jueves, 28 de junio de 2012

MANIFESTACIÓN

O Comité de Empresa convocou para o próximo 10 de Xullo unha nova mobilización na demanda dunha solución enerxética para a Fábrica que garanta a continuidade da actividade industrial e o mantemento dos nosos postos de traballo…

COMPAÑEIRAS TEMOS QUE SEGUIR NA LOITA !!!!
ACUDE Á MANIFESTACIÓN !!!!
COA TÚA PARTICIPACIÓN CONSEGUIRÉMOLO !!!!
MANIFÉSTATE !!!!

miércoles, 13 de junio de 2012

OS DE ALCOA PUIDEMOS!!!!

Dende a Sección Sindical de CCOO queremos dar as grazas a todos os compañeiros e compañeiras que participaron nesta mobilización e aos que dalgún xeito querían ter participado e non puideron facelo por ter que cumprir coa súa xornada de traballo. Queremos dar un especial recoñecemento a todos os compañeiros e compañeiras que participaron nas etapas a pé do percorrido, sen excepción algunha.









Especialmente queremos destacar aos que fixeron o esforzo extra de realizar as etapas de máis de 30 quilómetros despois de saír da quenda de noite ou tendo que incorporarse a esa quenda ao rematar a etapa. O mesmo recoñecemento a todos os que polos seus medios se incorporaron á marcha unha vez que realizaron a súa xornada de traballo, e non podemos esquecérsenos os dous xubilados de Fábrica que realizaron o percorrido completo sen perdoar nin un só metro, ao igual que os dous compañeiros da Sección Sindical de CCOO de San Cibrao. Dende CCOO dámosvos as grazas a todos e a todas pola vosa determinación e apoio ao Comité de Empresa nesta mobilización, foi impresionante compañeiros e compañeiras.


Despois de tres duras xornadas camiñando os traballadores de Alcoa chegamos hoxe ás Consellerias de la Xunta de Galicia en Santiago. Alí unha representación dos dous Comités de Empresa de Alcoa (Coruña e San Cibrao) foron recibidos polo Conselleiro de industria Javier Guerra a quen se lle entregaron un escrito explicando as demandas que nos levaron ata alí. Mentres isto acontecía o resto dos traballadores e traballadoras concentráronse fora cantando consignas en demanda dunha tarifa eléctrica competitiva para as dúas Fábricas e a renovación do Contrato de enerxía.

O Conselleiro mostrouse en todo momento disposto a achegar todo o necesario para que se cumpran as demandas dos traballadores e traballadoras alí presentes. Dixo que dende a Xunta e o seu Consellería farían todo o posible por manter a actividade industrial das dúas plantas Galegas de Alcoa. Tamén dixo que a Xunta non estaba de acordo coa regulación do MIX enerxético que se estaba a formular nestes momentos por prexudicar a Galicia e que de levarse a cabo chegarían a recorrelo no Tribunal Constitucional. O Conselleiro emprazo á representación dos dous Comités de Empresa a unha nova reunión en Setembro para revisar a situación e valorar os pasos a dar entón.



ESCRITO ENTREGADO AO CONSELLEIRO


Por medio do presente escrito o Comité de Empresa de ALCOA INESPAL S.A da Coruña, quere facerlle participe da gran preocupación que os traballadores e traballadoras de Alcoa xunto coas compañías externas que nela traballan temos pola delicada situación que esta atravesando a nosa Fábrica e o sector do aluminio en España. Isto é debido principalmente ó alto custe da tarifa eléctrica, o cal déixanos  en inferioridade de condicións para competir cos demais produtores europeos. 

España é un dos principais produtores de Aluminio primario da UE, con unha capacidade de produción de máis de 500.000 toneladas/ano. Esta produción repártese entre as fábricas de Alcoa de Avilés, San Cibrao e A Coruña. Máis do 70% desta produción realizase nas fabricas Galegas de  San Cibrao e A Coruña, converténdonos así nun dos sectores estratéxicos da Comunidade Galega e do pais. O sector do Aluminio en España esta especialmente encorsetado, pois non podemos repercutir o custe de produción no produto final. O prezo do Aluminio fixáselle na Bolsa de Metais de Londres, o igual que boa parte das materias primas (Coque, Brea) procedentes do petróleo. Aos produtores de Aluminio só lles queda a enerxía eléctrica como a variable para manter o equilibrio na rendibilidade do proceso.

A enerxía eléctrica lévase aproximadamente o 40% dos custes do proceso do Aluminio. Nos demais países europeos, sobre todo os do norte, están regulando tarifas eléctricas para este sector moi competitivas, e con contratos de mantemento do suministro ata 40 anos. Dende principios de marzo deste ano, os traballadores e traballadoras das fabricas de Alcoa na Coruña e Avilés, estamos inmersos nun Expediente de Regulación de Emprego Temporal, o cal pode rematar nun Expediente de Extinción de Contratos e o desmantelamento das instalacións se non se regula unha tarifa eléctrica que nos poña en igualdade de condicións para competir en Europa.

