viernes, 24 de octubre de 2014
domingo, 19 de octubre de 2014
PRIMA DE RESULTADOS & VENDA DA LAMINACIÓN
PRIMA
DE RESULTADOS
O pasado venres 17 de outubro, a Dirección reuniu á Comisión da Prima de Resultados co fin de proceder a cumprir o ditado na recente sentenza sobre o Conflito Colectivo da Prima de Resultados 2013, a cal lles obriga a proceder ao recálculo desta quitando o parámetro que introduciran en outubro 2013 (Marxe Neto).
O recálculo que fixo a Dirección eleva o valor da Prima
de Resultados 2013, do 74% que xa pagaran no mes de febreiro ao 93%. Este
recálculo de momento non conta co acordo da Representación dos Traballadores (RT). Dende a RT solicitouse
toda a documentación necesaria para poder recálcular (nós mesmos) todos os valores e contrastalos cos
proporcionados pola Dirección. Unha vez máis vólvese a negar esa documentación á RT, pois xa se negou no seu día cando se solicitou para
calcular o valor alcanzado en 2013 (74%).
A Dirección informou que procederá a regularizar a prima
do 2013 na nómina do mes de outubro aínda sen estar de acordo a RT co
resultado do recálculo feito por eles. A xeito de
información dicir que esa regularización pode supoñer entorno aos 175 € máis
para un Nivel 4 e uns 165 € para un Nivel 5.
En canto á Prima de Resultados do 2014, a Dirección tamén
volveu realizar cambios importantes. Retirou tamén o parámetro do Marxe Neto e
repartiu o seu peso (35%) entre o resto de parámetros, concretamente subíndoos
un 5%. Pero isto non foi todo, “e como a raposa xa está afeita a entrar a
roubar galiñas ao galiñeiro” e se pensan que os traballadores somos
parvos, modificaron tamén os parámetros das Suxerencias e as Notificacións de
Risco subindo os obxectivos, pois xa habíamos alcanzado o valor máximo (que eles
mesmos fixaran sen consenso) e baixar así o resultado da prima.
Esta é a Dirección que temos, son uns auténticos estafadores.
Nos próximos días haberá unha nova reunión e da mesma informarémosvos, pero ou
moito cambian as cousas ou isto ten toda a pinta de que rematará unha vez máis
nos Xulgados.
Os seus valores como empresa son as catro "P" (en Inglés): primeiro as persoas, a integridade persoal, a excelencia no desempeño e paixón.
VALORACIÓN
VENDA DA LAMINACIÓN
REUNIÓN EXTRAORDINARIA DO EUROFORUM (15, 16 DE OUTUBRO) VENDA DA TRANSFORMACIÓN ESPAÑOLA E CASTEL SARRASIN (FRANCIA) DE ALCOA
INICIO DO PROCESO
Este proceso iniciouse a principios deste ano cando Alcoa puxo á venda a Transformación Española
con plantas en Amorebieta e
Alicante, e tamén a planta Francesa de Castel-Sarrasin.
Do mes de febreiro ao mes de abril tiveron un principio de acordo de venda
para as tres plantas con OPEN GATE, mesmo se chegou a asinar
unha carta de intencións. Esa operación non frutificou e volveuse reabrir de
novo o proceso e recentemente asinaron un preacordo de venda coa empresa ATLAS
HÓLDING. Coa firma da carta de intencións iníciase o
período de consultas unha vez informado o Comité Europeo de Alcoa (Euroforum).
Neste primeiro contacto o Eurforum recolleu
a información proporcionada polo posible comprador e Alcoa. Esta
información foi estudada e o seguinte paso será enviar a Alcoa un documento con todas as preguntas
que a empresa ten que contestar, así como proporcionar a documentación
complementaria solicitada de cara a emitir un futuro informe.
Alcoa espera que este proceso de venda se peche definitivamente cun acordo o
próximo 30 de Novembro.
PRÓXIMOS
PASOS
O venres 17, os Directivos de Alcoa e os
de Atlas Hólding visitaron a planta de Castel para
reunirse co Comité de Empresa local e proporcionar a información dada ao Euroforum así como responder ás preguntas e
inquietudes dos traballadores. O luns día 20, a reunión levarase a cabo na
planta de Amorebieta e o martes 21 na planta de Alicante.
O principio de acordo recolle que durante 5 anos Atlas Hólding ten o compromiso de comprar o
metal necesario para a súa produción a Alcoa (A Coruña, San Ciprián), no volume máis ou menos actual e a custo de
mercado.
