miércoles, 31 de marzo de 2010

ASEMBLEA XERAL DE TRABALLADORES

Finalmente a Asemblea Xeral de Traballadores que se acordara no pleno do Comité para o 8 de Abril, decidiuse adiantala para o día 7 do mesmo mes, por problemas de axenda. Os horarios son, pola mañá ás 10 horas, e pola tarde ás 18 horas.

¡¡¡ESPERAMOS A TÚA PARTICIPACIÓN !!!

martes, 30 de marzo de 2010

REUNIÓN EXTRAORDINARIA DO COMITÉ DE EMPRESA

Hoxe celebrouse unha reunión extraordinaria do pleno do Comité, na mesma tratáronse os seguintes temas:

• Renovación do persoal de novo ingreso.
• Plan de viabilidade para a Fundición.
• Negociación Colectiva.

Despois dun intenso debate o pleno do Comité acordou convocar unha Asemblea Xeral de Traballadores para o 8 de Abril, na que o Comité de Empresa propoñerá ós traballadores o inicio de mobilizacións para defender as seguintes causas:

Primeiro.- Exixir a Empresa a renovación dos contratos do persoal que se contratou polo rearranque e a volta a produción de Tochos. Cumprindo así o prometido o Comité nesas datas, máis os propios traballadores, que foi: Que non se lles renovaría, si o situación empeoraba outra vez, e había que volver a parar. Nestes momentos o prezo do Aluminio está a 2.200$/TN, o cambio Euro/Dólar en 1,345, estanse arrancando cubas e non parando, e si isto fora pouco a Empresa vai contratar a máis xente para dar as vacacións.

Segundo.- Exixir a Empresa a presentación dun plan de viabilidade para a Fundición, que conteña: Os produtos ca Dirección quere facer na Coruña, o plantel necesario para esas producións, as inversións que farán falta para levar a cabo ese proxecto,….
Por último, o Comité tamén acordou non continuar coas negociacións do convenio, ata non ter a resolución da Asemblea Xeral. De tódalas maneiras, queremos recordar a tódolos/as traballadores/as, que foi a RD a que se levantou da Mesa de Negociación na última reunión.
Compañeir@s pola importancia dos temas a tratar acudide á Asemblea Xeral do día 8.

¡¡¡RENOVACIÓNS OU MOVILIZACIÓNS!!!
¡¡¡QUE NON XOGUEN CO TEU FUTURO!!!

viernes, 26 de marzo de 2010

ESPANTADA DA DIRECCIÓN

Na reunión de hoxe, a Representación da Dirección (en diante RD) levantouse da Mesa de Negociación, despois de dicir que no ían a consentir que se lles insultará, os feitos foron os seguintes:
Previo ó comezo da reunión, o noso Secretario Xeral, comentoulle ó Presidente do Comité, que CC.OO tiña pensado levantarse da reunión porque a RD estaba a predicar moito ca boa fe na negociación, dende o primeiro día, pero a realidade e que encima da Mesa de Negociación tiñamos a posible non continuidade de algúns contratos eventuais, sen saber cantos ían ser e o porque, e considerabamos unha prioridade o aclarar definitivamente este tema máis o futuro da Fundición, xa que isto estaba a condicionar a negociación. De seguido acordouse celebrar un pleno extraordinario do Comité de Empresa o martes día 30, para tratar en conxunto esta situación.

Comeza a reunión tomando a palabra o noso Secretario Xeral, dicindo o mesmo que había dito ó Presidente, e que aínda que CC.OO tiña decidido levantarse da Mesa de Negociación, iamos a seguir nela, en espera da reunión do Comité da próxima semana. Engadindo que xa estaba ben de tanta boa fe, e despois falabamos de non renovación de contratos, que para nada compartíamos o criterio da Dirección sobre a Fundición, e xa estábamos cansos de que tódolos días puxeran en riba da mesa o problema da enerxía, que sobre este tema en concreto os Sindicatos xa fixeran todo o que tiñan que facer. De seguido foi interrompido polo Xefe de Contabilidade, para preguntarlle (non de moi boas maneiras), a que se refería cando dicíamos que fixeramos todo o que tiñamos que facer, porque estaba a falar moito e non entendía o que dicía. Explicóuselle que os Sindicatos habían feito un traballo cheo de xestións e de negociacións, nos distintos estamentos do estado, para conseguir un prezo competitivo da enerxía para Alcoa.

Para sorpresa de tódolos alí presentes, este “fenómeno”, soltou que non se notara en nada esas xestións. O noso Secretario Xeral, recriminoulle este comentario dicíndolle que non tiña nin puta idea do que estaba a dicir, e que tiña que documentarse un pouquiño. O Director interveu nesta discusión dicindo que non ía permitir que se lles insultara, e co mellor eran eles os abandonaban a mesa. O noso Secretario Xeral díxolle que o fixera si quería, e que ninguén os insultara. O Director volveu a ameazar con levantarse da mesa, e volvéuselle a invitar a co fixera. Seguidamente a RD, levantouse e abandonou a reunión.

