De novo está
a Dirección a voltas coa enquisa de VOCES GLOBAIS dicindo aos mandos que teñen
que premer a os traballadores e traballadoras para que saia o resultado que a
eles lles interesa, xa que na mesma xúlgase a súa xestión e a dos xefes de
departamento. Para lograr ese obxectivo exercen sobre os traballadores e
traballadoras todo tipo de presións incluídas ameazas entre elas a máis común é
a do peche da fábrica.
Non sería normal pola nosa banda que
despois de baixarnos o salario da maneira que o fixeron (sen darnos a opción de
recuperalo con beneficios) saíra na enquisa un resultado positivo nin de
participación nin de resultado final. Porque se sae positivo colgaranlles a súa
medalliña e entre outras medidas e volveran a intentar inaplicar
o Convenio, e entón si que a culpa será nosa.
Polo tanto, dende a Sección Sindical
de CC.OO. facer un chamamento para non ceder ás
presións ás que nos van someter os nosos mandos para sacar a enquisa como lle
convén á Dirección. Se alguén se sentise premido para cubrir a enquisa poñelo
en coñecemento dos nosos delegados para trasladalo fora da fábrica a quen teña a
capacidade de darlle unha solución ao problema. O mesmo que se detectades que
algúns mandos están a cubrir máis enquisas que a súa.
O que a queira realizar a enquisa
debe de facelo sen presión ningunha e poñendo o que realmente pensa preservando
o anonimato, para que finalmente o resultado desta reflicta o sentir do persoal
e a xestión que se está a facer da planta. O ano pasado quitamos un bo
resultado pois estabamos a pensar que todos estabamos a tirar do mesmo carro
polo problema da enerxía. Agora temos a oportunidade de dicirlle a Alcoa como
nos sentimos despois de deixarnos tirados coa inaplicación do Convenio e a
xestión de esta Dirección.