Do 17 ao 19 de Novembro Rede Eléctrica Española
(REE) levou a cabo a primeira poxa do servizo de interrumpibilidade en Ifema
(Madrid). A poxa fíxose por un sistema descendente dos prezos e poxábanse 238
bloques de 5MW e 9 bloques de 90MW de potencia.
Á falta da confirmación oficial dos resultados da
poxa por parte REE, os cales non se farán públicos mentres a Comisión Nacional
de Mercados e a Competencia (CNMC) non realice o seu ditame, diversos medios
difundiron que á poxa presentáronse unhas 100 empresas (máis de 150 centros de
traballo), delas só seis puxaban para os bloques de 90MW o resto facíano para
os de 5MW. As seis empresas grandes consumidoras demandaban 12 bloques de 90MW
(6 Alcoa, 2 Asturiana do Zinc e 1 Ferroatlántica, ArcelorMittal, Celsa,
Solvay).
Algúns medios de comunicación como “Cincodías”
difundiron que a poxa fora un desastre e déronse varias situacións: acudiron
empresas que non teñen un consumo de enerxía plano e o custo de enerxía non é
vital para no seu proceso ou que ata agora non eran susceptibles de
interrumpibilidade; Empresas con bloques de 90MW que os converteron en bloques
de 5MW e que puxaron á baixa para rebentar a poxa xa que a elas habíalles ido
mal; novos entrantes que afundiron o prezo; quen poxaron os seus bloques en
busca de liquidez, e aqueles para os que os custos de enerxía non son relevantes
e aceptaron calquera prezo.
Segundo datos extraoficiais quedaron sen adxudicar
uns 600MW debido aos baixos prezos. Dos 550 millóns de euros dispoñibles para a
interrumpibilidade queda un remanente de 200 millóns. Polo tanto aínda queda
unha bolsa de enerxía de interrumpibilidade para unha segunda poxa. A
asociación de grandes consumidores de enerxía AEGE e a do sector da siderurxia
UNESID non fixeron ningunha declaración respecto diso e esperan que REE
oficialice os datos para dar unha resposta.
A Dirección de Alcoa de Coruña a falta dunha
comunicación oficial por parte de REE comunico hoxe aos sindicatos de fábrica
que tanto a planta de Avilés como a de Coruña puxaran por un bloque de 90MW
cada unha e non conseguiran ningún e que a planta de San Ciprián só conseguiu 3
dos 4 bloques que necesitaba para manter a súa produción de cara ao 2015. Din
que teñen que esperar que REE faga oficial os datos e esperar unha segunda
poxa.
Axiña que teñamos noticias sobre todo isto
informarémosvos.