martes, 24 de mayo de 2016

ALCOA CONFIRMA A POSIBILIDADE DE VENTA DAS PLANTAS ESPAÑOLAS

Hoxe ó mediodía o Comité de Empresa reuniuse coa dirección para que se lle informara sobre as noticias que saíron onte coa posta en venta das factorías que Alcoa ten en España.

A dirección informou que Alcoa dentro do proceso aberto non contempla só unha posible venta das factorías como único escenario, se non que dentro da estratexia como grupo non descartan outras alternativas viables como unha fusión ou sociedade con outros grupos, mesmo clientes.

Segundo a dirección este proceso está nunha fase inicial e aseguran que non hai ningunha decisión tomada ao respecto. As visitas que se están recibindo están compostas duns asesores que contratou Alcoa xunto con analistas de grupos industriais e fondos de inversións. Estas visitas repetiranse con outros grupos de inversión interesados nas plantas nas próximas semanas.

Argumentando non ser favorable para os intereses da empresa e que tiñan un contrato de confidencialidade firmado a empresa elude dar os nomes dos grupos interesados nas plantas que a visitaron ata o de agora.
O Comité de Empresa solicitou unha reunión co Presidente de Alcoa España para que informe sobre este proceso e tamén sobre as previsións da empresa para a próxima subasta de interrumpibilidade, así como do punto en que está a segregación de Alcoa. Mañá ao mediodía unha representación do Comité de Empresa reunirase con Alcalde da cidade para transmitirlle  a preocupación por esta situación.

Dende as Seccións sindicais das CCOO das fábricas de Alcoa solicitamos unha reunión coa dirección en España. Tamén solicitamos a reunión urxente do Comité Europeo (restrinxido) de Alcoa  coa invitación de todos os membros Españois para que a dirección Europea da compañía dé toda a información ao respecto deste proceso.

En CCOO reclamamos a máxima información e transparencia  neste proceso e traballaremos para implicar no mesmo ás distintas administracións, así como aos partidos políticos para o resultado final garante o futuro da actividade da nosa fábrica e todos os postos de traballo que dela dependen.  


Seguiremos informando.