jueves, 26 de agosto de 2010

REVISIÓN DO TEXTO DO CONVENIO

Ás dez da mañá de hoxe a Representación da Empresa (R.D) e a Representación dos Traballadores (R.T) mantiveron unha nova reunión de negociación do Convenio Colectivo.

Durante a mesma a R.T dou un repaso a todo o articulado do Convenio, parándose nas incorporacións de texto que a R.D propuxera, e tamén en tódolos artigos que a R.T considerou que deberían de ser modificados (artigos 3, 12.1, 17.2, 18.6, 20, 23.2, 23.8.1, 24, 30, 31, 32, 33, 34, 46, 47). En algunha destas modificacións propostas pola R.T chegouse a acordo, nas que non o texto seguirá igual, e quedan algunhas nas que a R.D dixo que as consultaría e daría contestación.

No resto do articulado a R.T considerou que a R.D fixera as revisións axeitadas ou pactadas, así coma no novo articulado referente a Lei para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes, que salvo un pequeno cambio para axeitala a Normativa Galega, vale a proposto da R.D.

O seguinte paso vira agora por parte R.D, quen entregará un novo texto con todos os acordos da reunión de hoxe. Esperamos que no mesmo tamén inclúan as propostas que teñen en consulta, pra cerrar un preacordo de Convenio e presentalo en Asemblea ós Traballadores.

Seguiremos informando.

miércoles, 18 de agosto de 2010

REUNIÓN DE NEGOCIACIÓN DE CONVENIO

Hoxe reuniuse de novo a Mesa de Negociación do Convenio Colectivo, co fin revisar o texto do novo Convenio, e poder pechar un preacordo definitivo para presentalo a valorar ós traballadores en Asemblea Xeral.

A Representación da Dirección (R.D, presentou un texto de Convenio incluíndo o acordado en materia económica e tamén algún texto novo xa acordado con anterioridade. Agora será a Representación dos Traballadores (R.T) quen terá que revisar ese texto entregado pola R.D, para asegurarse de que non falte nada, nin se cole nada, que poida prexudicar ós traballadores.

Nun principio, fixouse unha nova reunión para o próximo venres, que se levará a cabo, si da tempo a revisar ven todo o texto.

Seguiremos informando.

viernes, 13 de agosto de 2010

REARRANQUE EN ALCOA AVILÉS

Os compañeiros de Avilés conseguiron o pasado venres poñer en marcha a primeira cuba de Electrólises.

O pasado venres, tras largas horas de intenso traballo e tensión, os compañeiros Asturianos conseguiron poñer en marcha a primeira cuba “nodriza”, este gran logro permitirá a partir de agora ir estendendo o rearranque ás demais cubas de maneira menos crítica e máis rápida.O Xefe de Planta anunciaba este feito pasadas as sete da tarde do mesmo día agradecendo e recoñecendo o esforzo feito por tódolos traballadores.

Membros da Sección Sindical de CC.OO da Planta Avilesina estiveron presentes durante todo o proceso, acompañando e apoiando ós compañeiros neste duro traballo, e manifestaron sentirse totalmente satisfeitos do resultado do arranque que asegura nada menos co futuro de tódolos que traballan na Fábrica.

Dende a Sección Sindical de CC.OO da Fábrica da Coruña aproveitamos para darlle ánimos e recoñecemento a gran labor realizada por tódolos traballadores da Fábrica de Avilés, que levan loitando máis de dous meses para reinvertir a situación catastrófica en que os deixou as inundacións sufridas a madrugada do 10 de Xuño.

¡¡¡ ÁNIMO COMPAÑEIROS XA FALTA MENOS !!!

jueves, 12 de agosto de 2010

O COMITÉ DE FOLGA E A EMPRESA CHEGARON A UN PREACORDO SOBRE A PARTE ECONÓMICA DO NOVO CONVENIO.

Ás dez da mañá de hoxe, o Comité de Folga (en diante C.F) e Representación da Empresa (en diante a R.D), mantiveron unha reunión extraordinaria de negociación, convocada onte a última hora da mañá pola R.D.

