miércoles, 27 de marzo de 2013

NOTA DIRECCIÓN


Por fin hoxe, e despois de que a Representación dos Traballadores o solicitase en varias reunións, a Dirección abriu (mediante unha nota) a posibilidade de que calquera traballador interesado solicite calquera praza (antes do próximo 2 de abril) que poida quedar libre pola continuación das internalizacións de traballos existentes e outras novas despois do ERTE.

Ver nota....



martes, 26 de marzo de 2013

NOTA INFORMATIVA COMITÉ DE EMPRESA


O Comité de Empresa e a Dirección mantiveron hoxe unha reunión que foi un autentico "fracaso", pois as expectativas eran moitas e a Dirección non presentou a organización dos Departamentos a partir do fin do ERTE en curso (4 de Abril) e tampouco presentou os calendarios sobre a base desa nova organización.

Por outro lado, sobre a solicitude que se lle fixera á Dirección de abrir a voluntariedade do persoal para cubrir as prazas da internalización (quitando unha nota) nada de nada. A Dirección di que non está pechada a esa voluntariedade, pero que aínda non tomaron unha decisión ao respecto e que de momento seguirán adiante coa mobilidade funcional prevista e que logo se deciden abrir a voluntariedade farían os cambios necesarios.

O Comité de Empresa esixiu á Dirección que presentara o antes posible as organizacións dos distintos Departamentos e entregara os calendarios coas quendas de vacacións. Ademais solicitou que tomase a decisión de abrir a voluntariedade e o fixese o antes posible para non prexudicar máis do necesario aos traballadores afectados pola mobilidade. Tamén se lle reclamou á Dirección que aclarara cal sería o criterio para pagar o premio de vacacións (en inverno) unha vez que se movan as vacacións dos ciclos habituais tendo en conta os acordos existentes. A Dirección dixo que aclararía todos estes puntos o antes posible, pero non deu data para a unha próxima reunión.

Isto foi todo o que deu de si a reunión de hoxe. Antes de rematar e ante as dúbidas que nos formularon algúns compañeiros, queremos aclarar que os afectados por esta nova mobilidade están informados pola empresa, e son 27 traballadores, entre os que están os mobilizados polo ERTE en vigor, se non é así, non están afectados. Se algún dos afectados ten algunha dúbida ou non está conforme con esta mobilidade debería de poñerse en contacto co seu sindicato para aclarala ou poñer a correspondente reclamación o antes posible.
 
Seguiremos informando.  

viernes, 15 de marzo de 2013

NOTA INFORMATIVA DO COMITÉ DE EMPRESA


O pasado 14 de marzo celebráronse dúas reunións da Comisión de Interpretación e Vixilancia do Convenio Colectivo e en ningunha das dúas reunións se chegou a un acordo. A primeira celebrouse a petición do Comité de Empresa para tratar o conflito de traballo xurdido polo incumprimento do Convenio ao non realizar a empresa os incrementos salariais pactados para o ano 2013 e a non devolución das cotas do Fondo de Axuda do ano 2012. A segunda levouse a cabo por solicitude da Dirección seguindo co proceso que iniciaron para a inaplicación do Convenio e a Modificación Substancial das Condicións de Traballo.

Hoxe mesmo, unha vez asinada a acta da reunión da Comisión de Interpretación e Vixilancia o Comité de Empresa cursou solicitude ante o Consello Galego de Relacións Laborais para unha mediación no AGA por incumprimento de Convenio. Se neste organismo non se chega a un acordo o asunto finalmente rematará nos xulgados cun conflito colectivo para reclamar o deixado de pagar pola empresa no ano 2013. En canto ao proceso para o descolgue de Convenio (art.º 82.3 E.T.) que a empresa inicio o pasado 19 de febreiro, e xa pasou o tramite da Comisión paritaria, estamos á espera do que decida a empresa, pois cremos que aínda non teñen moi claro cal é o seguinte paso legal e onde se ten que levar a cabo.

Por outro lado, hoxe reuniuse de novo a Comisión de Interpretación e Vixilancia por solicitude da Empresa para presentar un Plan para despois do vencemento do ERTE (4 de abril). A Representación dos Traballadores (RT) criticou que se convocase á Comisión e non ao Comité de Empresa para presentar o devandito plan. O plan consiste en que a empresa xustificando non realizar un novo ERE a partir do próximo 4 de abril, di necesitar seguir coas internalizacións acordadas durante o ERTE e ademais incorporar a outros dez traballadores, para realizar as internalizacións que xa existentes  e outras novas que se realizaran e informan que os novas incorporacións se fan polo criterio da antigüidade (os menos antigos). E presentan un listado cos nomes dos traballadores afectados e informan que a partir do 4 de abril todos os afectados pola internalización percibirán o salario correspondente á xornada realmente desempeñada. Ademais a Dirección di que necesitarán prolongar as vacacións ata finais de ano nalgún departamento.

A RT solicitou que a Dirección quitase unha nota pedindo voluntarios para a internalización, pois podía haber traballadores interesados en realizar horario de xornada e sería bo dar esa posibilidade, mentres podía haber outros da lista que preferían volver ou seguir no seu posto. A RT solicitou saber cal sería a nova organización nos Departamentos a partir do ERTE e como quedarían os calendarios nos mesmos.

A Dirección informou que debido aos prazos legais establecidos para executar unha Mobilidade enviaría as cartas de preaviso igualmente aos traballadores do listado e despois se había voluntarios realizaríanse os cambios.

O Comité de Empresa reunirase o próximo luns 18 de Marzo para avaliar esta nova situación e tomar as decisións que considere oportunas ao respecto.


Seguiremos Informando.

miércoles, 6 de marzo de 2013

DESCOLGUE DE CONVENIO

Coa reunión de hoxe rematou o período de consultas sobre a modificación substancial das condicións de traballo e a inaplicación do Convenio. O acordo non foi posible debido ao inmobilismo da Dirección que mantivo a súa postura de non retornar aos traballadores as cantidades deixadas de pagar no ano 2013, aínda tendo beneficios, e non estar dispostos a facer o mesmo aforro en cantidades que non afectasen á conxelación salarial, aínda podendo.

Aparte de isto, a Dirección non quixo comprometerse a levar a cabo os investimentos máis urxentes, algunha delas con subvención xa aprobada. E tampouco quixo comprometerse a non volver propoñer medidas de recortes salariais, como as presentadas nestes procesos, antes do remate do convenio Colectivo en vigor (31 decembro 2014).


Para o próximo luns o Comité de Empresa convocou unha asemblea en horarios de 10:30 e 17:15 horas para informar aos traballadores e traballadoras do tratado nas últimas reunións e para informar tamén dos pasos a dar a partir de agora.