miércoles, 23 de junio de 2010

Manifestación 30 xuño en Santiago contra os recortes sociais “Así, non...”


Manifestación conxunta CCOO e UGT
“Así non...”

O mércores, 30 de xuño de 2010 maniféstate con CC.OO en Santiago de Compostela.
Ás 18:30 horas,sairán autobuses situados preto (diante ou na parte de atrás) do Edificio de Sindicatos da Coruña
O percorrido da manifestación en Santiago será dende a Alameda ata a Praza das Praterías.

viernes, 18 de junio de 2010

ALCOA ANUNCIA UN “DURISIMO” (E.R.E) DE 5 MESES NA PLANTA DE AVILÉS

Durante unha reunión mantida onte cos representantes dos traballadores a Dirección da factoría comunicou que acolléndose a declaración de forza maior presentará ante a autoridade laboral un Expediente de Regulación de Emprego de 5 meses de duración (do 1 de xullo ó 1 de decembro) que afectará a 417 traballadores.

LER MÁIS...

jueves, 10 de junio de 2010

A FÁBRICA DE ALCOA EN AVILÉS PAROU A PRODUCCIÓN A CAUSA DUNHA GRAN INUNDACIÓN

A Coruña, 10 de Xuño de 2010.
11:00 AM

A auga anegou as instalacións da Fábrica chegando a un metro de altura en algún punto, alcanzando a subestación provocando que as Series de Electrólises quedaran sen suministro eléctrico. A situación é extremadamente grave, as cubas levan paradas dende a una da madrugada, por este motivo.

A compañía esta avaliando a situación e adoptando medidas para tratar de restaurar a produción o antes posible.
Seguiremos informando.

martes, 8 de junio de 2010

REUNIÓN DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA

Onte celebrouse reunión do Pleno do Comité, na mesma tratáronse os seguintes asuntos:

Estancias de Verán: Aprobouse por votación (8 votos a favor, 0 votos en contra e 8 abstencións) unha única proposta de viaxe a Benidorm para os fillos dos traballadores.

• Transporte: Acordáronse unhas modificación para propoñer a Empresa que suporá un aforro no recorrido:
O Bus nº3, fará a parada de San Pedro de Mezonzo.
O Bus nº2, fará a parada de Vioño.

• Calendarios de Turno: Acordouse que unha vez finalizadas as negociacións de Convenio, estudar as distintas propostas para implantar na Coruña un calendario para o Turno con máis tempo de vacacións consecutivas.

• Negociación de Convenio: CC.OO., (en sintonía co resto de Centrais Sindicais) di que a Empresa está a retrasar deliberadamente a posibilidade dun acordo neste senso. Nas reunións que se levan a día de hoxe, estanse a dedicar a deixar pasar o tempo falando do texto do Convenio que queren modificar sen ter cerrado aínda ningún acordo. CC.OO., propón cerrar primeiro os acordos nos puntos máis discrepantes como é o salarial antes de seguir adiante.
Acordase comunicarlle a Empresa isto para iniciar a negociación dos puntos que máis nos separan agora mesmo. Tamén se acorda trasladarlle a Empresa que na modificación do texto do Convenio, non se vai aceptar o retirar ningún texto onde faga referencia ó Comité de Empresa (unha constante nas propostas de modificación por parte da Dirección).

• Varios: CC.OO., puxo en coñecemento do Pleno a situación irregular que se esta a crear coa contratación do persoal da bolsa para cubrir as vacacións, xa que isto, esta a cambiar o proceder nos Departamentos (sen previo aviso) o negar a posibilidade, que ata agora fomentaban e facilitaban, de poder coller os días de vacacións soltos.
CC.OO., propón se lle recorde a Empresa o acordo alcanzado en Marzo (2009) de internalizar traballos, e se lle de continuidade, contratando os traballadores da bolsa permanentemente para facer traballos como o da recuperación de Alumina nos sotanos das Series, ou pintando as naves, e cando fixera falta cubrirían as vacacións o as baixas nos Departamentos para os que teñen formación.

jueves, 3 de junio de 2010

FOLGA EN ALCOA AMOREBIETA

Os traballadores da fábrica de Alcoa en Amorebieta, decidiron onte en Asemblea Xeral convocar folga de 24 horas para os días 10, 24 e 29 de Xuño. Esta decisión ven motivada ó presentar a Empresa unha Plataforma de Convenio (similar a da Coruña) moi distante dos obxectivos dos traballadores para o novo Convenio.