jueves, 25 de octubre de 2012

RESULTADO REFERENDO


Acta Xeral do Refendo
O resultado do referendo celebrado  onte na Fábrica, sobre a conveniencia, ou non, de suspender as mobilizacións temporalmente, foi favorable á suspendelas. No Referendo participaron 159 traballadores do total da plantilla. A participación foi máis ben escasa e nun exercicio democrático como este o desexable é que participe a gran maioría, por non dicir todos, os convocados á consulta nas urnas. Aínda así cabe destacar a gran diferenza resultante no referendo, xa que a opción de suspender temporalmente as mobilizacións obtivo case o triplo de apoio (116 votos) máis que a opción de seguir con elas (40 votos).


Agora toca esperar, con calma tensa, ao informe da Comisión Nacional de Enerxía sobre a proposta de regulación que o Goberno realizo o 11 de Outubro.
Alcoa xa está a negociar coas empresas subministradoras de enerxía un contrato no que se fixará o prezo final do Mwh a partir do 31 de Decembro, do presente ano. Data esta na que remata o actual contrato de subministración de enerxía que temos coa empresa Gas Natural Fenosa.


Por último informarvos que, a partir do próximo martes 30 de Outubro (incluído) no local de CCOO (ao lado do Comedor Social), imos empezar unha campaña para repasar as nóminas no período de ERTE e comprobar que se achegou correctamente dende a empresa o complemento ata o 85% do salario bruto.

O horario será: martes e xoves de 12 a 14:30 horas.
A documentación que necesitamos, son:
nóminas do período do ERTE, calendario laboral que se tería que realizar e os pagamentos realizados polo Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE).


Seguiremos informando.

martes, 23 de octubre de 2012

REUNIÓN CC.OO. CON EL MINISTRO DE ENERGÍA

SECCIÓN SINDICAL INTERCENTROS DE CCOO DE ALCOA

REUNIÓN CC.OO. CON EL MINISTRO DE ENERGÍA


Felipe López S. General de la Federación de Industria de CCOO 

EL lunes día 22 de octubre de 2012 se reunió en el ministerio de industria en Madrid el S.G de CC.OO  Metal. Felipe López  y el S.G  de Intercentros CC.OO. Alcoa  Andoni Saavedra con el Ministro de  Energía y Turismo José Manuel Soria.

En dicha reunión se trato de la importancia de la energía para las empresas Españolas y de los problemas que estas tienen para poder ser competitivas debido al coste de la misma ya que en Europa no hay fuentes energéticas baratas y las que hay tienen muchos impedimentos.

El ministro nos hablo del acuerdo energético para Alcoa y de cómo gracias a él la empresa podrá seguir en España pues los costes energéticos son asumibles. Ya que el ministerio ha accedido a las reivindicaciones de la compañía para abaratar los costes energéticos

Se le preguntó al ministro si se  había pedido a Alcoa garantías de seguir en España ya que temíamos por la situación de nuestras plantas.

Contestó que el presidente de Alcoa Europa le garantizó que no solo se mantendrían todas las plantas, si no que se invertiría en España.

Ejecutiva Sección Sindical Intercentros de CCOO de Alcoa (2010)

También se preguntó si el gasoducto de San Ciprian se iba a poner en marcha; respondiendo que se ha dado orden de seguir para adelante con el proyecto y realizarlo cuanto antes.

Desde CC.OO. vemos positiva las palabras del Ministro pero exigimos no ya palabras de los responsables de Alcoa si no compromisos de mantenimiento del empleo e inversiones en las Fábricas que despeje  toda duda de su continuidad.


                                                          Madrid 21 de Marzo de 2012.



Sección Sindical Intercentros de CCOO de Alcoa
 
Más noticias sobre este reunión...
 
 
 
 
 

viernes, 19 de octubre de 2012

DEMASIADA POLÍTICA !!!!



Folla de rexístro da Orde Ministerial

CCOO cree que no momento en que nos atopamos as mobilizacións tal como as tiñamos plantexadas non aportan nada novo e poden virar o apoio da cidadanía en contra nós, porque a mensaxe que teñen e que temos unha solución aportada polo Goberno e nos medios saíu que á empresa lle valía o regulado na Orden Ministerial (OM). Por iso creemos nestes momentos o mellor é parar e buscar entre todos outra maneira de seguir coas nosas reivindicacións.

