A CONCENTRACIÓN de hoxe fronte a Gas Natural
Fenosa levouse a cabo sen incidentes, durante a mesma realizouse un corte de
trafico no ramal de incorporación á Av. De Arteixo.
Para unha Fábrica como a
nosa, onde boa parte do plantel esta a xornada e a outra parte a quendas de
traballo e todo un reto realizar con éxito unha mobilización en horario de
oficinas. Os traballadores e traballadoras de Alcoa da Coruña demostraron hoxe,
unha vez máis, a súa gran determinación e firmeza na defensa do mantemento da
actividade da Fábrica.
Dende CCOO queremos agradecer a todos os
compañeiros e compañeiras o apoio dado nesta nova mobilización.
Dende esta Sección Sindical de CCOO de Alcoa solicitamos a participación de todos
os traballadores e traballadoras da Fábrica da Coruña nas próximas manifestacións
que os sindicatos de CCOO e UGT teñen convocadas.
As manifestacións sairán dende a Praza
da Palloza ás12:00 da mañá o próximo domingo 29 de Abril e o vindeiro 1 de
Maio.
Estes son momento especialmente difíciles para os traballadores e traballadoras do pais. O Goberno está aproveitando a crise para arremeter contra as coberturas sociais da poboación, esnaquizando o mesmo tempo os dereitos dos traballadores e traballadoras e NON PODEMOS CONSENTILO. O 29 de Abril e o 1 de Maio ALCOA estará nas manifestacións da Palloza, ESPERÁMOSTE.
¡¡¡¡ MOBILIZATE !!!!
¡¡¡¡DEFENTE OS TEUS DEREITOS !!!!