Apurando o tempo de que se dispón ata o comezo da Folga, a R.D fixo unha nova oferta baseada en engadirlle á última proposta económica que fixeran (10/08/10), as seguintes melloras sociais:

- 1 día natural por Bautizo, ou similar doutra relixión dos fillos de traballadores.
- 1 día natural por Primeira Comunión, ou similar doutra relixión dos fillos de traballadores.
- 1 día natural por por matrimonio de pais do traballador.
- No caso de permiso por hospitalización, si houbera dous ou máis familiares con dereito a dispoñer deste permiso, este poderá collerse de maneira consecutiva mentres dure a hospitalización, sendo o primeiro permiso coincidente coa data do feito causante.
- Axuda á Gardería, na mesma contía que Educación Infantil.
- Ampliación da xornada intensiva ó mes de maio, a partir do ano 2011.
- Contratación Eventual, incluír no Convenio a prorroga de hasta 12 meses nun período de 18 meses dos contratos de duración determinada por causas da produción, acumulación de tarefas e excesos de pedidos, según o establecido na lexislación vixente.

Despois dun receso o C.F comunicoulle a R.D que aínda que agradecía a mellora social na proposta da R.D, esta seguía sendo insuficiente economicamente. Seguidamente o C.F fixo unha nova proposta, elaborada durante o receso, que aínda mantendo en valor a da última do C.F do 10 de Agosto, facíao a través doutra das reivindicacións da Plataforma de Convenio, como é a aportación dos traballadores ó Fondo de Axuda.

PROPOSTA:

Aportación máxima do traballador o Fondo de Axuda o 0,5% do salario bruto (actualmente no 1%). Máis o ofrecido pola R.D na última proposta económica (10/08/10):

- Vixencia de Convenio: 2010-11-12-13-14
- Plus Turno: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Plus Xornada Frac.: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Prima de vacacións: 75€ (2012), 100€ (2013), 150€ (2014)
- Prima Fixa: 3% (2011), 5% (2012), 5% (2013), 5% (2014) (porcentaxes a aplicar sobre a táboa salarial do 2009).

Todas as melloras sociais propostas anteriormente pola R.D., máis:
1 día natural por finamento de Tíos consanguíneos do traballador.
Mesmo permiso que temos en Convenio para o nacemento de fillos, tamén para a adopción.

Tras un novo receso, para deliberar, a R.D comunicoulle o C.F aceptaban esta proposta do C.F, pero matizando que a aportación do 0,5% como máximo do salario bruto do traballador ó Fondo de Axuda, sería a partir do 2011, e o permiso de adopción se integraría nos permisos da Lei de Igualdade. Tras uns breves comentarios entre os membros do C.F, aceptouse o matizado pola R.D, e firmouse un preacordo recollendo tódolos puntos.

Esta acordo económico arroxa os seguintes porcentaxes de incremento:

(Traballador a 21 Turnos Nivel 4) (IPC real estimado para o cálculo 1%)
- O incremento de media por ano, aparte do IPC real é do 1,18%
- O incremento total dos 5 anos de Convenio, aparte do IPC real é do 5,91%

(Traballador a Xornada Nivel 4) (IPC real estimado para o cálculo 1%)
- O incremento de media por ano, aparte do IPC real é do 1,31%
- O incremento total dos 5 anos de Convenio, aparte do IPC real é do 6,53%

Alcanzado este preacordo sobre a parte económica o C.F decidiu desconvocar folga para os días 13, 14 e 15 de Agosto. Agora queda por cerrar a parte de revisión do texto de Convenio antes de presentar o preacordo completo a Asemblea de Traballadores.

Seguiremos informando.

martes, 10 de agosto de 2010

REUNIÓN DE NEGOCIACIÓN

Como xa adiantamos o pasado xoves, hoxe tivo lugar unha nova reunión de negociación entre a Representación Dirección (en diante R.D) e o Comité de Folga (en diante C.F). Comezada a reunión a R.D fixo unha nova proposta económica, que o C.F considerou insuficiente tendo en conta o acordado na última asemblea. A proposta constaba de:

- Vixencia de Convenio: 2010-11-12-13-14
- Plus Turno: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Plus Xornada Frac.: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Prima de vacacións: 75€ (2012), 100€ (2013), 150€ (2014)
- Prima Fixa: 1% (2011), 1% (2012), 2% (2013), 5% (2014) (porcentaxes a aplicar sobre a táboa salarial do 2009).