As demais Fábricas de Alcoa desconvocaron as mobilizacións despois da reunión co Presidente de Alcoa España. Dende a Coruña non imos conseguir adiantar os prazos previstos na regulación da tarifa eléctrica, a cal vai ser para todos igual. Si lle vale a Alcoa para seguir producindo, a nós deberíanos de valer igual que lle vale os demais.



Comunicado do Presidente José Ramón Camino
O Presidente de Alcoa dixo, que a regulación recollida na OM aseguraba a permanencia das tres fábricas de Alcoa en España, aínda que como sempre, estaríamos expostos ao complexo mercado do aluminio. Dende a semana pasada xa empezaron a confirmar pedidos para o próximo ano, algo que non estaban a facer. Tamén dixo, que as mobilizacións levadas a cabo foran moi importantes no avance para conseguir unha regulación de tarifa eléctrica competitiva e que a OM que se había enviado á Comisión Nacional de Enerxía (CNE) era un paso importantísimo. Pero cansouse tamén de dicir, que as mobilizacións nestes momentos eran prexudiciais para os intereses da empresa, que se estaba chamando moito a atención e ao noso carro estábanse sumando outras empresas, algunhas non son grandes consumidores de  enerxía. E aínda lles queda por negociar coas eléctricas un contrato de suministro, onde tiñan que sacar o mellor acordo posíbel.

Despois dun tempo máis o menos ben, dende o sábado pasado a onte, houbo un gran cambio nos compañeiros do Comité de Empresa da UGT e a CIG. O sábado despois da reunión con Feijoo no mitin, pasan de estar de acordo en desconvocar o día seguinte a asistencia ó mitin de Rajoy na Coruña e cambiar as mobilizacións de sentido ó entender que dende o PP estiveran a facer o posible pola Fábrica, a querer seguir coas mobilizacións cando todos as Fábricas as desconvocaron.

Cartel electoral do PSdeG en Alfonso Molina
Entendemos que están a atender máis ao xogo que lle marcan os seus maiores nos seus respectivos partidos políticos que mirar polo ben da Fábrica. Queren aproveitar os últimos días de campaña electoral e as mobilizacións que tiñamos previstas para utilizar aos traballadores e traballadoras para arañar un puñado de votos. Nós non seguimos a ninguén, somos completamente independentes politicamente, válennos todos os que queiran axudar e sóbrannos todos os demais. 

Por último dicir, que a CCOO non lle fai falta ningún apoio para tomar as decisións que consideramos apropiadas, o noso obxectivo dende sempre é a viabilidade da Fábrica e sempre estivemos e estaremos o fronte desa loita, e non nos importa que na foto final agora queiran aparecer os de sempre, pero hai cousas que non imos a pasar por alto. En nove meses non nos paramos a dar resposta a ningunha provocación por entender que era o mellor na loita pola Fábrica. Seguiremos a loitar da mesma maneira e ca mesma determinación, pero xa non permaneceremos máis tempo calados e defenderémonos. Ata aquí chegamos.

domingo, 14 de octubre de 2012

SÁBADO DE MÍTINES:

Onte sábado foi un día moi intenso en canto a contactos coas distintas forzas políticas para buscar apoios na loita pola viabilidade da Fábrica. A xornada empezou pasadas as dez da mañá cando unha representación do Comité de Empresa (un por Sección Sindical) se entrevistou co Secretario Xeral de Esquerda Unida, Cayo Lara, na Coruña. Seguidamente deuse unha roda de prensa na que Cayo Lara dixo que esperaba que o anunciado por Feijoo sobre unha orde ministerial non fose unha cortina de fume polas eleccións, e que o luns dirixiríase ao Ministro de enerxía e turismo para esixirlle que diga antes das eleccións cal é o compromiso do Goberno con Alcoa.

Ver noticias sobre isto…
http://www.europapress.es/galicia/noticia-lara-cree-si-cotizaran-bolsa-palabras-feijoo-tendrian-valor-bono-basura-20121013181318.html

Mentres isto sucedía, outra parte do Comité de Empresa e un grupo de traballadores concentrábanse diante do edificio de Expocoruña onde o PSdeG daba un mitin con Pachi Vázquez e Alfredo Rubalcaba. Os dirixentes Socialistas achegáronse a saudar aos traballadores alí concentrados (pancarta incluída) preguntándolles si había novidades e  coñecían as condicións da orde ministerial que o Goberno dicía asinar. Os traballadores dixeron que a única información que tiñan  era a que saía nos medios de comunicación e que nin a Alcoa estaba a pronunciarse neste sentido e xa o botaban de menos.

