lunes, 28 de diciembre de 2015

PARA FACER FOLGA...PARA E PREGUNTA AO TEU ENCARGADO (ALCOA)

Logo de impoñer uns Servizos Mínimos escandalosos de ata un 90% nalgún caso, hoxe a empresa pateou o dereito á folga dos traballadores de electrolisis ao programar e levar a cabo o traballo diario de produción no devandito departamento ao 100%.

A empresa vulnerou os Servizos Mínimos de Mantemento e Seguridade das instalacións desta folga de paros de 4 horas por quenda de traballo ao esixirlle ao Polivalente en función de Coador que fixese o seu traballo habitual en vez de estar de retén para unha urxencia puntual como é norma nunha folga. 

O Comité de Folga requiriu ao Xefe do Departamento que respetase os criterios normais de mantemento doutras folgas e dese a orde de deixar de extraer metal das cubas de electrolisis, cousa á que se negou. O Comité de Folga ao comprobar que o dereito de folga quedaba anulado por unha produción normal neste departamento decidiu desconvocar a folga e emprender as accións xudiciais contra a empresa que correspondan. 


Desde CCOO de Alcoa da Coruña imos tomar e apoiar todas as medidas legais que se poidan, incluída a penal, para que a Dirección da empresa e a propia Alcoa paguen por este atentado contra o exercicio do dereito fundamental constitucional que teñen os traballadores a ir á folga. 

lunes, 14 de diciembre de 2015

MANIFESTACIÓN !!!!




ESTE XOVES 17 DE DECEMBRO TES QUE ESTAR ALÍ ... O TEU FUTURO ESTÁ EN XOGO !!!
ÚNETE AO PERCORRIDO:

·         Saída dende a Factoría de Alcoa.
      ·         Avenida de Arteixo.
      ·         Rúa Notario.
      ·         Rúa Fontán.
      ·      Delegación do Goberno 





RECOLLIDA DE XOGUETES
RECORDA... ESTE VENRES 18 REMATA A CAMPAÑA "NINGÚN NENO SEN XOGUETE"









A NOSA SOLIDARIDADE REPARTIRÁ SORRISOS ESTE NADAL...PARTICIPA !!!

lunes, 5 de octubre de 2015

CONCENTRACIÓN

Compañeir@s

O próximo xoxes temos unha nova mobilización onde seguiremos reclamando públicamente unha solución ao problema eléctrico que ano tras ano ameaza o noso futuro.



ESPERÁMOSTE !!!


POR UNHA SOLUCIÓN ELÉCTRICA ESTABLE !!!



NON MÁIS POXA  !!!!

lunes, 21 de septiembre de 2015

CONCENTRACIÓN PROTESTA NA DELEGACIÓN DO GOBERNO

Este venres temos unha nova oportunidade para reclamar do goberno a derogación de poxa anual da interrumpibilidade e a creación dun sistema mais estable e xusto.

O Ministerio de Industria é o máximo responsable de que ano tras ano teñamos que vivir nesta sen razón e debemos de seguir esixindo unha solución inmediata.

Como traballad@r da nosa fábrica necesitamos que participes e te fagas  oír.

NON MÁIS POXA ANUAL.!!! 

miércoles, 9 de septiembre de 2015

CONCENTRACIÓN NA PORTERÍA DE FÁBRICA

Dende a Sección Sindical de CCOO de Alcoa da Coruña pedimos a participación de todos os traballadores e traballadores na concentración que mañá xoves se levará a cabo dende as 14:30 ás 15 horas na portaría da fábrica.

Xa estamos fartos !!!

o   Da desinformación da empresa sobre todo o proceso da poxa.

o   De que todas as decisións que se toman como grupo lastren a nosa competitividade e logo se nos pidan resultados en particular.

o   Da falta de compromiso de Alcoa no mantemento da actividade da fábrica e os seus postos de traballo.

o   Por que levamos anos na rúa reclamando unha solución enerxética para que Alcoa e a industria teñan un futuro máis estable e á mínima intentan deixarnos sen traballo.

Por todo isto e máis, pedimos que participes connosco na concentración de mañá e deixes a túa mensaxe de rabia polo trato que recibimos de Alcoa. A nosa forza esta na unidade e compromiso cos que sempre nos enfrontamos ás amezas e sabemos que podemos contar con todos e cada un de vós.


