ÀNIMO E FORZA COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS !!!
sábado, 29 de agosto de 2015
SUBASTA DO CARALLO
A SECCIÓN SINDICAL DE CCOO APOIA AO 110% A POSTURA DO COMITÉ DE EMPRESA NO COMUNICADO PUBLICADO HOXE MESMO ANTE A PROPOSTA DO MINISTERIO DE INDUSTRIA, ENERXÍA E SOBRE TODO TURISMO DE SÓ SACAR 8 BLOQUES DE 90MW A CONCURSO.
martes, 25 de agosto de 2015
VISITA DO NOVO PRESIDENTE DE ALCOA ESPAÑA & ACTIVIDADE PARLAMENTARIA
VISITA DO PRESIDENTE DE ALCOA ESPAÑA
O Comité de
Empresa mantivo hoxe unha reunión coa Dirección e o novo Presidente de Alcoa
España, Rúben Bartolome, esta reunión foi solicitada polo Comité de Empresa
cando habían saído as datas da poxa para adxudicar os incentivos sobre o
servizo de interrumpibilidade para o ano 2016.
Sobre a poxa que
se vai realizar a partir do 31 de agosto, a empresa non aportou información nova. Non se sabe polo
de agora que demanda de bloques de 90MW vai haber e cal vai ser a oferta, pero
vendo que nas bases do BOE se anuncian de 7 a 13 bloques de 90 MW, esperan que se cubran ao 100% as necesidades
da empresa.
Dende o Comité de
Empresa pediuse que as fábricas da Coruña e Avilés fosen compensadas pola estratexia
da empresa de cara a próxima poxa, pois durante o ano 2015 estaban a ter uns maiores
custes eléctricos por mor dos erros na poxa do ano pasado.
O Presidente incidiu
moito sobre o gran problema da caída do mercado do aluminio achacando o mesmo a
que produtores chinos están exportando metal sen control algún sumindo ao
mercado nunha crise moi grande. Resaltou que hoxe mesmo o LME cotizábase por
debaixo dos 1.500 dólares a tonelada, e que os premios baixaran uns 250$ do que
marcaban a finais do ano pasado. Alertou que esta situación fai que mais da
terceira parte das fábricas de Alcoa estean acumulando perdas e de seguir así
Alcoa podería tomar decisións de cortes de produción e incluso peches.
O Comité de
Empresa recriminou á Dirección o estado de abandono das instalación e a falta de
inversións en momentos con bos resultados económicos que, ante circunstancias como
estas, posibilitarían que os resultados non fosen tan negativos.
INICIATIVA
PARLAMENTARIA DO GRUPO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA (AGE)
No día de hoxe a Deputada
Yolanda Díaz, do grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE),
presentou na cámara unha pregunta sobre a nosa fábrica para ser respondida
oralmente no pleno.
martes, 11 de agosto de 2015
MOBILIZACIÓNS
O PRÓXIMO VENRES 21 DE AGOSTO NON QUEDES ÁS ESCURAS...MANIFÉSTATE !!!
TRAE A TÚA CAMISETA LARANXA...AS VELAS PONAS O COMITÉ DE EMPRESA !!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)