A XUSTIZA DA A RAZÓN Ó COMITÉ DE EMPRESA
E DÍ QUE A CIG NON TEN DEREITO A PARTICIPAR NAS COMISIÓNS DE TRABALLO DO
CONVENIO COLECTIVO SI NON SON ASINANTES DO MESMO
O xulgado do social número 2 da
Coruña ditou sentenza nestes termos e
desestimou a demanda da CIG contra o Comité de Empresa, CCOO, UGT, APC e Alcoa
Inespal Coruña S.L ao considerar que non existe ningunha vulneración da
liberdade sindical.
ANTECEDENTES
O 19 de xuño do ano 2017, a
maioría da Mesa de Negociación do Convenio 2016-2018, había chegado a un
preacordo para ser presentado ao persoal en asemblea, salvo a CIG que na última
reunión non sabía si facelo ou non “Se redacta un preacuerdo de convenio y firman los presentes, el
representante de CIG se abstiene de firmar por faltar la mitad de su
representación”. Dende ese momento a CIG e os seus “colaboradores”
iniciaron unha campaña de difamación e distorsión de realidade, principalmente
sobre o punto da prima de preventivo, desvirtuando os beneficios do preacordo e
ocasionando que ao final se perdese dende a blindaxe do calendario e mantemento
da prima para todo o persoal antigo dese colectivo, ata que os polivalentes de
series só poderían realizar esa tarefa na nova organización de xeito
voluntario, pero o peor de todo foi que o novo persoal de preventivo deixou de
cobrar 170 euros ao mes polo traballo que levan facendo dende fai un ano.
O tempo demostrou que aquela campaña
só fixo dano e o preacordo nese punto non debía de ser tan malo cando aos
poucos meses en negociacións de calendarios os mesmos traballadores aos que
quentaron a cabeza coa súa campaña solicitaban que se rescatase o preacordo.
O 21 de setembro 2017, o Comité
de Empresa reunido en pleno decidiu que os representantes da CIG ao non ser
asinantes non participasen nas Comisións de Traballo de interpretación e seguimento
do Convenio Colectivo e a CIG demandou ao Comité de Empresa e a todas as
Seccións Sindicais que teñen participación no mesmo, así como á empresa.
O 7 de xuño do ano en curso,
celebrouse o xuízo e xusto antes de entrar na sala e para asombro de todos os
demandados e presentes atopámonos con que a CIG realizara unha ampliación da
demanda solicitando que cada un dos demandados lles désemos 6.251 euros (31.255
euros). Vamos, que os mesmos que asinan os documentos que fan posible manter e
mellorar os dereitos de todos lles désemos eses cartos a quen pretende estar
nunhas comisións dun Convenio que voluntariamente rexeitaron asinar
aproveitándose ao mesmo tempo do conseguido.
Lamentamos ter que facer este
comunicado, pero non podemos deixar pasar por alto tan graves feitos, aínda así,
non imos seguir dándolle máis cova a estes personaxes cuns valores tan baixos, cada
quen que saque as súas propias conclusións.
Seguiremos informando.