Consideramos grave que un representante da RD ,non este o suficientemente documentado nunha reunión tan importante como a de negociación de Convenio. Máis grave aínda parécenos, co Director estando documentado non corrixa o que dixo un dos seus. E consideramos que si algún insulto se soltou nesa reunión, ese foi dirixido as Centrais Sindicais, que despois de haber feito un gran traballo, con moi bo resultado no último contrato da enerxía, se obvie isto dende a Coruña. Queremos aclarar que mentres na Coruña se obra desta maneira, a Dirección de Alcoa de España, xa agradecera por escrito a gran labor dos Sindicatos que fixo que acadaran das Eléctricas un prezo da enerxía competitivo

miércoles, 24 de marzo de 2010

REUNION SOBRE O FUTURO DA FUNDICION E O PERSOAL DE NOVO INGRESO

Aínda que todos esperabamos outra cousa, a Dirección nesta reunión non concretou ningunha proposta de futuro para a Fundición, nin inversións, nin proxectos alternativos. Dende o noso punto de vista, a Dirección tratou de utilizar esta reunión para suxestionar os membros do Comité, con tal de convencelos de apostar pola produción de placa como produto estrela de cara o futuro. Para elo, a Dirección fixo unha exposición comparativa con distintas posibilidades produtivas, baseándose nos resultados do ano 2008, na Fundición:

Toda a produción en unha soa vertical de placas
Toda a produción en unha soa vertical de tochos.
Toda a produción de placa, en dúas verticais.
Toda a produción de tocho en dúas verticais.
Produción combinada de placas e tochos.
Produción combinada de placa e fío.
Produción combinada de tocho e fío.

Nesta comparativa, con datos e cálculos ficticios, a placa sempre saía mellor parada co tocho. A dirección, manifestou que en este momento para que Alcoa aprobe unha inversión, esta ten que amortizarse nun prazo de dous anos, e só apostando pola placa como produto principal, sería posible cumprir esta premisa.
Tamén manifestaron a posibilidade de poder abrir o mercado da placa a terceiros, en concreto a Mosjoen (Noruega). E tamén que cabe a posibilidade de fabricar placa de gran pureza, dedicada a produtos de brillo.
A Dirección adiantou co 18 de Maio, terá lugar unha reunión moi importante en Alcoa, para ver as posibilidades e necesidades da Coruña de cara o futuro.
Sobre o persoal de novo ingreso, o que se lle están enviando cartas informándolles da expiración do contrato, a Dirección dixo, que esa carta se lle enviaba a todos como información, pero que se lles irá ofrecendo un novo contrato eventual, aínda que a algún non lle ofreceran esa posibilidade por entender que non fixeron os méritos suficientes para elo.
Dende esta Sección Sindical, queremos manifestar que si algún traballador non fora renovado sen causa xustificada, emprenderíamos de inmediato calquera acción necesaria para evitar tal medida. Dicir tamén que nos preocupa moito o que poida dicir na reunión do día 18 de Maio, a Dirección da Coruña, pois hoxe, deixounos entrever ven as claras cal é a súa aposta para a Fábrica da Coruña.

martes, 23 de marzo de 2010

HAI QUE RIRSE AÍNDA CO CONTO NON TEÑA GRAZA

Na reunión de hoxe da Mesa Negociadora, a Empresa presentou a súa Plataforma de Convenio, a verdade, é que apenas podíamos aguantar coa risa en algún momento da reunión. Esperamos que ninguén se faga mala sangre cando a lea, pois é normal que a primeira posta en escena, sexa así.

Pincha na imaxe para ampliala.

PLATAFORMA DE CONVENIO DA REPRESENTACIÓN DA DIRECCION


jueves, 18 de marzo de 2010

NEGOCIACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO

Esta semana celebráronse dúas reunións (martes e xoves) da negociación de Convenio. O martes día 16, a Representación da Empresa (en diante, RE), contestou negativamente a solicitude da Representación dos Traballadores (en diante, RT), de seguir executando o “Contrato de Relevo” mentres duren as negociacións do novo Convenio.

A RE, solicitou a RT, o poder debater todas as reclamacións que actualmente están pendentes da mediación do AGA, e tamén na Inspección de Traballo, no seno da Mesa de Negociación. A RT, non aceptou esta proposta, pois previamente mediante o dialogo e Comisión de Interpretación e Vixilancia do Convenio, a RE xa tivera bastantes oportunidades de poder solucionar os conflitos en vías de reclamación. O que si manifestou a RT, e o poder aproveitar esta nova negociación, para que os temas que son motivo de discrepancia actualmente, queden ven clarificados para que non dean lugar a distintas interpretacións no futuro.