Dende o Comité de Empresa de Alcoa pedimos a colaboración do Conselleiro de Industria e do Presidente da Xunta de Galicia para que intercedan co Goberno Central e se nos teña en conta na Regulación do MIX eléctrico que se esta desenrolando nestes momentos. Este Comité de Empresa non quere nin imaxinar a catástrofe social e económica que suporía a desaparición do noso sector para Galicia. A nosa industria instalouse fai máis de 50 anos na nosa Comunidade pola gran capacidade enerxética que tiñamos, e que seguimos tendo. Non entendemos como sendo unha Comunidade Autónoma  gran produtora de enerxía eléctrica, chegando a exportar este recurso a outras Comunidades, incluso a Portugal e padecendo nos o impacto medioambiental desta xeración de enerxía temos a nosa industria gran dependente da mesma en risco de ser deslocalizada.

Na seguridade da súa colaboración e a espera da súa resposta, aproveitamos a ocasión para saudarlle moi cordialmente.  

jueves, 7 de junio de 2012

MARCHA A SANTIAGO !!!!

O próximo Lúns 11 de Xuño, ás 10 da mañá, os traballadores e traballadoras de Alcoa da Coruña faremos unha concentración diante da Delegación do Goberno (Praza de Ourense) como inicio da marcha de tres días a pé que o Comité de Empresa e os compañeiros e compañeiras de Alcoa levaremos a cabo ata as Consellerías do Goberno Galego en Santiago.

Dende CC.OO pedímosche que si por algunha razón non podes participar nas etapas a pé, asistas igualmente á concentración na Delegación do Goberno para dar folgos e acompañar ata " Os Castros" a os compañeiros e compañeiras que farán a primeira etapa.

O Mércores 13 de Xuño, como remate desta Mobilización os Comités de Empresa das Fábricas da Coruña e San Cibrao farán a última etapa dende o Monte do Gozo xuntos e acompañados por traballadores dos dous centros de traballo. Esta última etapa a pe rematarase diante das Consellerias da Xunta de Galicia para demandar do Goberno Galego unha solución enerxética que garanta a continuidade da actividade e a competitividade das dúas plantas Galegas de Alcoa.

          HORARIOS DOS AUTOBUSES:

Ø 11 Xuño: Saída da Fábrica ás 9:30 da mañá ata a Praza de Ourense (inicio da marcha). Este bus acompañará na 1ª etapa os participantes e retornaraos a Fábrica unha vez terminada a etapa no Mesón do Vento.

Ø 12 de Xuño: Saída da Fábrica ás 8 da mañá ata o Mesón do vento para retomar a marcha. O bus acompañará a os participantes ata o Monte do Gozo en Santiago e retornará á Fábrica dende alí.

Ø 13 de Xuño: Saída da Fábrica ás 9:45 da mañá ata o Monte do Gozo para retomar a marcha. Ás 11 da mañá sairá outro autobús dende a Fábrica ata Santiago (as Consellerías) cos traballadores e traballadoras que queiran participar na Concentración, retornando a Fábrica o terminar.


 OS DE ALCOA PODEMOS !!!!
E IREMOS A SANTIAGO !!!!

martes, 5 de junio de 2012

SEGUIMENTO DO E.R.T.E

Na reunión de hoxe a Representación dos Traballadores (RT) foi moi crítica coa Representación da Dirección (RD) por entregar os calendarios na reunión anterior en diferentes formatos, o cal complicou moito a súa revisión nalgún caso. A RD dixo que o listado do terceiro Grupo do E.R.T.E xa estaba revisado e no formato pactado nun principio e entregaríao por correo ó rematar a reunión.

A RT recriminou o cambio do criterio da antigüidade nos últimos calendarios entregados do Departamento de Fundición, decidindo agora o departamento ao seu antollo quen vai e cando vai ao E.R.T.E sendo imposible para a RT comprobar que a decisións realízase en función de  criterios organizativos e non en base a  premios e castigos para o persoal deste Departamento. O Departamento de Fundición alegou que este cambio era debido ás necesidades funcionais de cada quenda. A RT pediu que se mantivese o criterio da antigüidade como filtro nos casos de traballadores coa mesma polivalencia e formación.



A RT solicitou que todos os calendarios fosen corrixidos nos fallos encontrados e se realizasen no mesmo formato do primeiro Grupo, publicándose o antes posible en cada Departamento. A RD afirmo que así o faría e que o listado do terceiro Grupo abarca os meses de xullo e Agosto os expoñería de inmediato e o resto cando os cambiasen ao formato oficial e os corrixisen nos puntos demandados pola RT. A RD incidiu, unha vez máis, que os listados que se entregan están suxeitos a cambios e non poden darse por definitivos ata non se inicie o período de vacacións.

A RT solicito tamén que no caso de que algún traballador fose chamado durante o tempo de E.R.T.E este tempo non sería recuperable, é dicir, se un traballador ten que estar 20 días de E.R.T.E e chámaselle para traballar 5, só quedaríanlle 15 días por realizar. A RD dixo tomar nota e contestaría na seguinte reunión.



Como resumen dicir que no primeiro grupo os afectados foron 44 traballadores, no segundo acaban de empezar as súas vacacións 46 traballadores e no terceiro grupo son 71 os traballadores afectados.
Seguiremos informando.