miércoles, 27 de julio de 2011

NOVA REUNIÓN DA MESA DE COMPETITIVIDADE

Na reunión de hoxe a RD presentou un plan de inversións e proxectos para a planta a desenrolar no que queda do ano 2011 e durante os anos 2012 e 2013. Entre os proxectos de inversións previstos están a instalación do Gas Natural, e a ampliación de capacidade dos fornos na Fundición, sobre os mesmos xa se iniciaron os tramites de solicitude de subvencións no IDAE, así como o estudo de distintas posibilidades de financiamento.

Outras inversións previstas na Fundición son as seguintes:

- Novo desgaseado para a vertical de Tochos.
- Novos queimadores para os fornos.
- Nova pinza de extracción de Placas.
- Novas Caixas de augas para novos produtos (Placas).
- Nova capota extracción gases H5A.
- Nova iluminación.
- Arrincadores en V5.
- Novo PLC (automatización) serra de Tochos.
- Alimentador de Placas na Serra Guinot.
- Melloras na rede de auga industrial.
- Melloras en Mesas de Colada.

Outras inversións e melloras na planta:

- Melloras na Subestación: Trafos, rede de distribución, equipos de medida…..
- Melloras na Subestación no sistema de Alta e Baixa Tensión.
- Cambio lucernario Serie 1.
- Mellora filtrado en Silos e transporte Alúmina.
- Nova iluminación na Torre de Pastas.
- Melloras nos puentes AA e vías de rodadura.
- Melloras no sistema de captación de gases de Serie 2.
- Melloras na Presa.

A RT valorou positivamente a presentación deste plan industrial. E solicitou a maiores a elaboración dun proxecto para a fabricación de Tochos a 7 metros de lonxitude, e tamén a necesidade de incluír a volta á fabricación de Pasta Fría entre os proxectos a levar a cabo. A RD respondeu afirmativamente e elaborará un estudo sobre o solicitado.

Como contrapartida a non externalización do serrado e da carga&descarga na Fundición, estudáronse algunhas opcións de flexibilidade como: a creación da figura dun forneiro e tamén a creación dun bolsa de polivalentes a xornada para dar apoio os turnos e reforzalos por faltas de persoal. Sobre a preparación de fornos, a RT foi bastante reticente aventurando unha excesiva carga de traballo nesta tarefa e a posibilidade de conflitos entre os distintos equipos de traballo. Finalmente acordouse facer algunha proba para sacar conclusións de cara a conveniencia, ou non, da súa implantación.

Sobre a mobilidade de 13 traballadores a RD manifestou, unha vez máis, a intención de levala a cabo. A representación da CIG, dixo non estar de acordo coa mobilidade, abandonando seguidamente a reunión. Seguidamente a RD informou que non sería necesario rescindir outros tantos contratos (sen precisar cantos) debido ás peticións voluntarias de traslados a outras factorías, baixas incentivadas e a proba da internalización de algún traballo.

Antes de terminar a reunión a RD comunicou que estaba disposta a incentivar economicamente a baixa de calquera traballador que nacera no ano 53, ou posterior, para seguir reducindo o número de afectados pola rescisión de contratos eventuais.

A reunión rematou convocándose unha nova reunión para o próximo venres día 29.

Seguiremos informando.

viernes, 15 de julio de 2011

REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA CO ALCALDE DE ARTEIXO

Hoxe pola mañá unha representación do Comité de Empresa acudiu ó Axuntamento de Arteixo onde se entrevistou co Alcalde Carlos Calvelo. A Representación do Comité de Empresa (RCE) informou ó Alcalde da grave situación pola que esta atravesando a Fábrica debido á falta de inversións que melloren a súa produtividade e do conflito aberto actualmente coa Dirección por pretender esta maquillar o problema eliminando postos de traballo.

Durante a entrevista a RCE tratou o problema do incremento dos costes da enerxía eléctrica e de como podía axudar o Axuntamento no mesmo. Tamén se informou da necesidade de instalar o Gas Natural no Departamento da Fundición, para o cal era necesario que as distintas administracións concederan a Fábrica da Coruña as mesmas oportunidades en materia de subvencións que a outras Fábricas do Grupo. A RCE recalcou varias veces a necesidade deste tipo de axudas, pero tamén recalcou da necesidade de que as axudas sexan condicionadas a un mantemento do emprego e da actividade empresarial.

O Alcalde mostrou grande interese por todo o comentado pola RCE, e fixo varias preguntas ó mesmo tempo que ía facendo apuntes. Antes de terminar dixo que pola súa parte ía a facer todo o posible para axudar a resolver os problemas expostos, o mesmo tempo que intercedería no seu partido para botar unha man.

