martes, 8 de junio de 2010

REUNIÓN DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA

Onte celebrouse reunión do Pleno do Comité, na mesma tratáronse os seguintes asuntos:

Estancias de Verán: Aprobouse por votación (8 votos a favor, 0 votos en contra e 8 abstencións) unha única proposta de viaxe a Benidorm para os fillos dos traballadores.

• Transporte: Acordáronse unhas modificación para propoñer a Empresa que suporá un aforro no recorrido:
O Bus nº3, fará a parada de San Pedro de Mezonzo.
O Bus nº2, fará a parada de Vioño.

• Calendarios de Turno: Acordouse que unha vez finalizadas as negociacións de Convenio, estudar as distintas propostas para implantar na Coruña un calendario para o Turno con máis tempo de vacacións consecutivas.

• Negociación de Convenio: CC.OO., (en sintonía co resto de Centrais Sindicais) di que a Empresa está a retrasar deliberadamente a posibilidade dun acordo neste senso. Nas reunións que se levan a día de hoxe, estanse a dedicar a deixar pasar o tempo falando do texto do Convenio que queren modificar sen ter cerrado aínda ningún acordo. CC.OO., propón cerrar primeiro os acordos nos puntos máis discrepantes como é o salarial antes de seguir adiante.
Acordase comunicarlle a Empresa isto para iniciar a negociación dos puntos que máis nos separan agora mesmo. Tamén se acorda trasladarlle a Empresa que na modificación do texto do Convenio, non se vai aceptar o retirar ningún texto onde faga referencia ó Comité de Empresa (unha constante nas propostas de modificación por parte da Dirección).

• Varios: CC.OO., puxo en coñecemento do Pleno a situación irregular que se esta a crear coa contratación do persoal da bolsa para cubrir as vacacións, xa que isto, esta a cambiar o proceder nos Departamentos (sen previo aviso) o negar a posibilidade, que ata agora fomentaban e facilitaban, de poder coller os días de vacacións soltos.
CC.OO., propón se lle recorde a Empresa o acordo alcanzado en Marzo (2009) de internalizar traballos, e se lle de continuidade, contratando os traballadores da bolsa permanentemente para facer traballos como o da recuperación de Alumina nos sotanos das Series, ou pintando as naves, e cando fixera falta cubrirían as vacacións o as baixas nos Departamentos para os que teñen formación.