martes, 17 de septiembre de 2013

ALCOA PON EN VENDA A LAMINACIÓN ESPAÑOLA


No día de hoxe as Direccións dos Centros de Amorebieta e Alicante comunicaron ás respectivas Representación dos Traballadores que ALCOA decidira vender o sector da Laminación en España. Parece ser que tamén se inclúen plantas Francesas na operación de venda, pero esta noticia esta sen confirmar.

De momento non temos máis información que esta. Só dicir que mañá a Dirección de Coruña citou a unha representación do Comité de Empresa, imaxinamos que para dar máis información ao respecto.

Seguiremos informando….

martes, 10 de septiembre de 2013

ANDARAS BEN SUDADO


O dito no titulo deste escrito, é o que pensan do ABS e de como se ten que traballar na Fundición, o que MAL dirixe esta Fábrica e o seu máis humilde servidor (Xefe do Departamento da Fundición).

Recentemente algún "iluminado" decidiu cambiar os procedementos de traballo describindo as tarefas de xeito individual aludindo ademais que así podían aproveitar algún excedente nun equipo de traballo (polivalente) para que puidese realizar tarefas noutra instalación. Temos claro que o único obxectivo deste cambio é o de traballar nas instalacións sen cubrir as dotacións mínimas de persoal e así reducilo. Que casualidade que o único en común en todos os procedementos é que as tarefas pódenas realizar un só operario, mesmo a limpeza de flotadores. O cal é vergonzoso pois incrementa a exposición á calor dos traballadores.

Os procedementos están denunciados na Inspección de Traballo pois consideramos  que incrementan os riscos para a saúde dos traballadores ao quedar sós máis do aconsellable en tarefas perigosas. Ademais ningún dos procedementos recolle que o traballo na Fundición se realiza por equipos completamente autónomos, faltando a realidade operativa. Dende fai mais de 10 anos o traballo na Fundición realizase tendo como referencia o ABS e levase a cabo por 3 equipos de traballo ben definidos (V1, V5, Homoxenizado e Serras) en cada un deles existe un Líder (que é un traballador máis) o cal é o enlace entre o Xefe de Quenda ante calquera problema e ao revés.

Este sistema operativo adoptouse no seu día despois de ser negociado e chegar a un acordo cos traballadores. Neste sistema de traballo a Dirección e o Departamento sempre dixeron que non había equipos de traballo por debaixo de 3 traballadores, así no lo recordaban sempre que solicitabamos que no Laminador ou no Transporte de metal se fixeran equipos e o seu correspondente Líder, dicindo que era o Xefe de Quenda quen xestionaba os movementos de eses traballadores.

O último cambio nos procedementos de traballo trouxo como consecuencia que os Xefes de Quenda (coas directrices do Departamento), interfiran ao longo da xornada desfacendo os equipos cando se lles antolla chegando a traballar en dúas instalacións con 4 ou 5 traballadores cando tiña que haber mínimo 6 repartidos en dos equipos. O máis grave de todo isto se chega a realizar en plena coada nas dúas verticais á vez, incrementando o risco para os traballadores o cal xa foi notificado á Inspección de Traballo.

En contra do discurso de Alcoa en materia de ABS, consideramos que a Dirección e o Departamento están atacando este sistema que se aplica na Fundición por case 10 anos, e tamén consideramos que se está realizando un incumprimento máis do Convenio Colectivo no seu artigo 17.6 (Sistema de Xestión de Alcoa) no cal as dúas partes se comprometen a defender e aplicar o ABS como sistema operativo na Fábrica. Ante isto dicir que o pasado 4 de Setembro solicitouse dende o Comité de Empresa a convocatoria da Comisión de Interpretación e Vixilancia do Convenio Colectivo para tratar este asunto.

Queremos deixar claro a todos os compañeiros e compañeiras que, se os equipos de traballo non se completan son os Xefes de Quenda os que teñen que dar as ordes precisas en cada momento de calquera tarefa que haxa que realizar nas instalacións. CC.OO seguirá a defender o traballo en base ao ABS e por equipos, pero de non ser corrixida por parte da Dirección e o Departamento de Fundición a súa actitude verémonos obrigados, moi pesar noso, a promover o abandono do ABS como sistema organizativo na Fundición e a promover calquera outra acción de protesta máis contundente.

miércoles, 4 de septiembre de 2013

ENQUISA DE VOCES GLOBAIS


           De novo está a Dirección a voltas coa enquisa de VOCES GLOBAIS dicindo aos mandos que teñen que premer a os traballadores e traballadoras para que saia o resultado que a eles lles interesa, xa que na mesma xúlgase a súa xestión e a dos xefes de departamento. Para lograr ese obxectivo exercen sobre os traballadores e traballadoras todo tipo de presións incluídas ameazas entre elas a máis común é a do peche da fábrica.

            Non sería normal pola nosa banda que despois de baixarnos o salario da maneira que o fixeron (sen darnos a opción de recuperalo con beneficios) saíra na enquisa un resultado positivo nin de participación nin de resultado final. Porque se sae positivo colgaranlles a súa medalliña e entre outras medidas e volveran a intentar inaplicar o Convenio, e entón si que a culpa será nosa.

            Polo tanto, dende a Sección Sindical de CC.OO. facer un chamamento para non ceder ás presións ás que nos van someter os nosos mandos para sacar a enquisa como lle convén á Dirección. Se alguén se sentise premido para cubrir a enquisa poñelo en coñecemento dos nosos delegados para trasladalo fora da fábrica a quen teña a capacidade de darlle unha solución ao problema. O mesmo que se detectades que algúns mandos están a cubrir máis enquisas que a súa.

            O que a queira realizar a enquisa debe de facelo sen presión ningunha e poñendo o que realmente pensa preservando o anonimato, para que finalmente o resultado desta reflicta o sentir do persoal e a xestión que se está a facer da planta. O ano pasado quitamos un bo resultado pois estabamos a pensar que todos estabamos a tirar do mesmo carro polo problema da enerxía. Agora temos a oportunidade de dicirlle a Alcoa como nos sentimos despois de deixarnos tirados coa inaplicación do Convenio e a xestión de esta Dirección.