jueves, 28 de octubre de 2010

A “SERRA IMISA” PARALIZADA POR FALTA DE MEDIDAS DE SEGURIDADE

ANTECEDENTES: O 15 de Outubro tivo lugar unha reunión na Inspección de Traballo, entre outros temas tratouse a formación dos Recursos Preventivos, e o incumprimento dos procedementos de traballo na Fundición, por ter as instalacións en marcha sen o persoal mínimo necesario para realizar o traballo. O Xefe do Departamento de Fundición xustificou estes feitos aludindo que as instalacións no seu departamento estaban debidamente certificadas en canto a protección dos traballadores (R.D 12/15), e polo tanto, non se incrementaba o risco aínda que estiveran en marcha sen o persoal mínimo para traballar. E que si o procedemento era o problema, cambiábano e asunto resolto.

O Inspector de Traballo resolveu con carácter de aplicación inmediata, que as instalacións en marcha tiñan que cumprir os procedementos e traballar co persoal mínimo establecido nos mesmos. E adiantoulle ós presentes que nun prazo de 15 días ou un mes realizaría unha visita para facer as comprobacións oportunas.

FEITOS: Onte cumprindo co avanzado o 15 de Outubro, o Inspector de Traballo de Zona visitou a Fábrica. Durante a mesma mantivo unha reunión co Xefe de Planta, Xefe de EHS e Delegados de Prevención, e trataron entre outros temas a formación do persoal que actúa como Recurso Preventivo.

Rematada a reunión o inspector visitou as instalacións da Fundición empezando pola serra Imisa. Nada máis chegar, descubriu a gran “mentira” que lle contara facía 15 días o Xefe da Fundición, asegurando que tiña as instalacións certificadas e seguras. Á Instalación faltábanlle na zona do apilador os detectores de presenza, só estaban os cables. Preguntando descubriu que esta situación mantíñase dende facía varios meses, aínda co Xefe do Departamento e a Xefa de Taller aseguraban que era cousa duns días. De inmediato mandou paralizar a actividade na instalación e puxo como condición para poñela en marcha a reparación dos detectores de presenza.

No momento de publicar este escrito, a serra Imisa está traballando de novo con total normalidade despois de cumprir coas esixencias do Inspector de Traballo. Non chegamos a entender como se pode mentir desta maneira ó Inspector de Traballo, e encima deixar a instalación sen reparar despois de saber que ía a visitar a Fábrica en breve. O máis grave de todo é cos traballadores da instalación estiveron traballando na mesma sen as proteccións axeitadas. Esperamos que para o futuro se aprenda do acontecido e non se volvan a repetir estes feitos.

Seguiremos informando.