jueves, 30 de junio de 2016

OS NOSOS DEREITOS NOS XULGADOS

XUIZO POLO CONFLICTO COLECTIVO DO DEREITO A ACORDAR OS CALENDARIOS

O xulgado 5 do Social da Coruña da a razón ao Comité de Empresa ao estimar a demanda en Conflicto Colectivo por non acordar a empresa os calendarios cos Representantes dos Traballadores. A este Conflicto chegouse no seu día logo de que a empresa non escoitara as demandas do Comité, de que tiña que voltar aos acordos orixinais dos calendarios antes do ERTE 2012, e non manter modificacións como o disfrute de vacacións de un en un prolongando o periodo para o disfrute das mesmas.





XUIZO POLA TUTELA DO DEREITO DE FOLGA 

O próximo 12 de xullo ás 12:30 da mañá temos o xuizo pola tutela do dereito fundamental de folga en Alcoa da Coruña. O mesmo día ás 12 da mañá faremos unha concentración de protesta diante da Audiencia Provincial (Rúa Capitán Juan Varela) por negarnos a empresa o dereito de folga. 

A DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS A FUTURO ESTÁ EN XOGO...PARTICIPA  !!!!