viernes, 27 de mayo de 2011

COMUNICADO DE PRENSA DO COMITE DE EMPRESA

No presente comunicado o Comité de Empresa de Alcoa Inespal S.A da Fábrica da Coruña, quere denunciar o sistemático incumprimento por parte da nova Dirección do Centro de tódolos acordos alcanzados ca anterior Xefatura de Planta. Entre estes incumprimentos están os seguintes:

 Esta Dirección está a incumprir o acordo de internalizar os traballos de mantenimiento, mantendo o emprego e mellorando a calidade e a seguridade do mesmo.

 A nova Dirección esta a fomentar a contratación en “precario” con entradas e saídas continuas dos novos traballadores o que supón un grave risco para a súa seguridade e a dos seus compañeiros.

 Estase a incumprir o acordo de ofertar o Contrato de Relevo por orde de entrada na Empresa. Sendo esta maneira de obrar un uso e costume de funcionamento na Fábrica dende o ano 1999. A Dirección esta a utilizar isto para aplicar un punto máis de presión sobre os traballadores eventuais, ofertando este contrato de maneira subxectiva, sen criterio e unilateralmente sen escoitar as múltiples protestas do Comité de Empresa.

 Non se está respetando o prometido durante unha asemblea pola anterior Dirección ó Comité de Empresa e a 40 traballadores contratados en outubro do 2009, de darlles continuidade na Fábrica se non había unha nova recesión do Sector do aluminio.

 A política desta Dirección e reducir plantilla nos talleres a consta da seguridade, da produción e da calidade do produto terminado, poñendo en perigo a viabilidade da Fábrica a medio prazo.

 Esta Dirección esta a dedicarse a amedrentar ós traballadores presentándolles uns malos resultados da Planta, con datos sesgados e baseados en dous anos de gran crise, pensando que así poderá facer unha xestión antisocial sen a oposición dos traballadores. Para o Comité os malos resultados son a consecuencia dunha Dirección da planta incompetente e da falta de inversións enfocadas o noso mercado.

 A política desta Dirección é pechar instalacións reducindo persoal e deslocalizando os nosos produtos, aínda que os nosos clientes os reclamen. Este Comité de Empresa aínda esta esperando unha solución o peche da instalación do Laminador. De ningunha das maneiras se permitirá que se quite un só tornillo desa instalación, mentres non se presente un plan de futuro para o Departamento da Fundición.

De manterse esta dinámica, nun breve prazo de tempo este Comité de Empresa convocará a unha asemblea os traballadores para propoñer mobilizacións.

martes, 24 de mayo de 2011

CONFLITOS COLECTIVOS

O pasado 31 de Marzo celebrouse o xuízo no Xulgado do Social Nº3, pola demanda de “Conflito Colectivo” que CCOO puxera contra a Empresa, polos seguintes temas:

- Niveles pendentes de negociar según a Acta Complementaria do Convenio Colectivo 2007-2009.
Sobre este punto, o Xuíz resolveu que a demanda no se axeitaba a Conflito Colectivo, deixando aberta a posibilidade á demanda individual.
Visto isto, CCOO está a tramitar reclamacións individuais de Dereito e Salarios ós afiliados, de Pastas, Electrólises e Fundición por non conseguir o Nivel 3, despois de estar fixada a data da revisión do Nivel 4 no “calendario” da Acta Complementaria. A revisión non se levou a cabo porque a Empresa xamais ofertou a formación do TPM que se había acordado na citada Acta.

- Superior Categorías e consolidacións de Niveles.
Neste asunto, o Xuíz remite a demanda de novo a reclamacións individuais. Polo tanto, CCOO tamén realizará as reclamacións individuais os afiliados que o desexen, por non consolidar o Nivel automaticamente, tendo cumpridas as condicións fixadas no art. 17 do Convenio Colectivo.

- Prima de Picado Preventivo para persoal de novo ingreso.
O Xuíz dálle a razón a CCOO, que demandaba que se lle pague a Prima de Picado Preventivo ó persoal de novo ingreso. A Empresa presentou recurso contra esta sentencia.

- Prima de Home Menos en pastas para persoal de novo ingreso.
O Xuíz dálle a razón a Empresa. CCOO presentou recurso contra esta sentencia.

Seguiremos informando.

viernes, 20 de mayo de 2011

CCOO anuncia que ya ha conseguido medio millón de firmas de apoyo a la ILP para cambiar la reforma laboral

Responsables de Organización y Afiliación de CCOO de sectores y territorios de todo el país se reúnen hoy en Madrid para analizar la evolución de la afiliación, la recogida de firmas de apoyo a la ILP para cambiar la reforma laboral, y la marcha de las elecciones sindicales.