Seguiremos informando.

jueves, 14 de julio de 2011

ENCERRO DO COMITÉ DE EMPRESA


O Comité de Empresa levou a cabo onte o encerro de 24 horas que tiña anunciado como unha das súas accións de mobilización o non presentar a Empresa ningún plan industrial e seguir mantendo a rescisión de contratos eventuais como alternativa de futuro da planta.

Ás 11:45 da mañá o Comité dou unha rolda de Prensa á entrada da Fábrica informando ós medios das pretensións da Dirección e da crítica situación pola que atravesa a Fábrica debido ás deficientes xestións que se fixeron da mesma.

O longo do día o Comité de Empresa recibiu gran cantidade de comunicados de apoio e solidaridade dende os Comités de Empresa e as distintas Seccións Sindicais dos Centros de traballo que Alcoa ten no pais.

A Dirección saíu ó paso das declaracións do Comité de Empresa quitando un nota de prensa tratando de difuminar a realidade volvendo a falar, unha vez máis, da inversión da modernización das Series e incluso facendo alarde dunha inversión para modernizar o Laboratorio e dicindo que non ían despedir a ninguén que so se trataba dunha non renovación de contratos.

Esta Sección Sindical ten moi claro que a Dirección non ten ningún plan industrial de futuro para A Coruña. O único obxectivo que persegue, é a redución do plantel, sen máis, sexan cales sexan as necesidades de man de obra nas instalacións, deixando á competitividade e ó futuro da Fábrica nun segundo plano. Porque de querer atacar os problemas reais da planta, deberían de buscar outras alternativas, e si non teñen esa capacidade aplicarían as propostas feitas pola Representación dos Traballadores, que demostraron cos números da Dirección ser capaces de afrontar os retos que se nos presentan a corto e medio prazo.


Xa estamos fartos das faltas de criterio tan grandes que existen entre a xestión dunha Dirección e outra, si antes internalizabamos traballos, agora non…. firmaron un Convenio, logo non o queren aplicar…. fixeron unha bolsa de traballo, agora non a queren…. Así é imposible que está Fábrica teña a competitividade que se persegue, máis cando o primeiro propósito de xestión é o de investir o menos posible e de ser o centro que menos gasta en mantemento, a pesar de ter as instalacións máis vellas.

Por todo isto CCOO manifesta que a solución a este conflito pasa por investir na Fábrica, no é cuestión de botar a 30 ou a 20 traballadores, seguiríamos igual. Ós plantexamentos da Dirección prodúcemos a máis absoluta repulsa e emprazamos a mesma a que reconsidere a súa postura retirando a rescisións de contratos do seu plan. De non ser así, esta Sección Sindical poñerá en marcha tódalas ferramentas disuasorias de que dispón para defender ós traballadores desta agresión.

Por outro lado ofrecemos o noso apoio incondicional a tódalas accións que o Comité de Empresa emprenda na defensa do futuro da Fábrica . E pedimos o mesmo apoio ós nosos afiliados e afiliadas e a tódolos traballades en Xeral, xa que estamos convencidos que si nos mantemos unidos gañaremos o futuro para a nosa Fábrica.

NOTICIAS SOBRE O ENCERRO DO COMITÉ:

http://www.elidealgallego.com/index.php/periodico-impreso/a-coruna/23533-noticia-coruna

http://radiocoruna.com/radio-coruna-cadena-ser/encierro-del-comite-de-empresa-de-alcoa-inespal-como-protesta-por-la-eliminacion-de-59-puestos-de-trabajo/gmx-niv38-con6876.htm

http://www.crtvg.es/esta-pasando/o-comite-de-alcoa-inicia-un-peche-para-pedir-un-plan-de-viabilidade-e-a-renovacion-de-59-contratos-eventuais

http://www.laopinioncoruna.es/economia/2011/07/13/trabajadores-alcoa-coruna-piden-rescindir-59-contratos/514010.html

http://www.20minutos.es/noticia/1109827/0/

http://www.europapress.es/galicia/noticia-alcoa-niega-despido-59-trabajadores-coruna-admite-no-renovara-algunos-contratos-20110713180521.htm

Seguiremos informando.

lunes, 11 de julio de 2011

MESA DE COMPETITIVIDADE

Hoxe tivo lugar unha nova reunión da Mesa de Competitividade que rematou sen acercamento algún nas posturas fixadas na última reunión. Isto ven motivado, unha vez máis, pola insistencia da RD en retornar a 13 traballadores a produción e rescindir outros tantos contratos eventuais. Aparte sumase a incapacidade da RD para garantir as inversións necesarias que quiten á Fábrica da situación actual de baixa produtividade.