O resto do tempo invertido en estas dúas reunións, dedicouse a explicarlle a RE, cada un dos puntos da Plataforma Unitaria presentada pola RT.

O próximo martes día 23, terá lugar unha nova reunión da Mesa Negociadora.

miércoles, 10 de marzo de 2010

REUNIÓN PRELIMINAR DE NEGOCIOCIÓN DE CONVENIO

Onte tivo lugar unha reunión entre a Empresa e o Comité onde se sentaron as bases da próxima negociación do Convenio Colectivo. Nesta reunión preliminar, as dúas partes recoñecéronse mutuamente para levar a cabo as negociacións.

Acordase por ambas partes que se poderán incorporar asesores externos ou internos as reunións, cando se considere oportuno, avisando desa eventualidade con 48 horas de antelación.

CALENDARIO DE NEGOCIACIÓN
A RE manifestou a súa intención de poder chegar a un acordo, a poder ser, antes do mes de Xuño. Con este fin, acordouse convocar dúas reunións por semana (martes e xoves), a primeira será o 16 de Marzo as 11 da mañá, na mesma farase entrega da Plataforma Unitaria por parte da (RT).

A (RT) solicitoulle a (RE), o seguir executando o contrato de relevo mentres duren as negociacións do novo convenio, por considerar que sería bo para as dúas partes, máis para a empresa. A (RE) dixo que estudaría a proposta e daría unha contestación na próxima reunión.

lunes, 8 de marzo de 2010

10 DE MARZO DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA


O 10 de Marzo conmemoramos o Día da Clase Obreira Galega. Lembramos aqueles feitos de 1972 en Ferrol que provocaron a convulsión dun sistema ditatorial. Esa lembranza é a que nos move a mantérmonos firmes nos nosos valores.
Daquela, o compromiso das CCOO coa loita polas liberdades e a democracia adquiriu forma de conflito na Bazán de Ferrol. O dereito á negociación colectiva era unha aspiración dos traballadores e traballadoras consubstancial á conquista de dereitos laborais e sociais que implicaba liquidar o modelo de relacións laborais do réxime franquista. Compañeiros e compañeiras deste sindicato puxeron o seu pelello ao servizo dese obxectivo. Foi a responsabilidade desta organización a que impulsou tal tarefa. A responsabilidade e o compromiso que caracterizan o noso sindicato fanse hoxe en día máis necesarios ca nunca.
A actual situación de crise económica e institucional que vive Galicia e o conxunto do estado ofrece unhas cifras detrás das cales se topan os dramas particulares de moitas persoas. Neste último ano, o PIB galego caeu un 3% e destruíuse emprego en todos os sectores, especialmente na industria e na construción. Isto é, 56.000 galegos e galegas perderon o seu posto de traballo.
Ademais, a taxa de temporalidade reduciuse en catro puntos ata situarse no 25,8%, pero faino porque oito de cada dez persoas que quedaron sen traballo tiñan un emprego temporal, e algo máis do 40% dos postos de traballo que se perderon en 2009 foron a través de expedientes de regulación de emprego.
E se perder o medio de vida é xa de seu un drama, non atopar outro e ademais quedar sen prestacións sociais é unha traxedia moito maior. Así, das 234.000 persoas sen traballo que hai actualmente en Galicia, o 38% carecen de calquera tipo de axuda pública.
Para intentar responder á situación, impulsouse en Galicia un proceso de diálogo social que toma como base os acordos acadados co Goberno anterior, pero revisándoos e adaptándoos ao novo contexto de crise. Partindo destas premisas, creáronse catro grupos de traballo de carácter transversal e dous sectoriais, sempre co obxectivo de dar resposta a curto prazo aos problemas máis urxentes para os traballadores e traballadoras do noso país.
O freo da destrución de emprego debe ser a nosa máxima prioridade. Non nos podemos permitir caer na demagoxia barata que nos leve a unha canella onde os peor parados sexan os que xa non teñen nada. É a nosa responsabilidade ser conscientes de que un estado social como o noso debe ser eficiente ou non será.
O noso compromiso é crear espazos de entendemento á hora de buscar solucións conxuntas. Neste sentido, Comisións Obreiras xa ten dado sobradas mostras da responsabilidade e do compromiso que nos caracterizan no esforzo compartido que supón o Acordo Interconfederal de Negociación Colectiva. Compromiso que tamén se expresou e se expresará cando for necesario mediante a mobilización, como aconteceu o pasado 2 de marzo en defensa das pensións. Responsabilidade e compromiso como o dos compañeiros de Bazán no 72 en Ferrol.


VIVA A CLASE OBREIRA GALEGA!!
VIVA O DEZ DE MARZO!!
VIVAN AS COMISIÓNS OBREIRAS!!
DANIEL E AMADOR, NA MEMORIA!!

8 DE MARZO DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


Ver máis.