jueves, 6 de febrero de 2014

SEGREGACIÓN

O pasado martes 4 de febreiro foi o último día co nome de Alcoa Inespal S.A. no centro da Coruña. Onte martes (5 de febreiro) levouse a cabo a segregación e pasamos a denominarnos Alcoa Inespal Coruña S.L.

Todo isto implica que na Seguridade Social se nos dea de baixa en Alcoa Inespal S.A para darnos de alta de seguido en Alcoa Inespal Coruña S.L. Posiblemente moitos compañeiros/as recibisen notificacións dende a S. Social, vía SMS o ter vinculado o seu número de teléfono. Este cambio non modifica os nosos dereitos e condicións laborais de sempre.

Con motivo da segregación celebrouse o pasado día 4 unha reunión extraordinaria do Pleno do Comité de Empresa para designar os representantes dos partícipes na Comisión Promotora do Plan de Pensións da nova sociedade Alcoa Inespal Coruña S.L. Por maioría saíron elixidos, como titulares; Juan C. López Corbacho e Juan R. Paseiro Parcero e como suplentes; Manuel Cabezas Orro e Manuel A. iglesias Rodríguez.

            Esta Comisión, na que tamén participa o promotor (Alcoa), será a encargada de constituír o novo Plan de Pensións mantendo as mesmas prestacións, condicións e dereitos do Plan de Pensións anterior.


Seguiremos informando...