Minutos máis tarde incorporáronse á concentración a parte do Comité de Empresa que se reuniu con Cayo Lara e seguidamente unha representación do Comité de Empresa mantivo unha reunión cos responsables do Partido Socialista antes do mitin. Na reunión os responsables políticos mostraron todo o seu apoio aos traballadores de Alcoa da Coruña e dixeron que farían todo o posible para que o Goberno aclarase as  condicións desa orde ministerial e pedirían a súa publicación, non fose ser un engano máis da campaña electoral do Partido Popular.

Ver noticias sobre isto…

 Pola tarde, sobre as cinco e media traballadores de Alcoa da Coruña e o Comité de Empresa concentráronse diante do Praia Club para dirixirse logo ao Pabellón dos Deportes onde daba un mitin o Partido Popular con Feijoo á cabeza. Unha vez alí, os traballadores foron informados de que o Presidente da Xunta, o Alcalde da Coruña e outros dirixentes do Partido Popular reuniríanse cunha representación do Comité de Empresa ao terminar o mitin, isto sucedeu sobre as nove da noite.

Ata entón e mentres durou a reunión, os traballadores estiveron fóra do recinto coa pancarta gritando consignas para unha solución definitiva para Alcoa. Ao saír da reunión os Representantes dos Traballadores informaron que o Presidente da Xunta díxolles que non entendía porque o perseguían nos mitins, que desde a Xunta fixeran todo o posible para que Alcoa mantivese as súas fábricas en Galicia, incluso parando a pechadura da Planta da Coruña en decembro 2011. E que a orde ministerial que se realizou desde o Goberno recollía as necesidades dos grandes consumidores de electricidade.

O Comité de Empresa e os traballadores alí presentes valoraron as palabras de Feijoo e decidiron que o vindeiro luns pedirían un pronunciamento da empresa.

Seguiremos informando.

viernes, 12 de octubre de 2012

TARIFA ELÉCTRICA

Dende onte a media mañá as noticias correron rapidamente en torno a unha solución sobre a tarifa eléctrica para grandes consumidores como Alcoa. Dende o Goberno e a Xunta de Galicia, anunciouse que o Ministro de Enerxía e turismo, José Manuel Soria, asinara unha orde ministerial nese sentido e que esta se remitiría ao Consello Nacional da Enerxía para o seu ditame.


Ata onde nós puidemos saber, a Dirección da Fábrica da Coruña, comunico onte pola tarde esta nova situación aos máximos responsables das dúas centrais sindicais maioritarias na Fábrica (CCOO Y UGT). A Dirección comunicou que Alcoa España non se pronunciaría mentres a orde ministerial non fose publicada, ao mesmo tempo, pediu moderación aos responsables sindicais nos pasos a dar nos próximos días para non entorpecer o acordo final.

Dende a Sección Sindical de CCOO de Alcoa da Coruña valoramos positivamente que o Ministro cursase esta orde Ministerial para grandes consumidores de enerxía e tratar de resolver así os problemas enerxéticos da nosa Fábrica, pero despois de máis de 9 meses de incerteza, de sufrimento, e de loita necesitamos algo máis. Necesitamos saber que é o que recolle esa orde ministerial, pero sobre todo necesitamos, que Alcoa saia a certificar esa solución enerxética e diga que con a regulación de tarifa que recolle a orde ministerial, Alcoa manterá todas e cada unha das plantas que ten na España. Da mesma maneira que fixo este verán o Presidente de Alcoa en España dicindo que se non tiñan unha tarifa eléctrica competitiva se irían de País.

Neste mesmo momento en que se publica este artigo, pouco cambiaron as cousas para esta Sección Sindical e temos que seguir mantendo a tensión, poida que nas próximas horas isto cambie e se publique a orde ministerial e Alcoa faga algún comunicado certificando a súa continuidade en España.

Dende o Comité de Empresa de Alcoa da Coruña solicitouse unha reunión do Pleno do Comité de Empresa coa Dirección da Coruña e a unha reunión da Comisión Central de Madrid coa Dirección de Alcoa España para que informen da situación, dicir que nestes momentos non hai ningunha confirmada.