OS CENTROS DE TRABALLO
Amorebieta 474 traballadores
Alicante 340 traballadores
Castell 40 traballadores
ATLAS HÓLDING
Esta empresa creouse no ano 2002 e dedícase a comprar
empresas de grandes corporacións que non interesan polo seu pouco marxe de
negocio. Como todo hólding componse de varias empresas que operan en distintos
sectores, máis concretamente nos seguintes:
AUTOMOCIÓN
|
MOTUS
|
MATERIAIS
DE CONSTRUCCIÓN
|
BRIDGEWELL,
ERICKSON, REDBUILT, TWINN RIVERS PAPER COMPANY.
|
BENS
DE CAPITAL
|
PANGBORN
GROUP
|
PRODUTOS E SERVIZOS DE CONSTRUCCIÓN
|
BRIDGE
FABRICATION HOLDINGS, BRIDGEWELL RESOURCES, ERICKSON CONSTRUCTION, NEW WOOD
RESOURCES, REDBUILT.
|
ENERXÍA
|
BRIDGEELL RESOURCES, DETROIT RENEWABLE ENERGY, SUSQUEHANNA
DRILLING PARTNERSHIPS.
|
SERVIZOS INDUSTRIAIS
|
BRIDGEELL RESOURCES, DETROIT RENEWABLE ENERGY,
PHOENIX SERVICES INTERNATIONAL.
|
EMBALAXE
|
ASG, FOREST RESOURCES
|
PASTA, PAPEL Y TEXIDOS
|
FINCH PAPER, SOUNDVIEW PAPER COMPANY, TWIN RIVERS
PAPER COMPANY.
|
ACEIRO
|
BRIDGE FABRICATION HOLDINGS, PHOENIX SERVICES
INTERNATIONAL
|
COMERZO E DISTRIBUCION
|
BRIDGEELL RESOURCES
|
As súas empresas están distribuídas en máis de 110
plantas por todo o mundo, cun total de 12.000 traballadores. Definen a súa
política de xestión como conservadora, buscando resultados a medio longo prazo
e prefiren non arriscar buscando grandes beneficios. Con esta política presumen
de non ter tido nunca unha empresa en quebra.
Promoven a libre competencia entre os seus negocios e non
se limitan a adquirir os seus propios produtos se
estes non son competitivos. Din ser moi estritos en seguridade e perseguen os
mesmos obxectivos que Alcoa, accidentes cero.
PROXECTO INDUSTRIAL
Adquirir o 100% do capital das tres plantas de Alcoa e Fixar a súa
sede europea en Holanda. Anuncian que non teñen a necesidade de realizar ningún
plan de restructuración nos centros de traballo. Encargaranse
de asumir o total dos traballadores das plantas con todas as súas garantías
actuais. Afirman que mesmo terán que crear emprego, posto que parte dos
recursos fixos que tiña Alcoa e
compartidos entre varias plantas, como de tipo informáticos ou tesouraría agora
quedarían sen eles.
No tocante aos investimentos din que están a estudar a instalación dun
forno rotativo para refundir chatarra en Amorebita e
tamén unha desengrasadora para as súas boninas de chapa. En Castel Sarrasin van
axilizar o investimento para melloras na produción de chapa brillo de cara á
automoción.
En Alicante a estratexia vai encamiñada á
posibilidade de reabrir a súa fundición e poñer en marcha a coada continua.
Tamén queren potenciar o Cindal (centro de
investigación) xa que é parte da compra, e todos os seus recursos dedicaranse
a buscar posibilidades de crecemento no sector.
A Dirección actual das plantas Hispano-Francesas pasa tamén á nova
compañía, que de momento aínda non ten nome propio. Tamén se incorporarían á
nova empresa parte do equipo comercial, co que xa estiveron en conversacións.
Os seus valores como empresa son as catro "P" (en Inglés): primeiro as persoas, a integridade persoal, a excelencia no desempeño e paixón.
VALORACIÓN
Á primeira vista é que nos encontramos ante unha empresa
nova e forte con ganas de expandirse. Quere iniciarse no negocio do aluminio e
sacarlle o máximo rendemento cunha clara estratexia de ser autosuficientes e
buscar novos clientes a base de darlles facilidades de pagamento e sendo máis
eficientes.
A música soa ben, pero haberá que estar atentos a ver que
di a letra pequena.
Seguiremos informando...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)