martes, 26 de noviembre de 2013

PRIMA DE VACACIÓNS 2013

Despois anunciar dende CC.OO o inicio do proceso para reclamar individualmente as cantidades da Prima de Vacacións (no tempo de inaplicación do Convenio) a Dirección chamounos a consulta. Explicámoslles que o proceso iniciouse por entender que se estaba realizando un trato discriminatorio a parte do persoal no cobro de este concepto por mor da inaplicación. A empresa estaba a pagar ata de tres maneiras distintas un concepto que tiña que ser a mesma cantidade para todos os traballadores e traballadoras da Fábrica, independentemente do nivel retributivo que tivesen.

Despois de varias conversacións a Dirección confirmounos hoxe que aceptaba voluntariamente pagar as cantidades non satisfeitas da Prima de Vacacións a todos os traballadores e traballadoras. Polo tanto, este mesmo mes regularizarán estas cantidades a todos os traballadores e traballadoras que cobraron a Prima de Vacacións nos meses de Abril, Maio e Xuño, tanto en paga única como mensual.

Non queremos rematar este comunicado sen dicir que aínda que nos sorprende de esta Dirección tal decisión, tamén nos alegra comprobar como aínda lles queda algo de coherencia e sentido común, pois entendemos que acaban de obrar de xustiza. Esperamos que polo ben da nosa Fábrica este indicio de coherencia non sexa cousa dun día.

Seguiremos informando…