RECORDÁMOSVOS QUE MAÑÁ SÁBADO “RUBALCABA” DARÁ UN MITÍN EN EXPOCORUÑA (DETRÁS DO COLISEO)ÁS 12:00 HORAS

Seguiremos informando.

jueves, 11 de octubre de 2012

ULTIMAS NOTICIAS


Unha representación do Comité de Empresa composta polo Presidente e membros de todas as Seccións Sindicais mantivo hoxe unha reunión con dirixentes do BNG na súa sede da Coruña. Por parte do BNG participaron na reunión a candidata número 2 do BNG pola Coruña, Ana Pontón, a candidata número 3 pola Coruña, Ana Luísa Bouza, e o candidato Suso Bermello.

Os dirixentes do BNG mostraron todo o seu apoio aos representantes dos traballadores alí presentes e animáronos a continuar coa loita para evitar o peche da Factoría coruñesa.
Á saída da reunión os representantes dos traballadores acordaron trasladar ao próximo Luns día 15, a concentración prevista para mañá venres ao coincidir esta en festivo. Polo tanto, a concentración levarase a cabo diante da Fábrica o próximo luns día 15 de Outubro, de 13:30 a 14:30 horas.

Recordarvos tamén que o próximo xoves 18 de Outubro, dentro do calendario de mobilizacións acordadas en Asemblea de Traballadores, realizarase unha manifestación ás 17:30 horas dende a Fábrica pasando pola rotonda dos irmáns Arias, a rotonda do Marineda City e volta á Fábrica.

Seguiremos informando....

miércoles, 10 de octubre de 2012

GRAZAS !!!!

Compañeiros e Compañeiras, o acto reivindicativo levado hoxe a cabo na cidade é para sentirse moi orgullosos de pertencer ao plantel da Fábrica de Aluminios de Alcoa da Coruña.


Dende esta Sección Sindical queremos dar as grazas pola súa participación a todos os que dalgún xeito nos están a axudar na loita para manter viva a nosa Fábrica e non perder os nosos postos de traballo.

Grazas a:
. Todos os traballadores e traballadoras e as súas familias.
. A todas as empresas auxiliares e a todos os talleres externos que para ela traballan.
. Aos partidos Políticos que nos están a apoiar en todo momento.
. Aos compañeiros de Ferroatlántica por unirse a nós na nosa loita, e os compañeiros da industria coruñesa (SGL, Repsol, Emesa, etc)
. A forzas de orde pública que dalgún xeito achegan o seu grao de area en cada mobilización.
. A todos os medios de comunicación pola cobertura e gran difusión que están a facer do noso problema.
. A todos os Coruñeses e Coruñesas que en todo momento nos están a apoiar.

GRAZAS A TODOS E A TODAS.

martes, 9 de octubre de 2012

A LOITA CONTINUA


Dende a Sección Sindical de CCOO de Alcoa da Coruña agradecemos a todos os compañeiros e compañeiras da Fábrica e ás súas familias, a súa participación na manifestación de onte convocada conxuntamente por CCOO e UGT contra os recortes do Goberno, na que o Comité de Empresa e os traballadores de Alcoa reivindicamos unha vez máis unha solución enerxética para manter a actividade na Fábrica e os seus postos de traballo. Os mesmos agradecementos a todos os cidadáns e cidadás en xeral que nos están a dar ánimos e apoiarnos en todo momento.

Compañeiros e compañeiras recordámosvos que mañá ás 17:45 horas realizaremos unha manifestación en roupa de traballo dende a Fábrica ata a Delegación do Goberno en Galicia, co seguinte percorrido:


·        Saída da Fábrica.

·        Volta na rotonda da canteira dos Arias.

·        Estrada Baños de Arteixo.

·        Avenida Salgado Torres.

·        Avenida San Cristobal.

·        Rotonda Mato Grande.

·        Avenida Alcalde Alfonsa Molina.

·        Avenida Liñares Rivas.

·        Delegación do Goberno en Galicia (Praza de Ourense).

Grazas a todos e a todas.

ALCOA A LOITA CONTINUA....

domingo, 7 de octubre de 2012

ALCOA EN LOITA !!!!


O pasado venres  día 5 de Outubro, un grupo de Traballadores de Alcoa da Coruña acudiron ao mitín do PP que o Presidente Feijoo dou en Carballo, alí reclamaron a atención dos asistentes e os medios de comunicación pedindo unha solución definitiva para Alcoa.

