jueves, 27 de septiembre de 2012

PRÓXIMAS MOBILIZACIÓNS


Antes de nada, dende CCOO queremos agradecer a todos os compañeiros e compañeiras que participaron nas concentracións de onte mércores na Delegación do Goberno e hoxe xoves en Santiago a vosa presenza nestas e determinación demostrada para defender os nosos centros de traballo e os postos de traballo que deles dependen. Os mesmos agradecementos para todos e todas os que quixestes estar alí e non puidestes, e como non, para todos os que dalgunha forma participastes nas máis de vinte mobilizacións que se realizaron polo Expediente de regulación de Emprego e a regulación da Tarifa eléctrica.

Temos que seguir así, de momento non temos nada que nos asegure a viabilidade da Fábrica nin por parte de Alcoa, nin do Goberno, nin das eléctricas. Hoxe tanto o Conselleiro de Industria coma o presidente da Xunta dixeron que se está a traballar ao máis alto nivel (Ministro de enerxía e Presidente do Goberno) para dar unha solución ao problema de Alcoa. Mentres non chegue esa solución teremos que facernos oír nas mobilizacións, tanto nas que se convoquen dende o noso centro de traballo coma nas que programen nos demais centros de Alcoa, sen esquecer os actos políticos que se desenvolverán con motivo das eleccións Galegas  do 21 de Outubro.



O 8 de Outubro estamos convocados a unha mobilización a nivel nacional en defensa da industria. En Galicia esas manifestacións levaranse a cabo nas cidades de Vigo e Ferrol. As Fábricas de Alcoa de San Ciprián e Coruña iremos a Ferrol e alí volveremos reclamar unha solución ao noso problema. Tan pronto dispoñamos de carteis informativos farémosvolos chegar, pero adiantámosvos que a manifestación será o día 8 de Outubro (Luns) ás 20:00 en Ferrol, dende CCOO fretásense autocares que sairán da explanada do sindicato (Alfonso Molina) ás 19:00 horas.


O 10 de Outubro está prevista polo Comité de Empresa unha Manifestación ás 17:45 horas (en roupa de traballo) dende a Fábrica ata a Delegación do Goberno pasando previamente pola Rotonda de Mato Grande e baixando a Alfonso Molina para chegar á Delegación. Esta Manifestación está pendente do que teña que dicir a Subdelegación do Goberno á cal se lle comunico.
Seguiremos informando.
 
ALCOA, A LOITA CONTINUA....
 

viernes, 21 de septiembre de 2012

MOBILIZACIÓNS !!!!


Madrid, 15 de Setembro 2012
Esta Sección Sindical de CCOO quere facer constar que despois de dar xa unha marxe máis que amplo para unha solución ao problema da regulación da tarifa eléctrica para grandes consumidores, e despois de dicirnos os nosos Gobernantes que no mes de Agosto podería resolverse, atopámosnos nunha situación crítica para a supervivencia da nosa Fábrica e o mantemento dos nosos postos de traballo no futuro inmediato.

Quedan algo máis de tres meses para o remate do contrato de enerxía que temos coa empresa subministradora actual, e o Goberno aínda non fixo nin dixo cal será o marco regulatorio no que se terán que mover os grandes consumidores como Alcoa. Isto atrasa un posible acordo de suministro para o futuro coas empresas subministradoras e que fai que os nosos clientes teñan dúbidas de si seremos capaces de subministrarlles no futuro correndo o risco de perdelos definitivamente aínda que se resolva para a nosa empresa esta problemática enerxética.
Burela, 20 de Setembro 2012
    
POR TODO ISTO:
·         Chegou a hora de recordarlle aos nosos Gobernantes e políticos as súas palabras e compromisos para connosco...
·         Chegou a hora de mobilizarnos e de defender con todas as nosas forzas o noso traballo e o pan dos nosos fillos...
·         Chegou a hora de aparcar vellas e novas disputas e sacar a diante a Fábrica...
·         Chegou a hora e xa non valen escusas.
     
Nas próximas mobilizacións e actos que o Comité ten convocados e convocará temos que estar todos e máis...


MOBILIZACIÓNS INMEDIATAS:

                                     26 DE SETEMBRO                                                   
 
 

27 DE SETEMBRO
 

lunes, 17 de septiembre de 2012

SEN ENERXÍA NON HAI FUTURO


O comité de empresa convocou unha Asemblea Informativa para o próximo venres 21 de Setembro ás 15:30 horas no comedor social da empresa. Nesta asemblea avaliarase o continuo aprazamento do Goberno na solución enerxética para as empresas grandes consumidoras de enerxía como Alcoa, e a necesidade de volver premer o Goberno e demais partidos políticos dende a mobilización para alcanzar unha solución o antes posible que garanta os empregos e a continuidade da actividade industrial da nosa Fábrica.
 



Por este mesmo motivo o Comité de Empresa convocou xa unha concentración dos traballadores de Alcoa diante da Delegación do Goberno en Galicia na Coruña o próximo 26 de Setembro ás 12 da mañá. Tamén se está en conversacións cos Comités de Empresa de Avilés e San Cibrao para realizar accións conxuntas nesta demanda. A primeira destas mobilizacións espérase levala a cabo antes de final de mes e informásese diso o antes posible.


Seguiremos informando