martes, 26 de noviembre de 2013

PRIMA DE VACACIÓNS 2013

Despois anunciar dende CC.OO o inicio do proceso para reclamar individualmente as cantidades da Prima de Vacacións (no tempo de inaplicación do Convenio) a Dirección chamounos a consulta. Explicámoslles que o proceso iniciouse por entender que se estaba realizando un trato discriminatorio a parte do persoal no cobro de este concepto por mor da inaplicación. A empresa estaba a pagar ata de tres maneiras distintas un concepto que tiña que ser a mesma cantidade para todos os traballadores e traballadoras da Fábrica, independentemente do nivel retributivo que tivesen.

Despois de varias conversacións a Dirección confirmounos hoxe que aceptaba voluntariamente pagar as cantidades non satisfeitas da Prima de Vacacións a todos os traballadores e traballadoras. Polo tanto, este mesmo mes regularizarán estas cantidades a todos os traballadores e traballadoras que cobraron a Prima de Vacacións nos meses de Abril, Maio e Xuño, tanto en paga única como mensual.

Non queremos rematar este comunicado sen dicir que aínda que nos sorprende de esta Dirección tal decisión, tamén nos alegra comprobar como aínda lles queda algo de coherencia e sentido común, pois entendemos que acaban de obrar de xustiza. Esperamos que polo ben da nosa Fábrica este indicio de coherencia non sexa cousa dun día.

Seguiremos informando…

lunes, 18 de noviembre de 2013

        Dende a Sección Sindical de CCOO queremos informar de que o Comité de Empresa unha vez falou co Alcalde e as distintas forzas políticas da cidade, enviou hoxe unha nota de prensa a os medios de comunicación alertando do anuncio da Segregación de Alcoa Inespal e da necesidade de que se vixíe este proceso co fin de garantir a viabilidade da Fábrica.

    Así mesmo, aproveitamos para informar de que dende esta Sección Sindical se iniciou o proceso para reclamar as cantidades deixadas de pagar pola empresa a todos os afiliados e afiliadas que cobraron a paga de vacacións nos meses de Abril, Maio e Xuño e non percibiron o incremento pactado en convenio para o ano 2013.

        Tal e como reza no comunicado da Sección Sindical todos os afiliados e afiliadas afectados que estean nesta situación e queiran realizar a reclamación de cantidade, poden achegarse a os nosos delegados para iniciar o proceso.


Seguiremos informando.