20-05-2011 - La responsable de Afiliación de CCOO, Carmen Chacón, ha manifestado que el fuerte impacto de la crisis en el empleo y las políticas de ajuste y desregulación de derechos del Gobierno han afectado a la propia evolución de la afiliación, lo que exige del movimiento sindical y de CCOO una aproximación a las nuevas realidades del mercado laboral y de la afiliación, con especial atención a los parados de larga duración y a la progresiva precarización del empleo. "Se trata, en palabras de Chacón, de conocer las nuevas realidades sociales y laborales para hacer más eficaz la política de afiliación".

En relación con la recogida de firmas de la ILP, el secretario de Organización de CCOO, Antonio del Campo, ha confirmado que "en CCOO ya disponemos de 500.000 mil firmas, que sumadas a las de UGT superan con creces las exigidas legalmente, si bien continuamos recabando apoyos hasta la primera semana de junio. En opinión de este sindicato, la masiva recogida de firmas en poco más de un mes, es la más clara demostración del rechazo a una reforma laboral que abarata el despido, desregula derechos y devalúa la contratación y la negociación colectiva, a la vez que es necesario otra reforma como la que articula la ILP por el empleo estable y con derechos.

Finalmente, los/as responsables de Organización y Afiliación de CCOO han valorado los resultados de las elecciones sindicales que desde el último trimestre de 2010 se celebran en los centros de trabajo, y que convierten a CCOO, otro mandato más, en el primer sindicato del país, aumentando la diferencia que tenía hace cuatro años sobre el segundo sindicato UGT. Entre ambos sindicatos, expresión del sindicalismo de clase y representativo, suman el 76% de las delegadas y delegados elegidos en las elecciones.

CCOO

miércoles, 18 de mayo de 2011

REUNION DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA

O Comité de Empresa celebrou hoxe a terceira reunión da lexislatura, da que cabe salientar o seguinte :

o Praza de Medidas: Decidiuse que se convoque de novo a vacante ó considerar que as probas teóricas realizadas foran mal feitas, por non repartir entre os solicitantes un temario que estudar e facer as preguntas da proba sobre o mesmo.

o Prima de Resultados: Rexéitase a proposta da Empresa para o ano 2011 e decídese convocar á Comisión de Interpretación e Vixilancia por entender que a proposta vai en contra do art. 34 do Convenio (Prima de Resultados).

o Colonias Infantís: Informouse os distintos membros desta Comisión da necesidade de que teñan preparadas as súas propostas para o viaxe dos fillos dos traballadores de cara a unha reunión desta Comisión que se realizará en breve.

Seguiremos informando.

sábado, 14 de mayo de 2011

REUNION NA INSPECCION DE TRABALLO

Onte o Inspector de Traballo de Zona chamou a consulta a Representación dos Traballadores (RT)e a Representación da Empresa (RE) para tratar sobre dúas denuncias que a RT fixera en meses anteriores.

Unha das denuncias fora feita pola UGT sobre varios incumprimentos en Anexos. Sobre esta denuncia o Inspector decidiu pedir máis documentación para aclarar o obxecto da mesma.

A outra fora feita por CCOO ó traballar nas instalacións de Fundición sen o persoal mínimo necesario conforme os Procedementos de Traballo. Nesta ocasión a denuncia foi polo acontecido o 19 de Abril, ó manter a instalación da Vertical 1 en marcha con só dous traballadores.

Sobre está última denuncia o Inspector decidiu abrir “Acta de Infracción” á Empresa por “reiteración”, pois o ano pasado CCOO xa puxera a mesma de denuncia, por ter a Serra Imisa en marcha con só un traballador. Naquela o Inspector visitará a Fábrica e decidira paralizar a Serra ó detectar que se traballaba sen as barreiras de detección de presenza, facilitando o traballar cun só operario.

CCOO informou ó Inspector, de que a Empresa está a reducir persoal por debaixo do mínimo necesario para traballar, poñendo en risco os traballadores co realizan e incumprindo os procedementos de traballo. Tamén informou que a Empresa esta a facer unha política en contratación que incrementa os riscos para o novo persoal, con entradas e saídas continuas e realizando o traballo en ocasións sen a formación mínima e necesaria.

O Inspector, antes de rematar a reunión requiriulle a RE que lle presentaran toda a documentación sobre a formación dos traballadores contratados nos últimos 3 meses, así como os contratos de traballo dos mesmos.

Seguiremos Informando.