lunes, 23 de abril de 2012

MOBILIZACIÓNS !!!!


A CONCENTRACIÓN de hoxe fronte a Gas Natural Fenosa levouse a cabo sen incidentes, durante a mesma realizouse un corte de trafico no ramal de incorporación á Av. De Arteixo.
Para unha Fábrica como a nosa, onde boa parte do plantel esta a xornada e a outra parte a quendas de traballo e todo un reto realizar con éxito unha mobilización en horario de oficinas. Os traballadores e traballadoras de Alcoa da Coruña demostraron hoxe, unha vez máis, a súa gran determinación e firmeza na defensa do mantemento da actividade da Fábrica. 
Dende CCOO queremos agradecer a todos os compañeiros e compañeiras o apoio dado nesta nova mobilización.
Dende esta Sección Sindical de CCOO  de Alcoa solicitamos a participación de todos os traballadores e traballadoras da Fábrica da Coruña nas próximas manifestacións  que os sindicatos de CCOO e UGT teñen convocadas.  As manifestacións sairán dende a Praza da Palloza ás12:00 da mañá o próximo domingo 29 de Abril e o vindeiro 1 de Maio.

Estes son momento especialmente difíciles para os traballadores e traballadoras do pais. O Goberno está aproveitando a crise para arremeter contra as coberturas sociais da poboación,  esnaquizando o mesmo tempo os dereitos dos traballadores e traballadoras e NON PODEMOS CONSENTILO. O 29 de Abril e o 1 de Maio ALCOA estará nas manifestacións da Palloza, ESPERÁMOSTE.
¡¡¡¡ MOBILIZATE !!!!
¡¡¡¡DEFENTE OS TEUS DEREITOS !!!!

viernes, 20 de abril de 2012

COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO E.R.T.E


Na reunión de hoxe a Dirección informou que o próximo luns levaríase a cabo o primeiro dos traslados definitivos (persoal de Convenio) á Fábrica de San Cibrao. Ese mesmo día, o resto dos solicitantes de traslado realizaran unha entrevista con responsables da Fábrica de San Cibrao.
A Dirección entregou o listado do segundo grupo do E.R.T.E para que sexa revisado pola Representación dos Traballadores (RT) segundo os criterios establecidos (os mesmos do 1º grupo) antes de publicalos na Fábrica e comunicarllo aos traballadores afectados. Este segundo grupo esta composto por 49 traballadores, que o igual co primeiro grupo, primeiro iran de vacacións e de seguido continuaran coa suspensión de contrato.
A RT solicitou o calendario para o resto da plantilla. A Dirección comprometeuse a entregalo o antes posible, solicitando o mesmo tempo da RT o compromiso de que sería un calendario teórico e suxeito a posibles cambios segundo a evolución da situación prevista. A Comisión quedou en rematar o Plan Estratéxico da Fábrica nunha próxima reunión, para sexa avalado pola firma do Presidente de Alcoa España, tal e como se había acordado no peche da negociación do E.R.T.E.
A Dirección informou que durante o primeiro trimestre do ano A Coruña acumulara perdas, mentres Alcoa a nivel mundial tivera uns beneficios de 94 millóns de dólares. As previsións da Dirección para a Coruña no segundo trimestre, son moito mellores, a pesar de que o LME esta baixando. Segundo a Dirección isto é devido á redución de custes polas accións que se están acometendo que fan que nestes momentos xa nos sexamos os últimos no ranking das Fábricas de Alcoa.
A RT solicitou a Dirección información sobre a negociación do contrato de enerxía. A Dirección dixo que Alcoa non dera información o respecto. A RT solicitou que nunha próxima reunión se invitara a o responsable do apartado de enerxía de Alcoa, para informar a Comisión do estado das negociacións.
Isto foi o que dou de si a reunión de hoxe. Antes de terminar recordarvos a todos e a todas que o próximo luns 23 de Abril, ás 10:50 da maña, realizarase unha CONCENTRACIÓN DE TRABALLADORES diante das oficinas de GAS NATURAL FENOSA, na Avenida de Arteixo (onde teñen o Museo). Esta medida de presión e para demandar un acordo satisfactorio para Alcoa na renovación do contrato de enerxía e para demandar unha tarifa eléctrica competitiva.
Este acto durará aproximadamente media hora e realizase en horario de oficinas porque doutro xeito non tería sentido. Por iso é necesario a participación de todos e todas os que esteades libres ou en suspensión de contrato.

¡¡¡ LOITA POLO TEU FUTURO !!!
¡¡¡ NON TE QUEDES PARADO !!!

viernes, 13 de abril de 2012

¡¡¡¡ MOBILIZACIÓNS !!!!


O Comité de Empresa convocou unha CONCENTRACIÓN de traballadores de Alcoa diante das instalacións de GAS NATURAL FENOSA (Av. De Arteixo), para o próximo luns 23 de Abril, ás 10:50 da mañá. Esta nova mobilización, agora ante o actual suministrador de enerxía eléctrica da Fábrica, é para demandar unha tarifa eléctrica competitiva para a Fabrica de Alcoa e un contrato de enerxía, a medio, longo prazo, a semellanza dos que dispón Alcoa noutros países europeos.

Dende CCOO pedimos a túa participación neste acto para reclamar unha solución que garante o mantemento da actividade da Fábrica de Aluminios de Alcoa da Coruña.

¡¡¡¡ GRACIAS POLO TEU APOIO !!!!
¡¡¡¡ MOBILIZATE, NON TE QUEDES “PARADO”!!!!