miércoles, 24 de diciembre de 2014

FELICES FESTAS !!!!!

Nestas datas de celebración os Traballadores e Traballadoras da Fábrica de Aluminios da Coruña temos un dobre motivo para gozar coas nosas familias delas. Conseguimos a nosa máis urxente necesidade, retirar o expediente de despedimento colectivo que pendía sobre todos nós, e o fixémolo unha vez máis dando un exemplo de loita e esforzo.

Todos os que traballamos nesta fábrica estamos orgullosos do compromiso mostrado nesta loita. Temos que seguir no noso esforzo e ser perseverantes, quédanos unha longa loita na defensa do noso centro de traballo e seguro que sairemos vitoriosos se nos mantemos tan unidos como sempre.

Dende CCOO queremos agradecervos todo o apoio que brindastes ao Comité de Empresa, sodes moi grandes compañeiros e compañeiras. Os mesmos agradecementos a todos aqueles que sen ser traballadores da fábrica estiveron a apoiar a todo a plantilla.


Descansade e collede folgos Compañeiros e Compañeiras.


O futuro depende de nós e imos a por todas...!!!

FELICES FESTAS!!!!

sábado, 13 de diciembre de 2014

MANIFESTACIÓN DA FÁBRICA DE ALUMINIOS DA CORUÑA

      Onte os compañeiros e compañeiras da fábrica de aluminios da Coruña destes unha nova lección de compromiso e loita pola defensa da nosa fábrica. 


      Era emocionante ver como debaixo dunha forte choiva gritabamos e marchabamos todos xuntos contra a idea de que nos pechen a nosa fábrica; antigos compañeiros e compañeiras, familiares, empresas auxiliares de fábrica, sindicatos, partidos políticos, asociacións de veciños, asociacións de comerciantes, o corpo dos bombeiros, empresas da cidade e comarca, os compañeiros da fábrica de San Ciprián, e como non,  os nosos compañeiros da fábrica de Avilés que o están pasando tan mal como nós.




NON O CONSEGUIRAN COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS !!! Os que pretenden facer isto non calcularon a quen se enfrontan.


ÁNIMO COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS !!!


XUNTOS NON PODERÁN CONNOSCO.!!!


ALCOA NON SE PECHA...!!!!

domingo, 7 de diciembre de 2014

CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS

MOBILIZACIÓNS SEMANA DE 8 DE DICIEMBRE

  Compañer@s o próximo venres 12 de decembro, esta convocada  na nosa fábrica unha folga de 24 horas dende a 6 da mañá. Logo ás 7 da tarde sairemos en manifestación dende a Praza da Palloza ata a delegación do Goberno da Coruña. 



    Estas movilizacións son de vital importancia na loita polos nosos postos de traballo. A primeira acción é en resposta a como nos está a tratar Alcoa (como se fosemos animais) neste conflicto da subasta de interrumpibilidade. A segunda é para demandar dos nosos gobernantes unha solución á chapuza feita na subasta, polo que necesitamos seguir concienciando da nosa difícisituación aos medios de comunicación e a cidadanía da Coruña. Non podemos permitir que polo erro de algúns paguen tantos miles de familias.
OCTAVILLA MANIFESTACIÓN 12 DE DICIEMBRE

      O 12 de decembro Dende esta CCOO animámoste a que participes nestas movilizacións. Estamos seguros que o farás, porque ninguén vai defender mellor que ti mesm@ o teu posto de traballo e o teu futuro.


ÁNIMO COMPAÑEIR@S!!!!
CO ESFORZO DE TOD@S CONSEGUIRÉMOLO!!!!

lunes, 1 de diciembre de 2014

ALCOA DE ETICA NADA...

A Dirección informou hoxe ao Comité de Empresa que habían decido iniciar un procedemento de despido colectivo que contaba a partir da comunicación, o período legal establecido para a negociación do mesmo é de 30 días naturais. Ao mesmo tempo informaba que esperaban reverter a situación si acadaban un bo resultado na segunda poxa que esta prevista para mediados de decembro conseguindo unha prima de interrumpibilidade de cara ao 2015 a un prezo axeitado.

O Comité de Empresa recriminoulle á Dirección a decisión tomada e que estiveran a tratar aos traballadores como auténticos feirantes. Ademais pretendían que mañá martes o Comité se reunise en Madrid xunto co Comité de Avilés para continuar co proceso do procedemento de despido colectivo. O Comité negouse por ter convocada unha Asemblea, e considerar unha falta de respecto o pretender suspender a mesma e máis despois do anuncio da empresa.



A solución de este conflito pasa en principio ven, por adquirir un bloque de 90MW e catro de 5MW na segunda poxa ou, porque o Goberno decida unha moratoria e anule a primeira poxa mantendo o sistema anterior, mentres non se atope unha solución axeitada. Para CCOO a mellor é a segunda opción pois o sistema que se creou ten moitas deficiencias.

·         O permitir que a unha mesma poxa accedan empresas nas que o impacto dos custos de enerxía, dentro dos seus custos totais, sexa tan desigual. Isto ocasiona que a empresa na que os custos enerxéticos teñen menor impacto teña máis vantaxe ao ter máis marxe en poxa. Devandito isto, vaise a dar o caso de que a empresa que máis enerxía pode poñer ao servizo dá comunidade, ante un corte pola interrumpibilidad, é a que menos percibirá por MW. E ademais estamos comprobando que é a que ten máis papeletas para quedarse fose do sistema.

·         Na poxa de bloques de 90MW, ao haber máis demanda que oferta vanse a quedar fora empresas declaradas como gran consumidoras e que necesitan un prezo competitivo para a súa viabilidade, condenándoas de antemán ao máis absoluto desastre e sen posibilidades de sobrevivir durante un ano nesas condicións. Con este sistema en menos de cinco anos a gran industria do noso país desaparecería.

·         O sistema anual de poxa xenera moita inestabilidade nas empresas grandes consumidoras. Ó non ter a certeza dun suministro eléctrico que garanta os beneficios, non se acometerán os investimentos máis importantes e necesarias, xa que estas normalmente se amortizan a varios anos. Ó realizar a poxa a finais de ano e para o exercicio seguinte, supón que non se poidan elaborar os orzamentos para o ano seguinte e tamén perder carteira de clientes por non poder pechar pedidos.

            Nós entendemos que a solución pasa porque os 550 millóns que ai para os incentivos para a interrumpibilidade se repartan proporcionalmente ao consumo que teñen os centros de traballo sempre tendo en conta o impacto da factura eléctrica nos seus custes totais.

            Compañeiros e compañeiras son momentos difíciles, pero estamos convencidos que permanecendo unidos, con traballo e loita sairemos airosos de este novo reto.