Ánimo e forza !!! Compañeiros e Compañeiras.

sábado, 29 de agosto de 2015

SUBASTA DO CARALLO

A SECCIÓN SINDICAL DE CCOO APOIA AO 110% A POSTURA DO COMITÉ DE EMPRESA NO COMUNICADO PUBLICADO HOXE MESMO ANTE A PROPOSTA DO MINISTERIO DE INDUSTRIA, ENERXÍA E SOBRE TODO TURISMO DE SÓ SACAR 8 BLOQUES DE 90MW A CONCURSO.

ÀNIMO E FORZA COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS  !!!

martes, 25 de agosto de 2015

VISITA DO NOVO PRESIDENTE DE ALCOA ESPAÑA & ACTIVIDADE PARLAMENTARIA

VISITA DO PRESIDENTE DE ALCOA ESPAÑA

O Comité de Empresa mantivo hoxe unha reunión coa Dirección e o novo Presidente de Alcoa España, Rúben Bartolome, esta reunión foi solicitada polo Comité de Empresa cando habían saído as datas da poxa para adxudicar os incentivos sobre o servizo de interrumpibilidade para o ano 2016.

Sobre a poxa que se vai realizar a partir do 31 de agosto, a empresa  non aportou información nova. Non se sabe polo de agora que demanda de bloques de 90MW vai haber e cal vai ser a oferta, pero vendo que nas bases do BOE se anuncian de 7 a 13 bloques de 90 MW,  esperan que se cubran ao 100% as necesidades da empresa.
Dende o Comité de Empresa pediuse que as fábricas da Coruña e Avilés fosen compensadas pola estratexia da empresa de cara a próxima poxa, pois durante o ano 2015 estaban a ter uns maiores custes eléctricos por mor dos erros na poxa do ano pasado. 
  
O Presidente incidiu moito sobre o gran problema da caída do mercado do aluminio achacando o mesmo a que produtores chinos están exportando metal sen control algún sumindo ao mercado nunha crise moi grande. Resaltou que hoxe mesmo o LME cotizábase por debaixo dos 1.500 dólares a tonelada, e que os premios baixaran uns 250$ do que marcaban a finais do ano pasado. Alertou que esta situación fai que mais da terceira parte das fábricas de Alcoa estean acumulando perdas e de seguir así Alcoa podería tomar decisións de cortes de produción e incluso peches.


O Comité de Empresa recriminou á Dirección o estado de abandono das instalación e a falta de inversións en momentos con bos resultados económicos que, ante circunstancias como estas, posibilitarían que os resultados non fosen tan negativos. 


INICIATIVA PARLAMENTARIA DO GRUPO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA (AGE)

No día de hoxe a Deputada Yolanda Díaz, do grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), presentou na cámara unha pregunta sobre a nosa fábrica para ser respondida oralmente no pleno.






martes, 11 de agosto de 2015

MOBILIZACIÓNS

O PRÓXIMO VENRES 21 DE AGOSTO NON QUEDES ÁS ESCURAS...MANIFÉSTATE !!!



TRAE A TÚA CAMISETA LARANXA...AS VELAS PONAS O COMITÉ DE EMPRESA !!!

miércoles, 24 de junio de 2015

RECLAMACIÓN DE SALARIOS E MOBILIZACIÓNS

RECLAMACIÓN DE SALARIOS

Recentemente detectamos que cando un traballador/a estaba de incapacidade temporal (I.T) a empresa estaba cometendo un erro no pago dos días que se fixan de vacacións para o axuste de calendario en varios departamentos.

Resulta que cando o traballador/a estaba de baixa a empresa cambiaba eses días (V) por días de descanso (D) para facer o cálculo da nómina, co que o traballador/a deixaba de percibir as primas e pluses correspondentes a esa xornada fixada como vacación.

Informarvos que fixemos a correspondente reclamación por escrito solicitando a regulación de todos os salarios calculados deste xeito dun ano para atrás, que doutra banda é a reclamación legal que se podería realizar por tratarse de cantidades económicas.

Sobre esta solicitude dicirvos que a empresa contesto onte por correo electrónico asumindo o erro cometido ata agora e vai regularizar os salarios devidos a partir do 1 de xullo.

MOBILIZACIÓNS

CONCENTRACIÓN EN SANTIAGO CCOO - UGT.

