martes, 15 de febrero de 2011

CONSTITUCIÓN DO NOVO COMITÉ DE EMPRESA

As 10:30 da mañá de hoxe os membros electos nas últimas eleccións sindicais constituíron o novo Comité de Empresa.Seguidamente os asistentes ó Pleno elixiron os cargos do Comité de Empresa.

A representación de CCOO presentou o troco do seu Delegado Sindical. Esta Sección Sindical agradécelle a Juan, a gran labor desenrolada no exercicio do seu cargo durante os últimos anos, e ó mesmo tempo, dámoslle todo o noso apoio a Roberto, e desexámoslle toda a sorte do mundo para desempeñar esta importante labor no futuro.

En Varios, o novo Presidente do Comité informou ca Empresa lle adiantará que querían cubrir o Contrato de Relevo escollendo eles ós traballadores. Ó que lles respondeu, que non o permitiríamos, que esa contratación tería que facerse por orden de entrada, coma sempre se fixera. Posición está que foi apoiada polo Pleno do Comité Empresa.

Neste apartado de varios, o representación da CIG informou da apertura dun Expediente Contraditorio, por parte da Empresa, para un membro do Comité que pertence o seu Sindicato. Sobre este asunto o Comité e a Empresa terán unha reunión o próximo día 17 de Febreiro.

Por último, ante a visita que mañá fará o Alcalde da Cidade, o Comité aprobou que unha representación do mesmo este presente no acto, excepto a CIG, que rexeitou a invitación pola apertura do Expediente o seu Delegado.

Seguiremos Informando.

viernes, 4 de febrero de 2011

EUROFORUM ALCOA


O Pleno do Comité Europeo de Alcoa (Euroforum) mantivo unha reunión o día 3 de Febreiro cos responsables das distintas liñas de negocio que Alcoa ten en Europa, para facer balance da situación actual.

Dende a Compañía informouse que durante o ano 2010, Alcoa empezou a recuperar a senda dos bos resultados económicos, sobre todo no último trimestre do ano 2010. Alcoa ten 40 Centros de traballo espallados por Europa. O Plantel actual en Europa é de 17.000 traballadores ó reducise en case 2.000 traballadores polas desinversións feitas no 2010 en Inglaterra, Hungría, Alemania, etc,.

De cara ó futuro as perspectivas da Compañía son boas, e esperan que durante o ano 2011 o prezo do LME supere os niveis actuais de 2.300$/Tn, e a demanda de Aluminio aumente un 4% no continente europeo.

Aluminio Primario (GPP):
O 4º trimestre do ano 2010 foi moi bo, alcanzándose uns resultados de 178Mill/$. Para o 1º trimestre do 2011 esperan superar esta cifra e alcanzar os 213Mill/$.

O gran reto de cara o futuro é a renovación dos contratos de enerxía en Italia e España. En Italia, pola demanda interposta sobre a subvención de enerxía a UE reclámalle a Alcoa 300Mill/€. Este problema coa enerxía fixo pechar a Planta de GPP en Fusina, na que só se mantén a actividade na Planta de Laminación (EMP). En Portovesme GPP, conseguiuse unha moratoria ata o 2012, a partir de aí, Alcoa e as eléctricas terán que alcanzar un acordo de suministro.

En España o acordo da enerxía finaliza no 2012, salvo para a Planta de Alumina de San Cibrao que finaliza no 2011. As negociacións para a renovación dos acordos xa se iniciaron e Alcoa espera non ter demasiados atrancos para conseguir uns acordos competitivos.

En Noruega teñen contrato de enerxía ata o 2020 e están negociando para amplialo ata o 2030. En Islandia teñen unha boa situación con enerxía barata e contratos de larga duración por 40 anos, por ese motivo, Alcoa ten perspectivas de ampliar a súa presenza nese país.

Alcoa di, que o gasto en enerxía para producir Aluminio é do 35% e que a política que a UE está instruíndo, con reducións das emisións de CO2 do 20%, ou máis, que incluso as Eléctricas teñen complicado cumprir, fai que os grandes consumidores de enerxía como as Plantas de GPP busquen outros emprazamentos sen tantas restricións e con enerxía máis barata.