miércoles, 24 de junio de 2015

RECLAMACIÓN DE SALARIOS E MOBILIZACIÓNS

RECLAMACIÓN DE SALARIOS

Recentemente detectamos que cando un traballador/a estaba de incapacidade temporal (I.T) a empresa estaba cometendo un erro no pago dos días que se fixan de vacacións para o axuste de calendario en varios departamentos.

Resulta que cando o traballador/a estaba de baixa a empresa cambiaba eses días (V) por días de descanso (D) para facer o cálculo da nómina, co que o traballador/a deixaba de percibir as primas e pluses correspondentes a esa xornada fixada como vacación.

Informarvos que fixemos a correspondente reclamación por escrito solicitando a regulación de todos os salarios calculados deste xeito dun ano para atrás, que doutra banda é a reclamación legal que se podería realizar por tratarse de cantidades económicas.

Sobre esta solicitude dicirvos que a empresa contesto onte por correo electrónico asumindo o erro cometido ata agora e vai regularizar os salarios devidos a partir do 1 de xullo.

MOBILIZACIÓNS

CONCENTRACIÓN EN SANTIAGO CCOO - UGT.

Recordarvos que mañá CCOO e UGT teñen convocadas a nivel nacional CONCENTRACIÓNS en todas as Comunidades autónomas para pedir estabilidade enerxética para a industria gran consumidora de electricidade e entregarán un manifesto conxunto alí en donde se fagan as concentracións. Si queres participar con nós na de Galicia acude ás 10:50 ao edificio sindicatos en Alfonso Molina dende ali faremos a distribución para o transporte a CONCENTRACIÓN é en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 12 da mañá.

MARCHA A PÉ A SANTIAGO

Dende CCOO pedímosche todo o apoio que poidas dar á marcha a pé a Santiago que está convocada dende o Comité de Empresa. É moi importante que te apuntes para ter sitio nos buses das etapas correspondentes. 

A situación é moi complicada e temos que presionar para que se tome a mellor decisión para o nosa Fábrica.


APÚNTATE NO 625427244  

¡¡¡ IMOS A SANTIAGO ...AXUDANOS NA LOITA POLO TEU FUTURO !!!



jueves, 18 de junio de 2015

CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS

Compañeiros e Compañeiras:

Antes de nada queremos darvos as grazas pola gran participación na Concentración de hoxe. Recordarvos que o próximo 27 de xuño está convocada unha MARCHA A PÉ A SANTIAGO na que é necesario seguir demostrando a nosa gran implicación na defensa dos nosos postos de traballo e a nosa fábrica. Achegamos o cartel da mesma para que te apuntes o antes posible, xa que é necesario tratar de facilitarlle a organización do transporte ao Comité de Empresa.

Dicirvos tamén que o próximo martes 23 de xuño, o novo Edil do Concello da Coruña, Xulio Ferreiro, reciba á Comisión Delegada do Comité de Empresa. Nesta xuntanza a Representación dos Traballadores explicaranlle de primeira man ao novo alcalde a problemática que temos e solicitaranlle todo o seo apoio.

A parte do calendario de mobilizacións que se están levando a cabo dende o Comité de Empresa, as Federacións estatais de CCOO de Industria e MCA UGT, ante a incerteza que está xerando no sector siderúrxico a falta de definición do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo respecto de os parámetros e datas da poxa de interumpibilidade e co obxectivo de que o devandito proceso quede resolto antes das vacacións de verán, estableceuse o seguinte calendario de mobilizacións:

·        Elaboración dun manifesto en defensa dunha tarifa eléctrica que dote de estabilidade á industria e permítalle un desenvolvemento competitivo a longo prazo.

·        25 de Xuño.- Concentracións fronte ás diferentes Delegacións de Goberno, trasladando aos delegados de goberno, a problemática e facéndolles entrega do manifesto.

·        29 de Xuño.- Encontro cos diferentes grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados en Madrid. A presión que se pode exercer desde o ámbito político resultará clave para obter o noso obxectivo.

As mobilizacións vanse realizar nas comunidades con presenza industrial do sector electrointensivo: Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Cataluña, Euskadi, Galicia e Valencia.

A CONCENTRACIÓN do 25 de xuño a nivel de Galicia vaise a realizar en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 12 da mañá.

Para confirmar a túa participación nesta mobilización podes chamar ao 635560938 ou enviar unha mensaxe texto ou whatsapp. Faino canto antes para que poidamos organizar o medio de transporte.


Un saúdo e grazas polo voso apoio.

miércoles, 10 de junio de 2015

MOBILIZACIÓNS !!!!

O PASADO 3 DE XUÑO O COMITÉ DE EMPRESA APROBOU UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS PARA O MES DE XUÑO. 

ENTRE AS MOBILIZACIÓNS CONTRA A POXA ANUAL DA ENERXÍA APROBOUSE APOIAR AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE PERFIALSA NAS SÚAS MOBILIZACIÓNS POR INTENTAR SALVAR A SÚA FÁBRICA E OS SEUS POSTOS DE TRABALLO.

AQUÍ DEIXÁMOSVOS AS DÚAS PRIMEIRAS MOBILIZACIÓNS QUE SE LEVARÁN A CABO.

ADIANTÁMOSVOS QUE PARA O 27 DE XUÑO ESTÁ PREVISTO INICIAR UNHA MARCHA A PÉ ATA AS CONSELLARÍAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA QUE REMATARÁ O 1 DE XULLO CUNHA MANIFESTACIÓN DENDE O MONTE DO GOZO. DESTA MOBILIZACIÓN DARÉMOSVOS MÁIS DETALLES EN CANTO O COMITÉ DE EMPRESA REMATE DE ORGANIZAR E SAQUE UNHA NOTA CON HORARIOS, AUTOBUSES, ETC.

FORZA COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS !!!!


lunes, 8 de junio de 2015

FORMACIÓN

PRÓXIMOS CURSOS DE FORMACIÓN

SE ESTÁS INTERESADO/A PODES INSCRIBIRTE SEGUINDO OS PASOS QUE MARCA A FOLLA ADXUNTA OU ENTREGÁNDO A DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA CADA CURSO A CALQUERA DOS NOSOS DELEGADOS.