lunes, 12 de diciembre de 2016

MANIFESTACIÓN 15 DE DECEMBRO


RECORDA...!!!
ATA ESTE DOMINGO 18 DE DECEMBRO ESTÁ EN MARCHA A TERCEIRA CAMPAÑA DE RECOLLEITA DE XOGUETES.

PARTICIPA  !!!




lunes, 11 de julio de 2016

XUÍZO POLO DEREITO DE FOLGA

MAÑÁ MARTES 12 DE XULLO MOBILÍZATE CONNOSCO  !!! 


ESPERÁMOSTE... A TÚA PRESENZA É MOI IMPORTANTE  !!!



jueves, 30 de junio de 2016

OS NOSOS DEREITOS NOS XULGADOS

XUIZO POLO CONFLICTO COLECTIVO DO DEREITO A ACORDAR OS CALENDARIOS

O xulgado 5 do Social da Coruña da a razón ao Comité de Empresa ao estimar a demanda en Conflicto Colectivo por non acordar a empresa os calendarios cos Representantes dos Traballadores. A este Conflicto chegouse no seu día logo de que a empresa non escoitara as demandas do Comité, de que tiña que voltar aos acordos orixinais dos calendarios antes do ERTE 2012, e non manter modificacións como o disfrute de vacacións de un en un prolongando o periodo para o disfrute das mesmas.





XUIZO POLA TUTELA DO DEREITO DE FOLGA 

O próximo 12 de xullo ás 12:30 da mañá temos o xuizo pola tutela do dereito fundamental de folga en Alcoa da Coruña. O mesmo día ás 12 da mañá faremos unha concentración de protesta diante da Audiencia Provincial (Rúa Capitán Juan Varela) por negarnos a empresa o dereito de folga. 

A DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS A FUTURO ESTÁ EN XOGO...PARTICIPA  !!!!



martes, 24 de mayo de 2016

ALCOA CONFIRMA A POSIBILIDADE DE VENTA DAS PLANTAS ESPAÑOLAS

Hoxe ó mediodía o Comité de Empresa reuniuse coa dirección para que se lle informara sobre as noticias que saíron onte coa posta en venta das factorías que Alcoa ten en España.

A dirección informou que Alcoa dentro do proceso aberto non contempla só unha posible venta das factorías como único escenario, se non que dentro da estratexia como grupo non descartan outras alternativas viables como unha fusión ou sociedade con outros grupos, mesmo clientes.

Segundo a dirección este proceso está nunha fase inicial e aseguran que non hai ningunha decisión tomada ao respecto. As visitas que se están recibindo están compostas duns asesores que contratou Alcoa xunto con analistas de grupos industriais e fondos de inversións. Estas visitas repetiranse con outros grupos de inversión interesados nas plantas nas próximas semanas.

Argumentando non ser favorable para os intereses da empresa e que tiñan un contrato de confidencialidade firmado a empresa elude dar os nomes dos grupos interesados nas plantas que a visitaron ata o de agora.
O Comité de Empresa solicitou unha reunión co Presidente de Alcoa España para que informe sobre este proceso e tamén sobre as previsións da empresa para a próxima subasta de interrumpibilidade, así como do punto en que está a segregación de Alcoa. Mañá ao mediodía unha representación do Comité de Empresa reunirase con Alcalde da cidade para transmitirlle  a preocupación por esta situación.

Dende as Seccións sindicais das CCOO das fábricas de Alcoa solicitamos unha reunión coa dirección en España. Tamén solicitamos a reunión urxente do Comité Europeo (restrinxido) de Alcoa  coa invitación de todos os membros Españois para que a dirección Europea da compañía dé toda a información ao respecto deste proceso.

En CCOO reclamamos a máxima información e transparencia  neste proceso e traballaremos para implicar no mesmo ás distintas administracións, así como aos partidos políticos para o resultado final garante o futuro da actividade da nosa fábrica e todos os postos de traballo que dela dependen.  


Seguiremos informando.

jueves, 28 de abril de 2016

1 de MAIO

MOBILÍZATE CONNOSCO O 1.º DE MAIO!


