miércoles, 21 de diciembre de 2011

ACORDO SOBRE COMPETITIVIDADE

En base ó Acordo sobre Competitividade que se aprobou en referendo o 30 de Agosto deste ano e firmou CCOO, lévanse realizados a día de hoxe 21 contratos indefinidos entre os compañeiros eventuais contratados no ano 2009 para o rearranque. Para o ano 2012 quedan por realizar outros 13 contratos indefinidos máis para alcanzar os 34 contratos indefinidos acordados antes do 31 de Decembro.

Por outro lado dicir, que antes da firma deste acordo a Empresa estaba ofertando o contrato de relevo a dedo, e habían saltado na orde de antigüedade a dez compañeiros contratados polo rearranque 2009. A día de hoxe estes compañeiros xa firmaron un contrato indefinido e nestes intres o contrato de relevo ofértaselle ó compañeiro eventual máis antigo.

Tamén queremos resaltar que dos 13 compañeiros de Mantemento e EHS aos que a Empresa lles aplicou a Mobilidade Funcional a produción, nestes momentos quedan 11. Un marchou trasladado voluntariamente a San Cibrao a finais de Outubro, despois de que a Empresa lle mellorase as condicións cumprindo así o acordado. O outro volveu o seu posto en mantemento eléctrico por mor dunha vacante, grazas a cláusula de retorno que figura no acordo de competitividade.

Para CCOO o resultado deste acordo esta sendo moi satisfactorio é incuestionable, e máis tendo en conta que a reforma laboral eliminou a cláusula pola que as empresas tiñan que facer indefinidos ós traballadores que encadearan varios contratos temporais….. Cando se empezou a negociar este acordo a Empresa só tiña o compromiso de facer 7 contratos indefinidos no 2011, por mor do contrato de relevo, e nos apenas catro meses que se leva aplicando este acordo xa se realizaron 21 contratos indefinidos e aínda queda todo o contrato de relevo do ano 2012 por realizar.

¡¡¡ FELICES FESTAS E UN PROSPERO ANO NOVO !!!

Seguiremos informando.