A RD, nunha manobra de distración, fixo un recordatorio de inversións levadas a cabo nos últimos anos e tamén fixo unha exposición de novas inversións a curto prazo, como o desgaseado na V-1, o cambio de queimadores en Fundición, ou o novo alumbrado para a Fundición….. A RT valorou estas inversións dicindo que a Fábrica necesitaba unhas propostas de máis calado, xa co presentado pola RD deixaba a Fábrica practicamente na mesma situación.

Dito isto, a RT comunicou que o Comité de Empresa seguirá adiante coas súas accións e que despois de haberlle enviado unha carta ó Presidente da Compañía, o próximo mércores levará a cabo o seu encerro con rolda de prensa incluída, para informar ós medios de comunicación da grave situación pola que esta atravesando a Fábrica.

Seguiremos informando.

miércoles, 6 de julio de 2011

MOBILIZACIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA

O Comité de Empresa enviou hoxe unha carta o Presidente de Alcoa Klaus Kleinfeld e ós responsables de Europa Marcos Ramos e José Ramón Camino denunciando a pésima xestión da Fábrica, e solicitando inversións para a viabilidade da mesma.

A carta expón a situación actual e as propostas de aforro de custes e competitividade feitas polo Comité de Empresa, que duplican en aforro ás da Dirección e tendo en conta que as propostas están feitas cos números aportados pola RD. Ademais explicase que o contrario das propostas de RD, as propostas do Comité de Empresa levan asociada unha mellora da produtividade actual e de futuro .

O mesmo tempo nesta comunicación solicitase á alta Dirección da Compañía a presenza dun responsable con capacidade de decisión no tocante a inversións devido a falta desta capacidade mostrada pola RD na Mesa da Competitividade, solicitase tamén unha auditoría sobre os prezos das empresas auxiliares e do aluger de vehículos para que sexan comparados cos prezos de mercado.

Esta é unha das accións que o Comité de Empresa emprendeu unha vez que anunciou a súa mobilización na última reunión da Mesa de Competitividade despois de que a Dirección se mantivera na súa postura aplicar a mobilidade de persoal e a saída da Fábrica de 13 traballadores. Si a Dirección non rectifica antes, A seguinte acción levarase a cabo o vindeiro mércores 13 de Xulio, co encerro do Comité de Empresa e roda de prensa incluída para explicar os medios de comunicación o desastre de xestión que se esta a facer da Fábrica e da situación da mesma. Durante a xornada de encerro o Comité reunirase para acordar un calendario de accións inmediatas para conseguir que a Dirección depoña a súa postura e escoite as propostas do Comité de Empresa.

Seguiremos informando.

martes, 5 de julio de 2011

INTERPRETACIÓN E VIXILANCIA

O Comité de Empresa solicitou onte a convocatoria da Comisión de Interpretación e Vixilancia do Convenio, para tratar o conflito xurdido, na: atención a cubas (Prima de Picado Preventivo).

Nota: Aproveitamos para recordarlle a tódolos afiliad@s que teñen feita a reclamación individual do Nivel 3, que o Acto de Conciliación coa Empresa levarase a cabo e próximo venres día 8 ás 9:45 da mañá no SMAC da Av. Salvador de Madariaga (edificio Centro Comercial Elviña). Acto ó que é imprescindible que acudan co DNI. Para máis información poñédevos en contacto con calquera dos nosos Delegados.

Seguiremos informando.

viernes, 1 de julio de 2011

COMUNICACIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA


A Representación dos Traballadores na Mesa de Competitividade aberta para buscar alternativas de aforro de custes e melloras da produtividade, vendo que o gran problemas da Fábrica é a precaridade das súas instalacións e que non se oferta ningún plan industrial coas inversións necesarias para facer a planta competitiva e ante a persistencia da RD de trasladar a doce traballadores de mantemento e a un de EHS a produción, rescindindo os contratos eventuais como alternativa para aforrar 9 Millóns de Euros.
A Representación dos Traballadores comunicoulle a RD que a partir dese momento o Comité de Empresa estaba mobilizado aínda que a RT non ía deixar de asistir ás reunións da Mesa de Competitividade.
Polo tanto, comunicarlle ós traballadores que o Comité de Empresa iniciou accións encamiñadas a informar a todos os niveis xerárquicos, da situación de precariedade da planta e da necesidade dunhas inversións de viabilidade.
Ó mesmo tempo tamén se están iniciando contactos coas diferentes administracións para facelas participes da grave situación na que nos colocaron as malas xestións das diferentes direccións de planta.
Por outro lado, comunicarlles os traballadores a gran sorpresa deste Comité o ver aumentado o seu número de Delegados, e horas sindicais, o ter un novo portavoz na figura do xefe de planta que xa anunciou na súa última comunicación o inicio urxente de mobilizacións.

O COMITÉ DE EMPRESA