A sociedade española que sae da recesión é máis inxusta e, en Galicia, a degradación social e laboral tamén resulta evidente: 164.000 persoas perderon o seu emprego nestes últimos sete anos e as que o conservan sofren cada vez máis precariedade.


A situación de moitas familias galegas é extrema: hai 75.100 fogares con todos os seus membros activos en paro e en32.800 xa non perciben ningún tipo de ingreso. O papel do sindicalismo é fundamental nesta repartición primaria da renda, porque a negociación do salario —no convenio colectivo— é un instrumento esencial para construír unha sociedade xusta, democrática e social.


Por todo isto, neste 1.º de Maio, CCOO  esixe un cambio urxente e convidámoste a participares connosco na MANIFESTACIÓN DA CORUÑA que sairá ás 12 h da praza da Palloza. 

PARTICIPA... Fai que a nosa voz se escoite en toda Galicia !!! 

lunes, 28 de marzo de 2016

NA PROCURA DE SOLUCIÓNS PARA A TARIFA ELÉCTRICA

Hoxe pola tarde tocoulle a EN MAREA recoller as demandas dos representantes dos traballadores da fábrica no tocante á eliminación do sistema actual de “poxa” para a adxudicación da interrumpibilidade para grandes consumidores de electricidade, e a necesidade da creación dun novo sistema que garanta un prezo da electricidade competitivo a medio, longo prazo, similar ao de outros países da Comunidade Europea.


As mesmas inquietudes se lle trasladaron á Secretaria Xeral do PP na Coruña (Rosa Gallego) o pasado mércores pola mañá, e ao PSOE o mesmo día pola tarde en reunión co Deputado no Congreso Ricardo García Mira.



Con estas reunións esperamos poder facer de mediadores entre os distintos partidos para que as iniciativas que están presentadas na Comisión de Industria do Congreso dos Deputados saian aprobadas. Mañá mesmo debátese unha iniciativa que ten presentada EN MAREA e esperamos que chegue a bo porto. 


martes, 15 de marzo de 2016

CONVENIO COLECTIVO Y ENTRADA DE NUEVO PERSONAL

CONVENIO COLECTIVO 2015

En el día de hoy se llevó a cabo la reunión de la Mesa negociadora en la que se firmó el acuerdo del Convenio Colectivo para el año 2015, que la Asamblea de Trabajadores refrendó el pasado 22 de Febrero.
La firma de este Convenio Colectivo para el año 2015 no conlleva incrementos salariales, pues los mismos están ligados al resultado del IPC, que como todos sabéis fue del 0% el año pasado. Como se explicó en la Asamblea, con este acuerdo lo que se consigue es renovar el texto del Convenio existente, añadiéndole además una cláusula de ultravigencia que sera de aplicación a todo el personal que le afecta el Convenio Colectivo hasta la firma de uno nuevo, el cual ya se puede empezar a negociar una vez se constituya de nuevo la Mesa Negociadora.


ENTRADA DE NUEVO PERSONAL (BECARIOS FEUGA)

Como todos sabéis, estos días ha entrado en la empresa personal para ser formado de cara a dar las vacaciones de este año. Después de habernos informado bien, nos hemos enterado que la Dirección pretende aprovechar la BECA FEUGA, a la que tienen derecho estos estudiantes de Formación Profesional, para formarlos gratis en trabajos de producción.
Esta Sección Sindical CCOO no está de acuerdo con este proceder de la Dirección y así se lo hemos transmitido. Es la primera vez que se pretende dar entrada a personal para producción en la Fábrica de esta manera, la cual entendemos no está dentro de los márgenes legales en materia de formación (BECA), en salud y seguridad de los trabajadores e incumple el Convenio Colectivo en lo tocante a ingreso de nuevo personal.
En el día de ayer 14 de marzo, coincidiendo con su primer día de presencia en las naves de electrolisis, formulamos denuncia ante la Inspección de Trabajo por incumplimiento de los apartados mencionados anteriormente, por lo que defendemos que este personal tiene que ser contratado con el nivel 8 establecido en Convenio Colectivo para el personal de nuevo ingreso.


Seguiremos informando