martes, 27 de enero de 2015

REGULARIZACIÓN DE SALARIO E PRIMA DE RESULTADOS 2014

          TÁBOAS SALARIAIS

Durante o ano 2014 as táboas salariais incrementáronse en 0,25% como anticipo de IPC respecto das táboas definitivas do ano 2013. Como todos xa coñecedes o IPC do ano 2014 resulto finalmente o -1%, por esta razón na regularización de salarios teremos que devolver ese incremento, posiblemente na nómina de febreiro que coincidirá co cobro da Prima de Resultados 2014. 

(Ver cantidades estimadas no cadro anexo).


PRIMA DE RESULTADOS 

Recordar que o recálculo da Prima de Resultados do ano 2013, ao que obrigou a sentenza por este conflito colectivo que emanaba da inaplicación de Convenio, foi dun 6% máis. Esta regularización xa se realizou na nómina do mes de decembro. Con este incremento final a Prima de Resultados do ano 2013 alcanzo o valor do 99%, isto é un 25% máis do que a empresa pretendía pagar antes de gañar esa demanda (74%). 
A  Prima de Resultados do ano 2014 alcanzou finalmente o valor do 112,10% e pagarase na nómina de febreiro.

(Ver importes estimados a cobrar segundo o nivel retributivo no cadro anexo).


FONDO DE AXUDA

Con motivo de que o índice de absentismo por enfermidade do ano 2014 foi máis baixo que o 4,8%, a empresa ten que devolver as cantidades aportadas por cada traballador ao Fondo de Axuda durante o ano pasado (artigo 47.2 do Convenio Colectivo) . Recordar que cada traballador aporta o 0,5% do seu salario bruto a este concepto durante este Convenio.




PARA REMATAR, RECORDAR A TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS QUE É DE VITAL IMPORTANCIA QUE ACUDAN E INVITEN A PARTICIPAR A TODOS OS QUE COÑEZAN NA CONCENTRACIÓN QUE SE LEVARÁ A CABO O VINDEIRO XOVES 29 NA DELEGACIÓN DO GOBERNO, PARA PEDIR A ELIMINACIÓN DO SISTEMA DE POXA PARA ADXUDICAR OS INCENTIVOS DE INTERRUMPIBILIDADE ÁS EMPRESAS GRAN CONSUMIDORAS DE ENERXÍA.


NON A POXA !!!!  SI A UN NOVO MODELO ENERXÉTICO PARA A INDUSTRIA !!!!


ACODE !!!! A LOITA CONTINUA……..

miércoles, 7 de enero de 2015

REARRANQUE 2015

Hoxe a dirección reuniuse cunha representación do Comité de Empresa (un por sindicato máis o presidente) para informar da organización que teñen pensado para o rearranque de 25 cubas na Serie 1 con motivo da adquisición de dous bloques de 5MW na última poxa de interrumpibilidade. Segundo a dirección o rearranque comezaría o 19 de xaneiro e finalizaría o 5 de febreiro. Durante este tempo (17 días) moverían a algúns traballadores de electrolisis con cambio de calendario incluído. Van crear 4 equipos (2 traballadores) encargados da calefacción das cubas (1 barrista e 1 M.Medidas) que realizaran un calendario de 6 días de traballo e 2 de descanso, ademais  crearán 2 equipos formados por coadores para o paso de baño.

Para esta organización dixeron que algúns traballadores de Mostras e medidas pasarían a quendas, e no seu posto (a xornada) estarían eventualmente outros traballadores. Ademais dixeron que os cambios de calendario por esta circunstancia non levaría perda económica aos afectados e onde fose de aplicación pagaríase a superior categoría. Mentres dure o rearranque non se vai coar de noite na Serie 1, para así ter libre a ese coador e poder dedicalo ao paso de metal. Tamén informaron que o equipo que ata agora viña realizando a tarefa de limpeza de queimadores pasaría a realizar as funcións de polivalente de electrolisis e  externalizarían ese traballo indefinidamente.

A Representación dos Traballadores (RT) recrimínolle á dirección o pretender realizar o rearranque con tan pouco persoal que a duras penas chegaba para a produción do ano 2014, e solicitóuselle que contratasen a persoal que xa estivese na fábrica traballando, polo que tiñan a formación suficiente para empezar canto antes. Recriminóuselle tamén  a decisión de externalizar  a limpeza de queimadores, incumprindo deste xeito a un punto máis do Plan de Competitividade do ano 2011. A dirección non atendeu a razóns e dixo que tiñan que ter o rearranque rematado para o 5 de febreiro para non ser penalizados. Preguntóuselles si nestas circunstancias ían manter a saída de persoal por baixas voluntarias e dixeron que si.
 
Á RT recriminoulle a dirección o abandono das instalacións e a falta de mantemento observada na parte parada da Serie 1 e que esta circunstancia podería traer accidentes. Aseguraron que as deficiencias mencionadas ían estar solucionadas para cando se iniciara o proceso. Para CCOO este rearranque deixa moitas incertezas no aire, do mesmo xeito que moitas preguntas sen resposta, cousa que non nos tranquiliza. Todo o que está pasando aquí é bastante raro e  contraditorio mirando o proceso que acabamos de pasar por culpa da poxa da interrumpibilidade. Estaremos atentos, non vaia a ser que este rearranque sexa a desculpa para que logo veñan con  resultados negativos, para así querer tomar medidas traumáticas en contra do persoal.


Seguiremos informando….