jueves, 23 de enero de 2014

REGULACIÓN DE SALARIOS ANO 2013

TÁBOAS SALARIAIS  
                                           
Como consecuencia da desviación do IPC previsto, este ano teremos que devolver parte dos incrementos salariais pactados para o ano 2013, e dicimos parte, porque os meses de Abril (dende o día 5), Maio e Xuño non teñen que ser regulados xa que foron conxelados a consecuencia da Inaplicación del Convenio Colectivo. O ano rematou cun IPC do 0,3% cando as Táboas Salariais habíanse incrementado provisionalmente nun 1% segundo o IPC previsto para o ano 2013. Polo tanto, e segundo información da propia Dirección, ditas cantidades regularanse na nómina de febreiro. Por outro lado, informar que de cara ao ano 2014 as Táboas Salariais incrementásense "provisionalmente" no 0,25%.



No cadro adxunto pódense ver as cantidades aproximadas para cada nivel retributivo. Estas cantidades poden variar por varios motivos; por ter o contrato suspendido polo ERTE no primeiro trimestre do ano, ou porque simplemente o calendario é distinto entre traballadores do mesmo nivel retributivo.


PRIMA DE RESULTADOS

Antes de nada dicir que a Prima de Resultados 2013 foi tema xa da Comisión de Interpretación e Vixilancia do Convenio, e vai camiño dun Conflito Colectivo despois de que a Dirección, no mes de Outubro, impuxera un novo parámetro e modificara outros para forzar a que o valor desta fose o menor posible e así realizar unha inaplicación do Convenio encuberta, unha vez que o Laudo Arbitral decidira que a prima de resultados non podía ser cero e tiña que regularse polo pactado no Convenio.

Despois de toda esta "manipulación" a Prima de Resultados rematou o ano cun valor do 74% (segundo os cálculos da Dirección). Este valor é máis que sospeitoso pois o ano pasado, nas mesmas circunstancias produtivas, a prima alcanzou un valor do 141,3%. No cadro adxunto pódense ollar as cantidades estimadas para cada nivel retributivo co valor do 74%. Esta Prima cóbrase na nómina de febreiro e axudará a compensar a devolución polo desviou do IPC. Máis adiante haberá que ver como se resolve o Conflito Colectivo sobre o "apaño" que realizo este ano a Dirección en este concepto.


FONDO DE AXUDA

A Empresa ten que devolver as cotas satisfeitas polos traballadores/ás ó Fondo de Axuda durante o ano 2013, debido a que o índice de absentismo por enfermidade foi menor do 4,8% segundo recolle o Convenio Colectivo (art.º 47.2). Segundo informou a Dirección esta devolución tratásese de realizar tamén na nómina do mes de febreiro.


Seguiremos informando...