Hoxe ó mediodía o
Comité de Empresa reuniuse coa dirección para que se lle informara sobre as
noticias que saíron onte coa posta en venta das factorías que Alcoa ten en
España.
A dirección
informou que Alcoa dentro do proceso aberto non contempla só unha posible venta
das factorías como único escenario, se non que dentro da estratexia como grupo
non descartan outras alternativas viables como unha fusión ou sociedade con
outros grupos, mesmo clientes.
Segundo a
dirección este proceso está nunha fase inicial e aseguran que non hai ningunha
decisión tomada ao respecto. As visitas que se están recibindo están compostas
duns asesores que contratou Alcoa xunto con analistas de grupos industriais e
fondos de inversións. Estas visitas repetiranse con outros grupos de inversión
interesados nas plantas nas próximas semanas.
Argumentando non
ser favorable para os intereses da empresa e que tiñan un contrato de
confidencialidade firmado a empresa elude dar os nomes dos grupos interesados nas
plantas que a visitaron ata o de agora.
O Comité de
Empresa solicitou unha reunión co Presidente de Alcoa España para que informe
sobre este proceso e tamén sobre as previsións da empresa para a próxima
subasta de interrumpibilidade, así como do punto en que está a segregación de
Alcoa. Mañá ao mediodía unha representación do Comité de Empresa reunirase con
Alcalde da cidade para transmitirlle a
preocupación por esta situación.
Dende as Seccións
sindicais das CCOO das fábricas de Alcoa solicitamos unha reunión coa dirección
en España. Tamén solicitamos a reunión urxente do Comité Europeo (restrinxido) de
Alcoa coa invitación de todos os membros
Españois para que a dirección Europea da compañía dé toda a información ao
respecto deste proceso.
En CCOO reclamamos
a máxima información e transparencia neste
proceso e traballaremos para implicar no mesmo ás distintas administracións,
así como aos partidos políticos para o resultado final garante o futuro da
actividade da nosa fábrica e todos os postos de traballo que dela dependen.
Seguiremos
informando.