miércoles, 28 de abril de 2010

OS TRABALLADORES DE ALCOA EN AVILES CONVOCAN PAROS PARCIALES A PROXIMA SEMANA

Os compañeiros Asturianos de Alcoa, irán a folga os próximos 3, 4, 5 e 6 de maio. Os paros convocados polo comité de empresa, serán de dúas horas en cada un dos turnos de traballo incluído o persoal a xornada.

Estes paros veñen motivados, polos continuos incumprimentos de acordos e do vixente Convenio Colectivo por parte da Empresa. O principal detonante desta situación esta a ser, a valoración de postos de traballo que ven sen levarse a cabo dende o Convenio 2004-08.

VER NOTICIAS….
MAIS….

martes, 27 de abril de 2010

ACUDE A MANIFESTACION DO PRIMEIRO DE MAIO



Este ano os traballadores de Alcoa da Coruña, temos moitos motivos para mostrar o noso malestar pola xestión que se está a facer da Fábrica; perdendo producións (parada do Laminador), incrementando a precariedade laboral (bolsa de traballo), e pola falta dun plan industrial (inversións) que asegure o futuro e viabilidade do Centro.

Por todo isto, dende esta Sección Sindical queremos facer un chamamento a todos os traballadores para que participedes na Manifestación do 1º de Maio que se celebrará na Coruña, na mesma, o Comité de Empresa portará unha pancarta para protestar por estes feitos. A manifestación partirá da Praza da Palloza as 12 da mañá.

!!! NON FALTEDES ¡¡¡

jueves, 15 de abril de 2010

NON A PRECARIEDADE LABORAL

Dende o día 4 deste mes, a algúns compañeiros e compañeiras , a Empresa está a liquidarlles o contrato de traballo dicíndolles que terán que esperar na casa a que os chamen para ofrecerlles un contrato para cubrir vacacións e absentismo. Incumprindo deste xeito o prometido pola Empresa, tanto a eles coma o Comité, cando se incorporaron polo re-arranque e a volta a produción de Tochos.
Estamos en contra da bolsa de traballadores ca Dirección quere formar, porque entendemos que as plantillas teñen que estar calculadas para cubrir, vacacións, absentismo e formación, e non o están. A creación de esta bolsa vai a fomentar o traballo precario, e vai fomentar un crecemento do absentismo, porque os compañeiros que hasta agora ían aguantando no traballo enfermos, por non prexudicar o resto, agora colleran a baixa para en primeiro lugar non prexudicarse eles e despois non prexudicar o compañeiro que esta na casa esperando por un contrato. Creemos que a siniestrabilidade laboral pode incrementarse por a falta da formación e da continuidade no traballo.
Vai empeorar a calidade dos produtos terminados por ter a traballadores entrando e saíndo do posto de traballo .
Queremos recordarvos que na Asemblea Xeral do día 7 de abril acordouse, que tiñamos que traballar todos (traballadores e mandos) cumprindo estritamente as normas de seguridade, os procedementos de traballo, chequeo de maquinas..., xa que agora mesmo o que menos nos fai falta e ter algún accidente que poña máis en entre dito o futuro da Fábrica. E tamén se acordou, como non podía ser doutra maneira, a non realización de horas extra, xa que non teñen sentido cando temos compañeiros na casa.

miércoles, 14 de abril de 2010

REUNIÓN DA COMISIÓN DE CONTROL DO PLAN DE PENSIÓNS DE ALCOA INESPAL

Onte día 13 celebráronse en Madrid dúas reunións nas que estaban convocadas as distintas Comisións de Control dos Plans de Pensións(CC.PP)de Alcoa, integrados no Fondo de Pensións BBVA UNO.
Primeiramente as 8:30 da mañá tivo lugar a reunión das CC.PP de Alcoa. Nesta reunión reelixíronse ós novos membros dos Plans de Pensións, máis nomeáronse os distintos cargos.

Tamén se aprobou a actualización do regulamento e as táboas do Plan de Pensións para o ano 2010.
Posteriormente as 10:30 da mañá empezou a reunión do Fondo de Pensións onde se presentou o informe anual.
Entre outro datos cabe destacar que a 31/12/09, o Fondo de Pensións alcanzou unha rendemento do 12,57%, con respecto o ano 2008, e co patrimonio do mesmo alcanzou os 93.422.444, 29€, dos que 32.000.673€, pertencen o Plan de Pensións de Alcoa Inespal.

Os Plans de Pensións adscritos o Fondo de Pensións son:

• Plan de Pensións Alcoa Inespal
• Plan de Pensións Alucoat Conversión
• Plan de Pensións Alcoa Transformación de Productos, S.L.
• Plan de Pensións Alcoa Extrusión Navarra, S.L.
• Plan de Pensións Alcoa Arquitectura, S.L.
• Plan de Pensións Aluminio Español
• Plan de Pensións Alúmina Española
• Plan de Pensións Alcoa Inversións España
• Plan de Pensións Noblejas Extrusión
• Plan de Pensións Laminados Sabiñanigo

TÁBOAS ACTUALIZADAS PARA O ANO 2010