrica para facerlle entender á Empresa que non imos consentir que se nos ataque deste xeito.

O proceso de negociación acaba de empezar, agora temos quince días para avanzar no proceso e manter as nosas posturas fronte á Empresa. O documento de descolgue que presentou a Empresa inclúe medidas moi superiores ás que, ata agora, nos viñan dicindo
(1,5 Mill/€). Co formulado no documento, o recorte salarial sería moi superior o 7% que formularon nun principio e seguen sen ofrecer ningunha garantía de viabilidade da  Fábrica nin de retornar o deixado de pagar si a empresa mellora as súas previsións. Así "agradece" a Empresa os esforzos dos traballadores para conseguir unha tarifa eléctrica que é moito máis beneficiosa que a que tiñan ata agora.

Este é un proceso difícil, pero dende logo non imos deixar que a empresa se leve por diante todos os nosos dereitos dun plumazo, por moito que a lexislación os ampare. Xa está ben de que teñamos que ser sempre os traballadores os que paguemos a inoperancia de quen nos dirixe. Ante isto, temos que empezar a tomar medidas serias e contundentes, empezando pola non colaboración máis alá das nosas obrigas. Realizando as nosas tarefas cumprindo escrupulosamente as normas de seguridade, revisión de maquinas, etc. e informando os Delegados do Comité de Empresa de todas as anomalías que encontremos neste sentido para que as poñan en coñecemento das autoridades laborais si é preciso.
 
O próximo venres 18 de Xaneiro convocouse unha Asemblea Xeral de traballadores no Comedor Social as 15:00 horas na que se informará de doto o aquí falado e o avanzado nas próximas reunións previstas para os días 16, 17 e 18 da semana próxima.

martes, 8 de enero de 2013

REUNIÓN PLAN 2013

COMUNICADO DO COMITÉ DE EMPRESA
 
Na reunión de hoxe a Dirección mostrou unha actitude prepotente e pouco disposta a entrar en ningún tipo de negociación. Manteñen a idea de solicitar o descolgue do Convenio Colectivo se non se acepta a conxelación de Táboas Salariais e deixar de pagar a Prima de Resultados no 2013.


         A RT dixo que o Mix de produción para o ano 2013 deixaba á planta mal parada xa que case toda a produción ía destinada a Placa e só ese feito facía que a Fábrica tivese resultados negativos xa que a Placa ten peor premio que o Tocho e incrementaríanse os custos por transporte. A Dirección manifestou que ese dato era erróneo a pesar de que se dese nas últimas reunións e que a produción do 2013 sería de 58.000 Tm de Tocho e 11.000 Tm de Placa.


         A Representación dos Traballadores (RT) esixiu garantías de viabilidade de futuro da Fábrica e garantías de reintegro do deixado por pagar pola empresa durante o ano 2013 para empezar algún tipo de negociación. A RT recriminou á Dirección que cuns beneficios de escándalo no exercicio 2011 pretendan baixarnos o salario.

         A Dirección dixo que a RT non quería negociar e que polo tanto non se realizarían máis reunións. A RT contestou que os que non tiñan vontade ningunha de negociar era a Dirección xa que non deixaba entrar a negociar nada e que era todo unha imposición. O Comité de Empresa queda a espera de noticias da Dirección.