Recordarvos que mañá CCOO e UGT teñen convocadas a nivel nacional CONCENTRACIÓNS en todas as Comunidades autónomas para pedir estabilidade enerxética para a industria gran consumidora de electricidade e entregarán un manifesto conxunto alí en donde se fagan as concentracións. Si queres participar con nós na de Galicia acude ás 10:50 ao edificio sindicatos en Alfonso Molina dende ali faremos a distribución para o transporte a CONCENTRACIÓN é en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 12 da mañá.

MARCHA A PÉ A SANTIAGO

Dende CCOO pedímosche todo o apoio que poidas dar á marcha a pé a Santiago que está convocada dende o Comité de Empresa. É moi importante que te apuntes para ter sitio nos buses das etapas correspondentes. 

A situación é moi complicada e temos que presionar para que se tome a mellor decisión para o nosa Fábrica.


APÚNTATE NO 625427244  

¡¡¡ IMOS A SANTIAGO ...AXUDANOS NA LOITA POLO TEU FUTURO !!!



jueves, 18 de junio de 2015

CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS

Compañeiros e Compañeiras:

Antes de nada queremos darvos as grazas pola gran participación na Concentración de hoxe. Recordarvos que o próximo 27 de xuño está convocada unha MARCHA A PÉ A SANTIAGO na que é necesario seguir demostrando a nosa gran implicación na defensa dos nosos postos de traballo e a nosa fábrica. Achegamos o cartel da mesma para que te apuntes o antes posible, xa que é necesario tratar de facilitarlle a organización do transporte ao Comité de Empresa.

Dicirvos tamén que o próximo martes 23 de xuño, o novo Edil do Concello da Coruña, Xulio Ferreiro, reciba á Comisión Delegada do Comité de Empresa. Nesta xuntanza a Representación dos Traballadores explicaranlle de primeira man ao novo alcalde a problemática que temos e solicitaranlle todo o seo apoio.

A parte do calendario de mobilizacións que se están levando a cabo dende o Comité de Empresa, as Federacións estatais de CCOO de Industria e MCA UGT, ante a incerteza que está xerando no sector siderúrxico a falta de definición do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo respecto de os parámetros e datas da poxa de interumpibilidade e co obxectivo de que o devandito proceso quede resolto antes das vacacións de verán, estableceuse o seguinte calendario de mobilizacións:

·        Elaboración dun manifesto en defensa dunha tarifa eléctrica que dote de estabilidade á industria e permítalle un desenvolvemento competitivo a longo prazo.

·        25 de Xuño.- Concentracións fronte ás diferentes Delegacións de Goberno, trasladando aos delegados de goberno, a problemática e facéndolles entrega do manifesto.

·        29 de Xuño.- Encontro cos diferentes grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados en Madrid. A presión que se pode exercer desde o ámbito político resultará clave para obter o noso obxectivo.

As mobilizacións vanse realizar nas comunidades con presenza industrial do sector electrointensivo: Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Cataluña, Euskadi, Galicia e Valencia.

A CONCENTRACIÓN do 25 de xuño a nivel de Galicia vaise a realizar en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 12 da mañá.

Para confirmar a túa participación nesta mobilización podes chamar ao 635560938 ou enviar unha mensaxe texto ou whatsapp. Faino canto antes para que poidamos organizar o medio de transporte.


Un saúdo e grazas polo voso apoio.

miércoles, 10 de junio de 2015

MOBILIZACIÓNS !!!!

O PASADO 3 DE XUÑO O COMITÉ DE EMPRESA APROBOU UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS PARA O MES DE XUÑO. 

ENTRE AS MOBILIZACIÓNS CONTRA A POXA ANUAL DA ENERXÍA APROBOUSE APOIAR AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE PERFIALSA NAS SÚAS MOBILIZACIÓNS POR INTENTAR SALVAR A SÚA FÁBRICA E OS SEUS POSTOS DE TRABALLO.

AQUÍ DEIXÁMOSVOS AS DÚAS PRIMEIRAS MOBILIZACIÓNS QUE SE LEVARÁN A CABO.

