Na reunión de hoxe a Dirección informou que o
próximo luns levaríase a cabo o primeiro dos traslados definitivos (persoal de
Convenio) á Fábrica de San Cibrao. Ese mesmo día, o resto dos solicitantes de traslado
realizaran unha entrevista con responsables da Fábrica de San Cibrao.
A Dirección entregou o listado do segundo
grupo do E.R.T.E para que sexa revisado pola Representación dos Traballadores (RT)
segundo os criterios establecidos (os mesmos do 1º grupo) antes de publicalos na
Fábrica e comunicarllo aos traballadores afectados. Este segundo grupo esta
composto por 49 traballadores, que o igual co primeiro grupo, primeiro iran de
vacacións e de seguido continuaran coa suspensión de contrato.
A RT solicitou o calendario para o resto da
plantilla. A Dirección comprometeuse a entregalo o antes posible, solicitando o
mesmo tempo da RT o compromiso de que sería un calendario teórico e suxeito a posibles
cambios segundo a evolución da situación prevista. A Comisión quedou en rematar
o Plan Estratéxico da Fábrica nunha próxima reunión, para sexa avalado pola
firma do Presidente de Alcoa España, tal e como se había acordado no peche da
negociación do E.R.T.E.
A Dirección informou que durante o primeiro
trimestre do ano A Coruña acumulara perdas, mentres Alcoa a nivel mundial tivera
uns beneficios de 94 millóns de dólares. As previsións da Dirección para a
Coruña no segundo trimestre, son moito mellores, a pesar de que o LME esta
baixando. Segundo a Dirección isto é devido á redución de custes polas accións
que se están acometendo que fan que nestes momentos xa nos sexamos os últimos
no ranking das Fábricas de Alcoa.
A RT solicitou a Dirección información sobre a
negociación do contrato de enerxía. A Dirección dixo que Alcoa non dera
información o respecto. A RT solicitou que nunha próxima reunión se invitara a
o responsable do apartado de enerxía de Alcoa, para informar a Comisión do
estado das negociacións.
Isto foi o que dou de si a reunión de hoxe. Antes
de terminar recordarvos a todos e a todas que o próximo luns 23 de Abril, ás
10:50 da maña, realizarase unha CONCENTRACIÓN DE TRABALLADORES diante das oficinas
de GAS NATURAL FENOSA, na Avenida de Arteixo (onde teñen o Museo). Esta medida
de presión e para demandar un acordo satisfactorio para Alcoa na renovación do
contrato de enerxía e para demandar unha tarifa eléctrica competitiva.
Este acto durará aproximadamente media hora e realizase
en horario de oficinas porque doutro xeito non tería sentido. Por iso é necesario
a participación de todos e todas os que esteades libres ou en suspensión de
contrato.
¡¡¡ LOITA POLO TEU FUTURO !!!
¡¡¡ NON TE QUEDES
PARADO !!!