O dito no titulo deste escrito, é o que pensan do ABS e de como se ten que
traballar na Fundición, o que MAL dirixe esta Fábrica e o seu máis humilde servidor
(Xefe do Departamento da Fundición).
Recentemente algún "iluminado" decidiu cambiar os procedementos
de traballo describindo as tarefas de xeito individual aludindo ademais que así
podían aproveitar algún excedente nun equipo de traballo (polivalente) para que
puidese realizar tarefas noutra instalación. Temos claro que o único obxectivo
deste cambio é o de traballar nas instalacións sen cubrir as dotacións mínimas de
persoal e así reducilo. Que casualidade que o único en común en todos os
procedementos é que as tarefas pódenas realizar un só operario, mesmo a limpeza
de flotadores. O cal é vergonzoso pois incrementa a exposición á calor dos
traballadores.
Os procedementos están denunciados na Inspección de Traballo pois
consideramos que incrementan os riscos
para a saúde dos traballadores ao quedar sós máis do aconsellable en tarefas
perigosas. Ademais ningún dos procedementos recolle que o traballo na Fundición
se realiza por equipos completamente autónomos, faltando a realidade operativa.
Dende fai mais de 10 anos o traballo na Fundición realizase tendo como
referencia o ABS e levase a cabo por 3 equipos de traballo ben definidos (V1,
V5, Homoxenizado e Serras) en cada un deles existe un Líder (que é un
traballador máis) o cal é o enlace entre o Xefe de Quenda ante calquera
problema e ao revés.
Este sistema operativo adoptouse no seu día despois de ser negociado e
chegar a un acordo cos traballadores. Neste sistema de traballo a Dirección e o
Departamento sempre dixeron que non había equipos de traballo por debaixo de 3
traballadores, así no lo recordaban sempre que solicitabamos que no Laminador
ou no Transporte de metal se fixeran equipos e o seu correspondente Líder,
dicindo que era o Xefe de Quenda quen xestionaba os movementos de eses
traballadores.
O último cambio nos procedementos de traballo trouxo como consecuencia que
os Xefes de Quenda (coas directrices do Departamento), interfiran ao longo da
xornada desfacendo os equipos cando se lles antolla chegando a traballar en
dúas instalacións con 4 ou 5 traballadores cando tiña que haber mínimo 6
repartidos en dos equipos. O máis grave de todo isto se chega a realizar en
plena coada nas dúas verticais á vez, incrementando o risco para os
traballadores o cal xa foi notificado á Inspección de Traballo.
En contra do discurso de Alcoa en materia de ABS, consideramos que a
Dirección e o Departamento están atacando este sistema que se aplica na
Fundición por case 10 anos, e tamén consideramos que se está realizando un
incumprimento máis do Convenio Colectivo no seu artigo 17.6 (Sistema de Xestión
de Alcoa) no cal as dúas partes se comprometen a defender e aplicar o ABS como
sistema operativo na Fábrica. Ante isto dicir que o pasado 4 de Setembro
solicitouse dende o Comité de Empresa a convocatoria da Comisión de
Interpretación e Vixilancia do Convenio Colectivo para tratar este asunto.
Queremos deixar claro a todos os compañeiros e compañeiras que, se os
equipos de traballo non se completan son os Xefes de Quenda os que teñen que
dar as ordes precisas en cada momento de calquera tarefa que haxa que realizar
nas instalacións. CC.OO seguirá a defender o traballo en base ao ABS e por
equipos, pero de non ser corrixida por parte da Dirección e o Departamento de
Fundición a súa actitude verémonos obrigados, moi pesar noso, a promover o
abandono do ABS como sistema organizativo na Fundición e a promover calquera
outra acción de protesta máis contundente.