ADIANTÁMOSVOS QUE PARA O 27 DE XUÑO ESTÁ PREVISTO INICIAR UNHA MARCHA A PÉ ATA AS CONSELLARÍAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA QUE REMATARÁ O 1 DE XULLO CUNHA MANIFESTACIÓN DENDE O MONTE DO GOZO. DESTA MOBILIZACIÓN DARÉMOSVOS MÁIS DETALLES EN CANTO O COMITÉ DE EMPRESA REMATE DE ORGANIZAR E SAQUE UNHA NOTA CON HORARIOS, AUTOBUSES, ETC.

FORZA COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS !!!!


lunes, 8 de junio de 2015

FORMACIÓN

PRÓXIMOS CURSOS DE FORMACIÓN

SE ESTÁS INTERESADO/A PODES INSCRIBIRTE SEGUINDO OS PASOS QUE MARCA A FOLLA ADXUNTA OU ENTREGÁNDO A DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA CADA CURSO A CALQUERA DOS NOSOS DELEGADOS.

miércoles, 13 de mayo de 2015

ASEMBLEA

Compañeiros e Compañeiras: 

Temos un futuro incerto no tocante á enerxía e cada vez falta menos para que o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo tome unha decisión sobre a poxa máis alá do 31 de decembro deste ano.

A tua participacon na samblea do proximo 19 de maio é moi importante...


Infórmate !!!

PARTICIPA !!!!

miércoles, 29 de abril de 2015

MOBILIZACIÓN SOLIDARIA RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Dende esta sección sindical queremos agradecer novamente aos traballadores e traballadoras da fábrica de aluminio da Coruña toda a súa involucración na mobilización solidaria que hoxe levamos a cabo.



É un orgullo ser parte desta plantilla que demostra en cada acto o seu compromiso na defensa da viabilidade da nosa fábrica. Conseguimos recoller para o Banco de Alimentos Rías Altas (Balrial), mais de 1800 kg de alimentos e uns 100 traballadores e traballadoras pedalearon na marcha ciclista coa camiseta que xa nos distingue nesta loita. A marcha foi moi rechamante e comentada entre os cidadáns e cidadás pola súa grande orixinalidade.

 
Estes actos son moi importantes na nosa loita para conseguir un marco enerxético estable a longo prazo e un futuro para a nosa fábrica.

En breve o Comité de Empresa convocará unha nova mobilización pois temos que conseguir que antes do verán nos dean unha solución de futuro e sabemos que responderedes con gran compromiso como sempre o facedes.


Dende CCOO moitas grazas a todos os Compañeiros e Compañeiras e a todos os que están a apoiar nestes momentos.



martes, 21 de abril de 2015

PON A TÚA CAMISETA REIVINDICATIVA E ÚNETE A NÓS !!!!


Axuda a seleccionar colocando cada produto na súa caixa de cartón. 

Se non podes subir ao comedor, ou estivese pechado, na portaría tamén hai caixas.

NON NÓS MIRES... ÚNETE !!!!

martes, 14 de abril de 2015

martes, 7 de abril de 2015

NOTICIAS VARIAS



MOBILIZACIÓNS:

O pasado 17 de marzo durante a reunión para a Constitución do novo Comité de Empresa acordouse retomar has mobilizacións logo das eleccións sindicais. Decidiuse  arrincar con unha Concentración na Delegación do Goberno en Galicia, despois de Semana Santa, e durante a mesma solicitar audiencia co Delegado do Goberno para unha representación do Comité de Empresa. 

O Comité de Empresa quere facer partícipe ao Delegado do Goberno da gran preocupación dos traballadores e traballadoras ante a necesidade de conseguir unha solución enerxética estable para a nosa empresa, antes deste verán, e para que así o transmita ao Goberno e ao Ministerio de Industria Enerxía e Turismo.

A devandita concentración foi anunciada hoxe polo Comité de Empresa mediante un Comunicado de Prensa para informar aos medios de comunicación e ás respectivas organizacións sindicais.


A SECCIÓN SINDICAL DE CC.OO

Tras as eleccións sindicais do 27 de febreiro designouse a Lucas Villar Toro como Delegado Sindical da Sección Sindical de Comisións Obreiras en Alcoa Inespal Coruña S.L. Ofrecémoslle a Lucas todo o apoio da Sección Sindical no seu novo cometido e desexámoslle o mellor. Ao mesmo tempo agradecemos a Roberto Fraga o gran traballo desenvolvido e a súa grande implicación como Delegado Sindical os últimos catro anos.
Os mesmos agradecementos e recoñecemento para os Delegados de CCOO que estaban no anterior Comité de Empresa (Damaso Permuy, Fernando Brandariz, David Seijas, Luís Vidal, Manuel Cabezas) e que nesta nova etapa non continúan connosco, por diversos motivos; resultados electorais, redución de membros do Comité de Empresa, renovación ou decisión propia.

