Antes de nada, dende CCOO queremos
agradecer a todos os compañeiros e compañeiras que participaron nas
concentracións de onte mércores na Delegación do Goberno e hoxe xoves en Santiago a vosa
presenza nestas e determinación demostrada para defender os nosos centros de
traballo e os postos de traballo que deles dependen. Os mesmos agradecementos para todos e todas os que quixestes estar alí e non
puidestes, e como non, para todos os que dalgunha forma participastes nas máis
de vinte mobilizacións que se realizaron polo Expediente de regulación de
Emprego e a regulación da Tarifa eléctrica.
Temos que seguir así, de momento non temos nada que nos asegure a viabilidade da Fábrica nin por parte de Alcoa, nin do Goberno, nin das eléctricas. Hoxe tanto o Conselleiro de Industria coma o presidente da Xunta dixeron que se está a traballar ao máis alto nivel (Ministro de enerxía e Presidente do Goberno) para dar unha solución ao problema de Alcoa. Mentres non chegue esa solución teremos que facernos oír nas mobilizacións, tanto nas que se convoquen dende o noso centro de traballo coma nas que programen nos demais centros de Alcoa, sen esquecer os actos políticos que se desenvolverán con motivo das eleccións Galegas do 21 de Outubro.
O 10 de Outubro está prevista polo Comité de Empresa unha Manifestación ás 17:45 horas (en roupa de traballo) dende a Fábrica ata a Delegación do Goberno pasando previamente pola Rotonda de Mato Grande e baixando a Alfonso Molina para chegar á Delegación. Esta Manifestación está pendente do que teña que dicir a Subdelegación do Goberno á cal se lle comunico.
ALCOA, A LOITA CONTINUA....
O 8 de Outubro estamos
convocados a unha mobilización a nivel nacional en defensa da industria. En
Galicia esas manifestacións levaranse a cabo nas cidades de Vigo e Ferrol. As Fábricas
de Alcoa de San Ciprián
e Coruña
iremos a Ferrol
e alí volveremos reclamar unha solución ao noso problema. Tan pronto dispoñamos
de carteis informativos farémosvolos chegar, pero adiantámosvos que a
manifestación será o día 8 de Outubro (Luns) ás 20:00 en Ferrol, dende CCOO fretásense autocares que sairán da
explanada do sindicato (Alfonso
Molina) ás 19:00 horas.
O 10 de Outubro está prevista polo Comité de Empresa unha Manifestación ás 17:45 horas (en roupa de traballo) dende a Fábrica ata a Delegación do Goberno pasando previamente pola Rotonda de Mato Grande e baixando a Alfonso Molina para chegar á Delegación. Esta Manifestación está pendente do que teña que dicir a Subdelegación do Goberno á cal se lle comunico.
Seguiremos informando.