MOBILÍZATE CONNOSCO O 1.º DE MAIO!
A sociedade española que sae da recesión é máis inxusta e, en Galicia, a degradación social e laboral tamén resulta evidente: 164.000 persoas perderon o seu emprego nestes últimos sete anos e as que o conservan sofren cada vez máis precariedade.
A situación de moitas familias galegas é extrema: hai 75.100 fogares con todos os seus membros activos en paro e en32.800 xa non perciben ningún tipo de ingreso. O papel do sindicalismo é fundamental nesta repartición primaria da renda, porque a negociación do salario —no convenio colectivo— é un instrumento esencial para construír unha sociedade xusta, democrática e social.
Por todo isto, neste 1.º de Maio, CCOO esixe un cambio urxente e convidámoste a participares connosco na MANIFESTACIÓN DA CORUÑA que sairá ás 12 h da praza da Palloza.
PARTICIPA... Fai que a nosa voz se escoite en toda Galicia !!!