Esta oferta non chegaba a alcanzar de media por ano, o 0,6% de aumento salarial por riba do IPC real (traballador Nivel 4 Turno), no total dos 5 anos ( 2,75%). Cando na Asemblea de Traballadores fixouse o 1,5% de incremento mínimo por riba do IPC real para desbloquear a situación actual.

Despois de un receso, a R.D fixo unha última oferta salarial, que de novo o C.F considerou insuficiente, cos mesmos argumentos, pois non alcanzaba co mesmo exemplo anterior, o 1% de media de incremento sobre IPC real, no total dos 5 anos (3,80%).

Proposta:

- Vixencia de Convenio: 2010-11-12-13-14
- Plus Turno: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Plus Xornada Frac.: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Prima de vacacións: 75€ (2012), 100€ (2013), 150€ (2014)
- Prima Fixa: 3% (2011), 5% (2012), 5% (2013), 5% (2014) (porcentaxes a aplicar sobre a táboa salarial do 2009).


Tras un novo receso, e co ánimo de chegar a un acordo, o C.F fixo a seguinte proposta:

- Vixencia de Convenio: 2010-11-12-13-14
- Plus Turno: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Plus Xornada Frac.: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Prima de vacacións: 75€ (2012), 100€ (2013), 200€ (2014)
- Prima Fixa: 3% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 15% (2014) (porcentaxes a aplicar sobre a táboa salarial do 2009).


Con esta proposta o incremento medio por ano (despois do IPC real) para un traballador a Turno con Nivel 4 sería do 1,14%, e o mesmo traballador a xornada tería un incremento do 1,34%, as porcentaxes acumuladas despois de IPC real nos 5 anos de Convenio serían 5,70% e 6,71% respectivamente.

Tras un corto receso a R.D dixo que non podía aceptar a proposta do C.F, e solicitou do mesmo que considerase a última proposta feita por eles. O C.F díxolle a R.D que a proposta non alcanzaba o acordado na Asemblea, e polo tanto a Folga estaba convocada e levaríase a cabo.

Seguiremos informando.

jueves, 5 de agosto de 2010

REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ DE FOLGA & DIRECCIÓN

O Comité de Folga e a Empresa reuníronse hoxe ás dez da mañá. Esta reunión foi convocada onte pola Empresa tras coñecer a decisión da Asemblea de acudir a folga os días 13, 14 e 15 de Agosto.

A Dirección fixo unha valoración da situación actual e da decisión tomada pola Asemblea de Traballadores, e comunicou a súa predisposición para tratar de acercar posturas de cara a chegar a un acordo.

O Comité de Folga contundente na súas intervencións, trasladoulle a Empresa, que non ían a consentir ningunha chantaxe sobre o Contrato de Relevo, tal e como dixera a asemblea. E tiñan asumido a perda do mesmo para os traballadores de 60 anos, e que si querían, aínda estaban a tempo de rexistrar o acordo firmado, para que isto non sucedese. E que a única maneira de desbloquear a situación actual, era facendo unha oferta económica suficiente.

Tras un receso a Dirección comunicoulle o Comité de Folga que mañá rexistrarían o acordo firmado sobre o Contrato de Relevo, para que os traballadores de 60 anos non perdan o dereito a xubilación parcial, aínda que non se poderá executar ata non ter firmado o Convenio.

Finalmente, a Empresa emprazou o Comité de Folga para o martes día 10, onde adiantou que fará unha nova proposta económica co fin de chegar a un acordo.

Seguiremos informando.

martes, 3 de agosto de 2010

DECIDIDAMENTE FOLGA ! ! !

A Asemblea de Traballadores celebrada hoxe decidiu finalmente acudir a folga despois de valorar como insuficiente a última proposta económica da Empresa.

As “pírricas” cantidades ofrecidas pola empresa para 5 anos de Convenio foi o detonante para acadar esta decisión, e tendo en conta que con elo tamén se rexeitaba o contrato de relevo para ós traballadores que cumpran 60 anos antes do 1 de xaneiro do 2013, e a partir desta decisión, só será posible para ós traballadores que cumpran 61 anos.

A folga iniciarase o 13 de Agosto ás 6 da mañá e rematará o 16 de Agosto á mesma hora.

¡ ¡ ¡ FOLGA ! ! !

¡ ¡ ¡ POR UN CONVENIO ACORDE COS BENEFICIOS DE ESTA EMPRESA ! ! !