lunes, 23 de julio de 2012


O Secretario Xeral da Federación Nacional de Industria de CC.OO (Felipe López) enviou hoxe luns senllas cartas ao Presidente do Goberno (Mariano Rajoy) e ao Ministro de Industria (José Manuel Soria).

O Secretario Xeral ofreceu a súa colaboración e emprazou os Gobernantes a unha reunión para buscar unha solución enerxética para o Sector do Aluminio en España que garanta o mantemento da súa actividade e o emprego no futuro.






lunes, 16 de julio de 2012

TEMOS QUE IMPEDILO !!!!


ALCOA ESTARA ALÍ !!!!  

Baixo o lema «Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen», UGT, CCOO e CIG mobilizaranse o vindeiro día 19 nas principais cidades e vilas galegas.
Na Coruña a Manifestación partirá dende a Praza da Palloza ás 20:00 horas.
Diante das graves medidas que acaba de adoptar o Goberno, as tres organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT acordaron convocar conxuntamente manifestacións cidadás o vindeiro xoves, día 19 de xullo, nas principais cidades e vilas galegas.


Todas elas discorrerán baixo o lema «Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen». O acto central, ao que acudirán os secretarios xerais dos tres sindicatos, será na Coruña.

Todas as medidas van dirixidas a recortar, unha vez máis, dereitos e a precarizar as condicións de vida e de traballo da maioría social, para que finalmente sexan as clases traballadoras as que paguen unha crise que non provocaron, ao tempo que se protexen e benefician os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores.

Con ese obxectivo, o Goberno impón a diminución da prestación por desemprego a partir dos seis meses do 60 ao 50%, así como o endurecemento dos requisitos para o acceso á renda activa de inserción; incrementa os impostos indirectos subindo o tipo xeral do ive do 18 ao 21% e o reducido do 8 ao 10%; suprime a paga extra de Nadal das empregadas e empregados públicos e a súa negociación colectiva; reduce as empresas e fundacións públicas; delimita a prestación de servizos por parte dos concellos, reforzando a cambio as deputacións; liberaliza o sector dos servizos e flexibiliza os horarios comerciais; privatiza os sectores de transporte ferroviario, portuario e aeroportos, entre outras.

Por iso, facemos un chamamento a que, masivamente, a cidadanía galega poña de manifesto na rúa o seu rexeitamento, tanto a estas políticas antisociais promovidas polo PP, como aos argumentos empregados para defendelos e a forma de poñelos en escena.


TEMOS QUE PARAR ISTO !!!!

SOMOS MÁIS !!!!

miércoles, 11 de julio de 2012

GRAZAS COMPAÑEIR@S


Dende a Sección Sindical de CCOO queremos dar as grazas a todos os compañeiros e compañeiras que participaron na Manifestación de onte pola tarde dende a Fábrica ata a Delegación do goberno.



Tamén queremos dar as grazas os Compañeiros do Comité de San Cibrao que nos acompañaron no percorrido….a todos os familiares dos traballadores…. aos xubilados…. aos compañeiros das empresas externas… aos cidadáns da Coruña…. A TODOS !!!!
GRAZAS !!!! polo voso compromiso e determinación na defensa da actividade da nosa Fábrica.

GRAZAS !!!! por facernos sentir unha vez máis orgullosos de pertencer o plantel desta Fábrica.



GRAZAS !!!!

viernes, 6 de julio de 2012

MANIFESTACIÓN !!!!!!!!

Compañer@s Alcoanos a manifestación do próximo martes dende a fábrica ata a delegación do Goberno da Coruña é de vital importancia na loita polos nosos postos de traballo.

Temos que seguir concienciando da nosa difícil situación aos medios de comunicación, á cidadanía da
Coruña e demandar dos nosos gobernantes unha solución de garantías á actual incerteza enerxética que pon en perigo o mantemento da actividade industrial da nosa Fábrica.
Dende CCOO animámoste a que o día 10 te poñas a túa roupa de traballo e participes nesta nova movilización, e estamos seguros que o farás, porque ninguén vai defender mellor que ti mesm@ o teu posto de traballo e o teu futuro.

ÁNIMO COMPAÑEIR@S!!!!
CO ESFORZO DE TOD@S CONSEGUIRÉMOLO!!!!