viernes, 30 de marzo de 2012

COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO E.R.T.E

Na reunión de hoxe a Comisión de seguimento tratou os seguintes asuntos:

Listados do 1º Grupo do E.R.T.E:

A Dirección entregou a lista do 1º Grupo do E.R.T.E. coas modificacións anunciadas no colectivo de Barristas e da Fundición. Ademais informou que este primeiro grupo de 46 traballadores reduciuse a 44 traballadores pola aceptación de dúas baixas incentivadas máis. Tamén informou que oficialmente habían comunicado (ven por escrito ou por telefono) a os integrantes do primeiro grupo as datas de vacacións e suspensión de contrato, convocándolles para máis adiante a firmar toda a documentación necesaria para que a empresa xestione co INEM a prestación pola suspensión do contrato. A Dirección dixo que tamén habían feito a mesma comunicación cos destinados á internalización de traballos, informándolles das datas de vacacións e incorporación á internalización. A Representación dos Traballadores (RT) recriminoulle á Dirección, unha vez máis, a tardanza na comunicación cos traballadores, por entender que deberían habelo feito o mesmo tempo que entregaron o listado ó Comité de Empresa, e que si despois había algún cambio resolveríase cos implicados. A Dirección dixo que tomaban nota para corrixilo no futuro.

Traslados a San Cibrao:
A Dirección informou que durante a segunda quincena de Abril celebraranse as entrevistas cos solicitantes de traslado. Tamén adiantou que en Abril levarase a cabo o primeiro dos traslados e dous máis no mes de Maio. Dixeron tamén que nos últimos días tiveran que rexeitar unha nova solicitude para San Cibrao por estar fora do prazo.

Calendarios durante o E.R.T.E:
Electrólises: Os Cubistas e Preventivo seguiran co seu formato de calendario, os Barristas de Serie 1 que se incorporen á Serie 2 realizarán o calendario de destino (6-4).
Fundición: O equipo de Tochos, serra Imisa e transportistas seguirán o mesmo calendario actual. Para realizar a produción de Placas (800 Tm/mes), pequenos traballos de mantemento, cubrir baixas nos turnos e dar relevos para formación aos turnos crearase unha bolsa de 6 polivalentes A (dos máis antigos), divididos en dous grupos co mesmo formato de calendario co picado preventivo das Series; turno de mañá de luns a venres (5-2) e turno de tarde de luns a xoves (4-3).
PAC: Os formatos dos calendarios non sufrirán cambios.
Mantemento Central: Os axudantes dos mecánicos de turno pasarán a xornada para reforzar o mantemento programado na Serie parada. Os traballadores destinados á limpeza estarán de xornada (3 traballadores) e turno de tarde (4 traballadores). Este calendario non é definitivo, vaise revisar por encontrar deficiencias que poden empeorar a calidade no servizo.

Por último, aínda que non teña nada que ver co tratado na reunión da Comisión de Seguimento e sen que sirva de precedente queremos aproveitar esta comunicación para informar a todos os que están a dicir que CCOO votou permiso para a Folga do pasado 29 de Marzo, o seguinte:

DENDE SEMPRE PARA EVITAR QUE A EMPRESA NOMEE SERVIZOS MÍNIMOS AOS DELEGADOS DESTA SECCIÓN SINDICAL E PODER ASÍ ORGANIZAR E PARTICIPAR NOS PIQUETES INFORMATIVOS DA EMPRESA E DE FORA BÓTASE PERMISO SINDICAL.
ESTE PERMISO SINDICAL SEMPRE VAI ACOMPAÑADO DUNHA NOTA NA QUE SE PIDE O DESCONTO DO DÍA DE FOLGA PARA TODOS OS DELEGADOS QUE LLE TOCASE TRABALLAR.



Axuntamos foto do correo electrónico onde se comunica o permiso para ese día coa petición do desconto do salario. Os nomes están borrados para non incurrir en ningúnha falta contra lei de protección de datos. O orixinal está a disposición de que o queira ver.

lunes, 26 de marzo de 2012

FOLGA XERAL !!!!



COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS

O próximo xoves 29 de Marzo temos que tomar a calle e parar isto ....
QUEREN ACABAR CON TODO !!!

Non só veñen polos nosos dereitos, loitados durante decenas de anos.

Veñen polo futuro dos nosos fillos, aos cales queren escravizar.... E NON PODEMOS CONSENTILO !!!

SÚMATE Á FOLGA XERAL DO 29 DE MARZO

TAMÉN CHE AFECTA A TI !!!

PARTICIPA CON CCOO NOS PIQUETES INFORMATIVOS

O 29 DE MARZO ÁS 12 DA MAÑÁ

¡¡¡¡MANIFESTACIÓN!!!!
TODA ALCOA DETRAS DA NOSA PANCARTA

¡¡¡¡ NON PODES FALTAR !!!!

viernes, 23 de marzo de 2012

INTERCENTROS CCOO ALCOA


SECCIÓN SINDICAL INTERCENTROS DE CC.OO. DE ALCOA

RESOLUCIÓN

La Sección Sindical Intercentros de CC.OO. de Alcoa, ante la convocatoria de Huelga General en todo el Estado para el 29 de Marzo de 2012, en contra de la Reforma Laboral y los Recortes en los Servicios Públicos, manifiesta su más amplia repulsa ante los métodos empleados por el actual Gobierno para acabar, de una vez por todas, con todos y cada uno de los derechos logrados por los trabajadores a través de luchas y reivindicaciones históricas de la clase trabajadora de este país.