Grazas compañeiros, estamos convencidos que sen o voso esforzo nestes catro anos de grandes ameazas non conseguiriamos os éxitos alcanzados. Sabemos da vosa gran implicación e seguiremos todos xuntos defendéndonos de vellas e novas ameazas nesta nova etapa.

miércoles, 25 de marzo de 2015

XORNADA SOBRE A ENERXÍA

Hoxe nas instalacións de CCOO da Coruña celebrouse unha xornada sobre enerxía na que Participaron, ademais do noso secretario xeral en Galicia Víctor Ledo, a compañeira Palmira García e os compañeiros Máximo Blanco e Juan Carlos Liébana da Federación Estatal. Entre os asistentes estaban delegados de Ferroatlántica (Cee), Celsa Atlantic, Gas Natural Unión Fenosa, Endesa, isowat, SGL e Alcoa Coruña e San Ciprián.

No debate tratouse a necesidade de regular un novo modelo enerxético para que a industria sexa o modelo produtivo do país e para demostrar que é posible este cambio CCOO xa ten elaborado un documento coa súa propia proposta. Ademais falouse dos avances na última reunión da Mesa da Enerxía o 18 de marzo (Madrid), onde a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas comprometeuse a elaborar un documento e incluír nel varias propostas de CCOO, entre elas a necesidade de regular un sistema eléctrico estable e a longo prazo para a industria gran consumidora de enerxía.




Quedou de manifesto a necesidade de alternar a procura de solucións mediante a negociación co mantemento das mobilizacións, facendo una fronte común con todas as empresas afectadas pola problemática da poxa anual da interrumpibilidade.

miércoles, 18 de marzo de 2015

ACTUALIDADE

Constitución do Comité de Empresa

Onte levouse a cabo a constitución do Comité de Empresa conforme aos resultados das últimas eleccións sindicais.

Por CCOO:
                        Juan Carlos López Corbacho.
                        Nazario Miguel Arias Fuentes.
                        José Antonio Buyo Taboada.
                        Rubén Amado Martínez.
                        Jesús Miguel Conde Mosteiro.
                        Luís Aradas López.

Por UGT:
            José Ramón Paseiro Parcero.
            Manuel Ángel Iglesias Rodríguez.
            David De La Fuente García.

Por CIG:
            Julio Mauricio Moskowich Burgo.
            José Abraham Amado Pazos.

Por APC:
            Luís María Díaz Gutiérrez.
            José Torres Bellón.

Os cargos do Comité de Empresa son os seguintes:

Presidente: Juan Carlos López Corbacho.
Vicepresidente: Nazario Miguel Arias Fuentes.
Secretario: José Antonio Buyo Taboada.


Reunión das seccións sindicais de CCOO de Alcoa

hoxe reuníronse na Coruña as seccións sindicais de CCOO nas fábricas de Alcoa (Avilés, San Ciprián e A Coruña). Nesta reunión tratáronse distintos asuntos.

·         Debate sobre os últimos acontecementos.
·         Reorganización da sección sindical intercentros.
·         Situación das plantas.
·         Euroforum
·         Enerxía

Destacar que se acordou que no mes de Abril levarase a cabo unha conferencia en Ribadeo para elixir á nova executiva da Sección Sindical Intercentros de CCOO de Alcoa unha vez que os centros de Amorebieta e Alicante deixaron de pertencer á mesma.


Tamén que o vindeiro mércores 25 de Marzo, ás 16:00 horas, terá lugar nas instalacións do sindicato na Coruña, unha xornada sobre o sector enerxético moi interesante para as empresas do sector e sobre todo para as que estiveron implicadas na recente poxa de interrumpibilidade. Na mesma participarán, ademais do noso secretario xeral en Galicia Víctor Ledo, a compañeira Palmira García e os compañeiros Máximo Blanco e Juan Carlos Liébana da Federación Estatal, os cales poderán poñernos ao día das negociacións que se están levando a cabo co Ministerio de Industria para solucionar o problema do reparto dos incentivos de interrumpibilidade.