martes, 25 de marzo de 2014

PRIMA DE RESULTADOS 2013

            Despois de comprobadas varias nóminas do mes de Febreiro detectamos que para calcular o importe da Prima de resultados a Dirección había descontado o importe de 15 días de salario ao valor anual do salario base en táboas, o cal reducía o importe a cobrar. A Dirección  xustificaba que iso se facía pola inaplicación do Convenio que había reducido en 15 días de salario a paga extraordinaria do mes de Xullo 2013.

            Non estando de acordo con este criterio denunciamos ante a Dirección que se estaba a realizar unha interpretación errónea da resolución do Laudo Arbitral; la inaplicación del artículo 30.3.2 se producirá exclusivamente respecto de la Gratificación Extraordinaria correspondiente al mes de Julio, la cual tendrá así un importe de 15 días de salario base”.  

            Ademais, a mesma empresa no seu documento de solicitude de Inaplicación só pedía reducir a metade da contía da paga extraordinaria. Tendo en conta todo isto, entendiamos que non se podía utilizar a inaplicación de 15 de salario base na paga extra, e logo, utilizar de novo esa mesma Inaplicación para realizar o cálculo da Prima de Resultados.

            Finalmente fomos  quen de facer entrar en razón á Dirección para que revisaran o cálculo da Prima de Resultados, a regularización de esa cantidade farase (segundo din) na próxima nómina do mes marzo.  


            Seguiremos informando...

miércoles, 12 de marzo de 2014

NÓMINAS

           Desde la Sección Sindical se le entrego hoy por la mañana un escrito a la Dirección de RRHH de la Fábrica denunciando la confusa confección de las nóminas

A Coruña, a 12 de Marzo do 2014.

A LA DIRECCIÓN DE RRHH DE ALCOA INESPAL CORUÑA S.L.

Desde la Sección Sindical de CCOO queremos manifestar nuestro malestar por los problemas en la confección de las nóminas del personal de Fábrica. Es imposible que los trabajadores/as con las nóminas del mes de febrero puedan saber y calcular si el pago de su salario se ha realizado de manera correcta.

Esta situación no es nueva y se pone de manifiesto en cualquier mes cuando existen incidencias de permisos de paternidad, maternidad, lactancia, en su día por ERTE, bajas por IT, Gratificaciones especiales, etc.

Desde CCOO no estamos dispuestos a que esta situación se mantenga por más tiempo y solicitamos que todos los conceptos salariales se desglosen en las nóminas de manera que el personal reconozca exactamente de donde procede cada cantidad.


Esperamos que esta situación se resuelva lo antes posible y nos conteste a la mayor brevedad posible, de no ser así, pondremos en conocimiento de la autoridad laboral estos hechos.   

lunes, 3 de marzo de 2014

FONDO DE PENSIÓNS

O pasado xoves 27 de febreiro (Madrid), a Comisión de Control do Fondo de Pensións BBV UN reuniuse en convocatoria extraordinaria para decidir a inclusión no Fondo dos novos Plans de Pensións Alcoa Inespal Avilés e Alcoa Inespal Coruña. A Comisión de Control resolveu por unanimidade incluír aos devanditos plans no Fondo de Pensións BBV UN.

Este é un paso máis no transvase dos dereitos dos participes e beneficiarios dos centros de Avilés e Coruña que pertencían ao Plan de Pensións Alcoa Inespal e que a raíz da segregación do pasado 5 de Febreiro tiveron que constituír novos Plans de Pensións independentes.

Na reunión, a Xestora do BBV UN tamén presento a situación do Fondo. Resaltar que no exercicio 2013 a rendibilidade obtida foi do 7,06% e no que levamos de exercicio 2014 a rendibilidade é de 0,30%. (ver cadro anexo).


Informar tamén, que se está a falar coa Dirección de Planta e a Xestora de Fondo de Pensións para que técnicos do Fondo de Pensións BBV UN poidan dar unhas charlas na Fábrica e expliquen os beneficios do noso Plan de Pensións e tamén as mellores alternativas no cobramento de prestacións para que fiscalmente sexan máis rendibles.