Por outro lado, o mesmo venres eo sábado, outro grupo de traballadores facía unha pegada de carteis na cidade e área metropolitana para promover a manifestación que levaremos a cabo, dende Alcoa, o próximo día 10 de Outubro. A manifestación farémola en roupa de traballo ás 17:45 horas, dende a Fábrica ata a Delegación do Goberno en Galicia (A Coruña).

 

Compañeiros/as recordade que mañá luns día 8, os traballadores de Alcoa estamos convocados á manifestación que sairá ás 20 horas da Praza da Palloza, alí esixiremos unha vez máis unha solución     enerxética para a nosa Fábrica.

 

Agradecemos dende aquí a todos os coruñeses e coruñesas a enorme colaboración que nos están a prestar alí a onde fomos a pedila.


Grazas, a todos e a todas.



viernes, 5 de octubre de 2012

MOBILIZACIÓNS INMEDIATAS !!!!


Compañeiros e Compañeiras, recordámosvos que dentro do calendario de Mobilizacións aprobado na Asemblea de Traballadores o pasado mércores 3 Outubro, acordouse para a semana que vén as seguintes:


O próximo luns 8 de outubro, realizásese na Coruña a Manifestación conxunta de CCOO Y UGT que nun principio se formulara facela en Ferrol. A Manifestación sairá ás 20 horas da Praza da Palloza e os traballadores e traballadoras da Fábrica de Alcoa na Coruña estaremos alí para reclamar unha solución enerxética para a Fábrica.



O Próximo Mércores 10 de Outubro, os traballadores e traballadoras de Alcoa realizaremos unha Manifestación dende a Fábrica ata a delegación do Goberno en Galicia. A Manifestación sairá da Fábrica ás 17:45 horas e farase en roupa de traballo. Recordámosvos tamén que para anunciar esta manifestación acordouse para hoxe e mañá unha pegada de carteis, se queres colaborar nesta tarefa achégate ata a Fábrica hoxe ás 19:00 horas, alí organizásense os grupos de traballo, ou fala cos delegados do Comité de Empresa.

jueves, 4 de octubre de 2012

martes, 2 de octubre de 2012

O GOBERNO COMPROMETESE COAS PLANTAS ESPAÑOLAS DE ALCOA

O Ministro de Enerxía e turismo, José Manuel Soria, estivo hoxe na cidade, concretamente no Aeroporto de Alvedro. Alí reuniuse previamente co alcalde, Carlos Negreira, co conselleiro de Industria, Javier Guerra, e o delegado do Goberno, Samuel Juárez.

Despois reuniuse co Presidente do Comité de Empresa, cumprindo así, parte do prometido polo alcalde da Coruña días antes. E dicimos parte, porque o alcalde se comprometera a unha reunión á que asistiría unha representación do Comité de Empresa (un membro de cada Sección Sindical), pero o Ministro e o seu protocolo só admitiu falar co Presidente do Comité de Empresa.

O Ministro pronunciouse publicamente dicindo que o Goberno estaba totalmente comprometido con todas as plantas de Alcoa, incluída a nosa, e que estaba a traballar nunha tarifa que nos permita ser competitivos, asegurando que Alcoa non se ía ir de España pola falta dunha tarifa eléctrica competitiva. O alcalde, Carlos Negreira, dixo que se levaba traballando nunha solución durante semanas para evitar o peche da empresa e mencionou o compromiso do Goberno para iso.

Hoxe pola tarde tamén estiveron de visita na Fábrica altos Directivos de Alcoa, á súa chegada á Empresa foron recibidos polo Comité de Empresa e un grupo de traballadores coa pancarta para reivindicar unha solución. Entre os visitantes estaba o Presidente de Alcoa en España, José Ramón Camino, o Director de Aluminio Primario en España, Rubén Bartolomé, e o segundo máximo responsable a nivel mundial de Alcoa.

Os responsables de Alcoa reuníronse cunha representación do Comité de Empresa para informalles que ante o paso dado hoxe polo Goberno a empresa decidira aprazar quince días calquera comunicado ou decisión, para dar tempo así, a que o dito hoxe polo Ministro se levase a cabo.


Compañeir@s, este é un pasiño máis na loita pola viabilidade da nosa Fábrica. Cada vez falta menos para conseguir o noso obxectivo, temos que seguir así.

Grazas polo teu apoio.
MÁIS NOTICIAS...