miércoles, 29 de abril de 2015

MOBILIZACIÓN SOLIDARIA RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Dende esta sección sindical queremos agradecer novamente aos traballadores e traballadoras da fábrica de aluminio da Coruña toda a súa involucración na mobilización solidaria que hoxe levamos a cabo.



É un orgullo ser parte desta plantilla que demostra en cada acto o seu compromiso na defensa da viabilidade da nosa fábrica. Conseguimos recoller para o Banco de Alimentos Rías Altas (Balrial), mais de 1800 kg de alimentos e uns 100 traballadores e traballadoras pedalearon na marcha ciclista coa camiseta que xa nos distingue nesta loita. A marcha foi moi rechamante e comentada entre os cidadáns e cidadás pola súa grande orixinalidade.

 
Estes actos son moi importantes na nosa loita para conseguir un marco enerxético estable a longo prazo e un futuro para a nosa fábrica.

En breve o Comité de Empresa convocará unha nova mobilización pois temos que conseguir que antes do verán nos dean unha solución de futuro e sabemos que responderedes con gran compromiso como sempre o facedes.


Dende CCOO moitas grazas a todos os Compañeiros e Compañeiras e a todos os que están a apoiar nestes momentos.



martes, 21 de abril de 2015

PON A TÚA CAMISETA REIVINDICATIVA E ÚNETE A NÓS !!!!


Axuda a seleccionar colocando cada produto na súa caixa de cartón. 

Se non podes subir ao comedor, ou estivese pechado, na portaría tamén hai caixas.

NON NÓS MIRES... ÚNETE !!!!

martes, 14 de abril de 2015

martes, 7 de abril de 2015

NOTICIAS VARIAS



MOBILIZACIÓNS:

O pasado 17 de marzo durante a reunión para a Constitución do novo Comité de Empresa acordouse retomar has mobilizacións logo das eleccións sindicais. Decidiuse  arrincar con unha Concentración na Delegación do Goberno en Galicia, despois de Semana Santa, e durante a mesma solicitar audiencia co Delegado do Goberno para unha representación do Comité de Empresa. 

O Comité de Empresa quere facer partícipe ao Delegado do Goberno da gran preocupación dos traballadores e traballadoras ante a necesidade de conseguir unha solución enerxética estable para a nosa empresa, antes deste verán, e para que así o transmita ao Goberno e ao Ministerio de Industria Enerxía e Turismo.

A devandita concentración foi anunciada hoxe polo Comité de Empresa mediante un Comunicado de Prensa para informar aos medios de comunicación e ás respectivas organizacións sindicais.


A SECCIÓN SINDICAL DE CC.OO

Tras as eleccións sindicais do 27 de febreiro designouse a Lucas Villar Toro como Delegado Sindical da Sección Sindical de Comisións Obreiras en Alcoa Inespal Coruña S.L. Ofrecémoslle a Lucas todo o apoio da Sección Sindical no seu novo cometido e desexámoslle o mellor. Ao mesmo tempo agradecemos a Roberto Fraga o gran traballo desenvolvido e a súa grande implicación como Delegado Sindical os últimos catro anos.
Os mesmos agradecementos e recoñecemento para os Delegados de CCOO que estaban no anterior Comité de Empresa (Damaso Permuy, Fernando Brandariz, David Seijas, Luís Vidal, Manuel Cabezas) e que nesta nova etapa non continúan connosco, por diversos motivos; resultados electorais, redución de membros do Comité de Empresa, renovación ou decisión propia.

Grazas compañeiros, estamos convencidos que sen o voso esforzo nestes catro anos de grandes ameazas non conseguiriamos os éxitos alcanzados. Sabemos da vosa gran implicación e seguiremos todos xuntos defendéndonos de vellas e novas ameazas nesta nova etapa.