lunes, 24 de noviembre de 2014

POXA DA INTERRUMPIBILIDADE

Do 17 ao 19 de Novembro Rede Eléctrica Española (REE) levou a cabo a primeira poxa do servizo de interrumpibilidade en Ifema (Madrid). A poxa fíxose por un sistema descendente dos prezos e poxábanse 238 bloques de 5MW e 9 bloques de 90MW de potencia.

Á falta da confirmación oficial dos resultados da poxa por parte REE, os cales non se farán públicos mentres a Comisión Nacional de Mercados e a Competencia (CNMC) non realice o seu ditame, diversos medios difundiron que á poxa presentáronse unhas 100 empresas (máis de 150 centros de traballo), delas só seis puxaban para os bloques de 90MW o resto facíano para os de 5MW. As seis empresas grandes consumidoras demandaban 12 bloques de 90MW (6 Alcoa, 2 Asturiana do Zinc e 1 Ferroatlántica, ArcelorMittal, Celsa, Solvay).

Algúns medios de comunicación como “Cincodías” difundiron que a poxa fora un desastre e déronse varias situacións: acudiron empresas que non teñen un consumo de enerxía plano e o custo de enerxía non é vital para no seu proceso ou que ata agora non eran susceptibles de interrumpibilidade; Empresas con bloques de 90MW que os converteron en bloques de 5MW e que puxaron á baixa para rebentar a poxa xa que a elas habíalles ido mal; novos entrantes que afundiron o prezo; quen poxaron os seus bloques en busca de liquidez, e aqueles para os que os custos de enerxía non son relevantes e aceptaron calquera prezo.

Segundo datos extraoficiais quedaron sen adxudicar uns 600MW debido aos baixos prezos. Dos 550 millóns de euros dispoñibles para a interrumpibilidade queda un remanente de 200 millóns. Polo tanto aínda queda unha bolsa de enerxía de interrumpibilidade para unha segunda poxa. A asociación de grandes consumidores de enerxía AEGE e a do sector da siderurxia UNESID non fixeron ningunha declaración respecto diso e esperan que REE oficialice os datos para dar unha resposta.

A Dirección de Alcoa de Coruña a falta dunha comunicación oficial por parte de REE comunico hoxe aos sindicatos de fábrica que tanto a planta de Avilés como a de Coruña puxaran por un bloque de 90MW cada unha e non conseguiran ningún e que a planta de San Ciprián só conseguiu 3 dos 4 bloques que necesitaba para manter a súa produción de cara ao 2015. Din que teñen que esperar que REE faga oficial os datos e esperar unha segunda poxa.


Axiña que teñamos noticias sobre todo isto informarémosvos.