martes, 29 de mayo de 2012

COMISIÓN DE SEGUEMENTO DO E.R.T.E

Da reunión de hoxe pouco hai que dicir aínda que os temas tratados son de gran calado. Hoxe fíxose un repaso do Plan Estratéxico para a Fábrica unha vez se alcance un acordo en materia de enerxía. Neste Plan Estratéxico recóllense iniciativas, estudos e necesidades de investimento e mellora que a Dirección considera oportunos para facer a Fábrica máis competitiva no futuro.

Este Plan Estratéxico estará complementado, tal e como se acordou na firma do E.R.T.E, cos investimentos recollidos no plan de competitividade do ano pasado (conversión a Gas, ampliación de Hornos 5, etc.) e o mesmo o avalará o Presidente de Alcoa en España coa súa firma. Hoxe solicítoselle á Dirección que incluíra no Plan a renovación dos Transformadores da Serie 2.

O outro asunto que se trato foron os calendarios teóricos do resto da plantilla co E.R.T.E. Estes foron entregados á parte social por correo electrónico unha vez rematada a reunión para que fosen revisados antes de trasladalos a plantilla. O martes que vén está fixada unha nova reunión na que se resolverán as discrepancias sobre os mesmos.

Seguiremos Informando.

lunes, 21 de mayo de 2012

GRACIAS !!!!

A SECCIÓN SINDICAL DE CC.OO QUERE DARLLE AS GRACIAS POLO SEU APOIO A TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS QUE PARTICIPARON HOXE NA CONCENTRACIÓN DIANTE DE RED ELÉCTRICA ESPAÑOLA.






          GRACIAS !!!!






CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS DE ESTA SEMANA    

POLA REFORMA LABORAL E OS RECORTES SOCIAIS DO GOBERNO DO PP.


viernes, 18 de mayo de 2012

MOBILIZACIÓN !!!!


Compañeiros e Compañeiras dende a Sección Sindical de CCOO pedímoste que participes nesta nova mobilización en RED ELÉCTRICA ESPAÑOLA. Temos que participar todos os que non teñamos que traballar a esa hora, estámonos a xogar o futuro. Temos que seguir loitando para que se regule unha tarifa eléctrica competitiva para a industria e en particular para o sector do Aluminio. A industria ten que ser a palanca que mova o desenvolvemento do país e a enerxía a forza que se imprime a esa palanca.



NON PODES FALTAR !!!!          O FUTURO DEPENDE DE TI !!!!

ENERXÍA COMPETITIVA XA !!!!

miércoles, 16 de mayo de 2012

SEGUIMENTO DO E.R.T.E

Da reunión de hoxe pouco se pode dicir xa que a Dirección non tiña listos os calendarios do E.R.TE para toda a plantilla. A Representación da Dirección (RD) intentou xustificar este retraso dicindo que estaban a ter máis problemas dos esperados para confeccionalos e que os tería listos nos próximos días. A Representación dos Traballadores (RT) foi moi crítica con esta situación e reclamo máis celeridade no asunto.

A RD entregou de novo o listado do 2º Grupo do E.R.T.E, coas correccións realizadas nos últimos días por varios motivos (traslados, IT, etc). A RT, recriminou á RD, o moito que axustaran a plantilla en activo durante o E.R.T.E e isto estaba a ocasionar cambios nos listados a curto prazo. Ademais, esta falta de previsión chegara ao extremo de que a algún traballador lle solicitaron interromper as súas vacacións e a outros que realizasen actividades distintas ás do seu posto de traballo e que de seguir así tomarían medidas.

A RD tomou nota e dixo que trataría de corrixir o exposto pola RT no futuro, pero que este era un ano especial e os listados e calendarios que entregaban non se podían dar por definitivos ata a súa aplicación, xa que estaban supeditados ás necesidades da Fábrica, pero tamén entendían que as vacacións non deberían de interromperse mentres houbese persoal en E.R.T.E. Outra das cuestións tratadas durante a reunión de hoxe foi a do rumor que hai na Fábrica sobre que algún colectivo non iría ao E.R.T.E. A Comisión quere aclarar que o E.R.T.E aplicarase a toda a plantilla en maior o menor medida. Iso foi o firmado no acordo e iso será o que se faga.

A Comisión está citada para unha nova reunión o próximo xoves 24 de Maio.

Seguiremos informando.

viernes, 11 de mayo de 2012

ASUNTOS VARIOS

PLAN DE PENSIÓNS

Recentemente recibistes nos vosos domicilios a información trimestral do BBVA PENSIÓNS, na cal infórmasevos que as aportacións do Promotor (Alcoa) neste primeiro trimestre do ano foran cero. Dende CCOO pediuse explicacións sobre este asunto e os Representantes do Promotor manifestaron que os importes estaban transferidos e a Xestora lles confirmou a súa recepción coas súas datas de valor.

Segundo fontes do promotor o fallo puido ser debido "a que no arranque dun novo exercicio é necesario realizar procesos paralelos ou específicos de inicialización para completar a información necesaria". Parece que este problema xa foi emendado e podédelo comprobar se entrades en Web de BBVA PENSIÓNS. Se é a primeira vez que accededes, para rexistrarvos é necesario que teñades a man o número de conta cliente pensións, este dato aparece no lado dereito superior dos recibos trimestrais.

PRÓXIMAS MOBILIZACIÓNS

O Comité de Empresa solicitou na Subdelegación do Goberno permiso para unha nova concentración de traballadores de Alcoa. Esta nova mobilización levaríase a cabo o próximo 21 de Maio, ante a sede de Red Eléctrica Española da Coruña (Zalaeta).

A colaboración de Red Eléctrica Española (REE) é clave para conseguir unha suministración enerxética competitiva para a industria do Aluminio. É necesaria a súa colaboración para optimizar a contribución de interrumpibilidade e transporte para alcanzar unha solución de longo prazo. REE é quen garante a subministración continua e fiable de enerxía e contribúe á correcta asignación dos custos de transporte da mesma. Ademais é quen xestiona a interrumpibilidade, que é a clave para alcanzar un prezo competitivo.

Cando a Subdelegación do Goberno conteste á solicitude comunicarémosvolo, dende CCOO invitámosvos, dende xa, a que participedes nesta nova mobilización.

Seguiremos informando.