viernes, 26 de abril de 2013

1º MAIO


— O 1.º de Maio é unha xornada de solidariedade e reivindicación internacional, e este ano conmemórase no medio dunha profunda crise económica e financeira, que nalgúns países como o noso se manifesta de forma dramática.

— A Unión Europea, que actúa ao ditado da chanceler Merkel, insiste nas súas receitas neoliberais: déficit, golpe ao estado de benestar e aos dereitos sociais e laborais, paro e recesión.

— Políticas que en España, coma noutros países do sur de Europa, amosan o seu perfil máis antisocial, con reformas laborais orientadas a debilitar a negociación colectiva e acabar co convenio como ferramenta de protección de traballadoras e traballadores.

— Pero sen dúbida, a faciana máis cruel destas políticas é a destrución de emprego e o paro, que xa superou o listón intolerable dos seis millóns de persoas que, querendo, non poden traballar.

— Ademais, o Goberno non para de privatizar, de transferir recursos públicos á iniciativa privada, de xerar unha crecente desprotección e inseguridade entre os sectores máis desfavorecidos.

— Aínda por riba, aumenta a desafección da cidadanía pola política e recrúa a crise institucional, xusto cando son máis necesarias ca nunca as políticas públicas para mellorar a vida da xente.

Fai falta outra política


Por iso en Galicia e en España e ante as políticas de irracional austeridade e contención do déficit levadas a cabo, a custa de empobrecer a inmensa maioría da sociedade, os sindicatos propoñemos:

- fronte ao drama do paro: reactivación económica
- fronte á desregulación laboral: dereitos e convenio colectivo
- fronte ás privatizacións: servizos públicos e protección social
- fronte á crise social e política: máis e mellor democracia

Participa na Manifestación do 1.º de Maio de 2013!!!!
PRAZA DA PALLOZA, ás 12 da mañá !!!!
Loita polos teus dereitos!!!!

viernes, 12 de abril de 2013

COMUNICADO DO COMITÉ DE EMPRESA


CONTRATO DE RELEVO
No dia de hoxe rexistrouse no INSS o acordo entre o Comité de Empresa e a Dirección para poder executar o Contrato de Relevo ata o ano 2018  acolléndose así á "cláusula de salvagarda" do recente RD-Lei 5/2013 do 15 de Marzo, de medidas para favorecer a continuidade dos traballadores e traballadoras de maior idade e favorecer o envellecemento activo.

Con este paso ábrese a posibilidade a que os traballadores e traballadoras da Fábrica que naceran antes do 1 de Xaneiro do ano 1958 poderán acollerse a xubilación parcial mediante o Contrato de Relevo.

Tal e como recolle o RD Lei 5/2013 o Contrato de Relevo será voluntario polas dúas partes. E dicir, será voluntario tanto o ofrecemento por parte da empresa da xubilación anticipada ao traballador/a que cumpra as condicións estipuladas, como que o traballador/a poderá decidir si a acepta ou non a mesma.