TÁBOAS SALARIAIS
Como consecuencia
da desviación do IPC previsto, este ano teremos que
devolver parte dos incrementos salariais pactados para o ano 2013, e dicimos
parte, porque os meses de Abril (dende o día 5), Maio e Xuño non teñen que ser
regulados xa que foron conxelados a consecuencia da Inaplicación
del Convenio Colectivo. O ano rematou
cun IPC do 0,3% cando as Táboas Salariais habíanse
incrementado provisionalmente nun 1% segundo o IPC
previsto para o ano 2013. Polo tanto, e segundo
información da propia Dirección, ditas cantidades regularanse na nómina de
febreiro. Por outro lado, informar que de cara ao ano 2014 as Táboas Salariais
incrementásense "provisionalmente" no 0,25%.
No cadro adxunto pódense ver as cantidades aproximadas para cada nivel retributivo. Estas cantidades poden variar por varios motivos; por ter o contrato suspendido polo ERTE no primeiro trimestre do ano, ou porque simplemente o calendario é distinto entre traballadores do mesmo nivel retributivo.
PRIMA DE RESULTADOS
Antes
de nada dicir que a Prima de Resultados 2013 foi tema xa da Comisión de
Interpretación e Vixilancia do Convenio, e vai camiño dun Conflito Colectivo
despois de que a Dirección, no mes de Outubro, impuxera un novo parámetro e
modificara outros para forzar a que o valor desta fose o menor posible e así
realizar unha inaplicación do Convenio encuberta, unha vez que
o Laudo Arbitral decidira que a prima de resultados non podía ser cero e tiña
que regularse polo pactado no Convenio.
Despois
de toda esta "manipulación" a Prima de Resultados rematou o ano cun
valor do 74% (segundo os cálculos da Dirección). Este valor é máis que
sospeitoso pois o ano pasado, nas mesmas circunstancias produtivas, a prima
alcanzou un valor do 141,3%. No cadro adxunto pódense ollar as cantidades
estimadas para cada nivel retributivo co valor do 74%. Esta Prima cóbrase na
nómina de febreiro e axudará a compensar a devolución polo desviou do IPC. Máis adiante haberá que ver
como se resolve o Conflito Colectivo sobre o "apaño" que realizo este
ano a Dirección en este concepto.
FONDO DE AXUDA
A
Empresa ten que devolver as cotas satisfeitas polos traballadores/ás ó Fondo de
Axuda durante o ano 2013, debido a que o índice de absentismo por enfermidade
foi menor do 4,8% segundo recolle o Convenio Colectivo (art.º 47.2). Segundo
informou a Dirección esta devolución tratásese de realizar tamén na nómina do
mes de febreiro.
Seguiremos informando...