Esta sección sindical considera que el camino trazado por la comunidad europea a sus países miembros no es más que la hoja de ruta diseñada por los mercados y grandes corporaciones empresariales y bancarias, seguidas a fe ciega por los gobernantes títeres. Es una forma, y la más grave, de acabar con los trabajadores y sus derechos e implantar una dictadura económica donde el mayor enemigo es el trabajador y su capacidad de lucha.

Esta Reforma laboral y reformas sociales suponen, no ya un retroceso en derechos, sino un atentado directo a toda la sociedad y los derechos adquiridos a lo largo de la historia que no podemos permitir salga adelante y que necesita una respuesta contundente, y prolongada en el tiempo, de la que el 29 de marzo debe ser el primer paso.

¿Qué supone esta Reforma laboral y por qué necesita una contestación dura y contundente?:

- No servirá para la creación de empleo.
- Facilita y abarata, aún más el despido.
- Implanta la dictadura empresarial en la modificación de las condiciones de trabajado.
- Privatiza la gestión del desempleo provocado por esta misma reforma.
- Desvincula y legaliza los incumplimientos de convenios y pactos por parte de las empresas.
- Elimina el mismo control ejercido por la autoridad laboral en materia de regulación de empleo dotando de total soberanía a los empresarios a la hora de las medidas a tomar.

Para esta Sección Sindical supone un retorno a las condiciones laborales del principio de la era industrial del siglo XIX donde el trabajador era tratado como esclavo.

Por todo lo anteriormente mencionado la Sección Sindical Intercentros de CC.OO. de Alcoa da todo su apoyo, respaldo y secundará la Huelga General del 29M convocada por los sindicatos de clase CC.OO. y UGT.

No existen más escusas, sólo existen motivos para que todas y todos los trabajadores de Alcoa secunden la Huelga general del próxima 29 de Marzo y participen activamente en los distintos actos programados para ese día con el fin, claro y rotundo, de derogar la Reforma Laboral y los Recortes en Servicios Públicos.


Madrid 21 de Marzo de 2012.


Sección Sindical Intercentros de CC.OO. de Alcoa

miércoles, 14 de marzo de 2012

MOBILIZACIÓN !!!!


¡¡¡¡ RECORDA !!!!

ASEMBLEA XERAL INFORMATIVA O PRÓXIMO VENRES 16 DE MARZO ÁS 15:00 HORAS NO COMEDOR SOCIAL.

martes, 13 de marzo de 2012

COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO E.R.T.E.

A Comisión de Seguimento do E.R.T.E reuniuse hoxe por primeira vez ás 10:30 da mañá. A Dirección informou que debido a motivos técnicos o recorte de produción faríase progresivamente nunha nova distribución, parando antes do 1 de Abril a segunda metade da Serie 1, rematando a parada programada no mes de xullo. A Dirección recalcou que esta nova distribución pode minorar o impacto sobre os traballadores, pero que non cambia nada sobre o obxectivo final, que segue sendo a redución de produción de 45.000 Toneladas.

Segundo a Dirección teñen pendentes oito peticións de traslados a San Cibrao, que terminaran de materializarse (nalgún caso) no mes de Setembro, posto que ó realizarse mediante Contratos de Relevo os traballadores solicitantes terán que esperar polo posto de traballo que deixe o traballador relevado. Sobre as baixas incentivadas dixeron que levaban máis de 15 solicitudes e que tiñan un presuposto limitado debido ás circunstancias económicas actuais e que de momento non tiñan ningunha confirmada.

A Dirección comprometeuse a entregar a RT a relación de traballadores do primeiro grupo o próximo venres 16 de Marzo nunha nova reunión da Comisión. Para ese mesmo día o Comité de Empresa convocou unha Asemblea Informativa no Comedor Social ás 15:00horas, na cal detallará todo o falado hoxe, máis o que se trate ese día.

Seguiremos informando.

viernes, 2 de marzo de 2012

CARAVANA DE ALIMENTOS



Temos un longo camiño por diante ..... e temos que seguir reclamando a atención das distintas
Administracións e dos Medios de Información sobre a necesidade de conseguir un contrato de enerxía competitivo que nos de estabilidade. E temos que combinar as Mobilizacións tratando de ser creativos.

Con este e outros actos humanitarios os traballadores e traballadoras da Fábrica de ALCOA ademais de reivindicar unha solución de futuro para a planta queremos agradecer a cidadanía da Coruña o seu apoio en todas as Mobilizacións que se fixeron e se farán en diante.

CONTAMOS CONTIGO !!!!
A LOITA CONTINUA !!!!