lunes, 29 de mayo de 2017

CONVENIO DO METAL !!!


Participa...!! En apoio á miles de Trababallador@s que teñen a referencia neste Convenio.
MAÑÁ PODES SER TI...!!!


martes, 9 de mayo de 2017

CONVENIO PARADO, PATRÓN COLGADO !!!

Logo da asemblea de onte, onde unha aplastante maioría  decidiu convocar folga ante a falta de avance nas negociacións do novo Convenio Colectivo, debido ao bloqueo e desidia da empresa e como xa dixemos entón, Comisións Obreiras comparte totalmente as reivindicacións dos traballador@s e apoiaremos calquera medida de presión que o Comité de Empresa teña a ben promocionar. 

O persoal da fábrica leva moito sufrido nos últimos anos e non se merece o trato que esta Dirección lle esta dando. Estamos convencidos que chegou o momento de loitar pola consecución dun Convenio en boas condicións e aí estaremos en todo o que faga falta.

Compañeiros e Compañeiras é o momento de facerlle ver a esta Dirección que imos loitar, como xa saben que sabemos facelo, por un Convenio digno e de recuperación.

Deixámosvos dous comunicados que realizou o Comité de Empresa desde a asemblea de onte, unha nota de prensa e o Comunicado de hoxe ao persoal.


Forza e adiante compañer@s  !!!