Despois anunciar dende CC.OO o inicio do proceso para reclamar individualmente
as cantidades da Prima de Vacacións (no tempo de inaplicación do Convenio) a Dirección
chamounos a consulta. Explicámoslles que o proceso iniciouse por entender que
se estaba realizando un trato discriminatorio a parte do persoal no cobro de
este concepto por mor da inaplicación. A empresa estaba a pagar ata de tres
maneiras distintas un concepto que tiña que ser a mesma cantidade para todos os
traballadores e traballadoras da Fábrica, independentemente do nivel
retributivo que tivesen.
Despois de varias conversacións a Dirección confirmounos hoxe que aceptaba
voluntariamente pagar as cantidades non satisfeitas da Prima de Vacacións a
todos os traballadores e traballadoras. Polo tanto, este mesmo mes
regularizarán estas cantidades a todos os traballadores e traballadoras que
cobraron a Prima de Vacacións nos meses de Abril, Maio e Xuño, tanto en paga única
como mensual.
Non queremos rematar este comunicado sen dicir que aínda que nos sorprende
de esta Dirección tal decisión, tamén nos alegra comprobar como aínda lles
queda algo de coherencia e sentido común, pois entendemos que acaban de obrar
de xustiza. Esperamos que polo ben da nosa Fábrica este indicio de coherencia
non sexa cousa dun día.
Seguiremos informando…